17/12/07

Jordi Sierra i Fabra


BubbleShare: Share photos - Safe Toys



Probablemente co obxectivo de facer xustiza, foille concedido a Jordi Sierra i Fabra o premio Nacional de Lieteratura Infantil e Xuvenil pola sua obra Kafka y la muñeca viajera (Siruela, 2006)

Cando ven cumprir os sesenta anos, este autor continúa a publicar un libro cada corenta días. Loxicamente é un dos autores con maior obra editada en España.

De pequeño era tatexo pero descubríu que ao escribir non tatexaba. A pesar diso os comezos non lle foron doados: o seu pai non tomaba en serio os seus desexos de ser escritor, e para poder escribir e sobrevivir dedicouse a facer biografías de músicos durante moito tempo. Hoxendía, sen embargo, é o autor de literatura xuvenil máis lido, e o oitavo escritor máis recomendado nas escolas e institutos.

Ten publicados 316 libros. En 2006 vendeu 398.000 exemplares e leva 450.000 vendidos de Campos de fresas (50 reimpresións)

Autodefínese coas seguintes palabras: “Son anticonvencional, francotirador, inclasificable, inetiquetable e individualista, e me gusta. Non fixen outra cousa que escribir u non agardo nin ceos nin infernos por iso. So a paz do traballo ben feito. Libros, cómics, cancións, teatro, televisión, radio, cine. As palabras que definen o meu código ético son: paz, amor, respeito, honradez e esperanza”
.
A pesar do éxito non esquece as dificultades para publicar a primeira obra polo que a Fundación Jordi Sierra i Fabra convoca un premio literario para a xente nova e a fundación Taller de Letras con sede en Medellín (Colombia) fai proxectos sociais de lectura e escritura.

Ningún comentario: