20/06/07

Recomendacións de lecturas para o verán

Remate de curso, ¡por fin!

Chegan as vacacións e, con elas, o tempo de lecer para adicarte ao que te gusta: a diversión, a praia, as aventuras, facer amigos e amigas, os amores, as viaxes, descobrir novas sensacións…

Seguro que todo isto poderás atopalo ao teu redor, mais, e por se a caso…, sempre te quedará un bo libro que poda facerte sentir todas isas emocións.

Aquí tes algunhas recomendacións de lectura para o verán.

Inauguración da fnac

Novo espazo para o comercio?
Novo espazo para a cultura?


A multinacionacional francesa fnac inagurou o martes 19 de xuño un novo local, de máis de 2.000 metros cadrados, na Coruña. Intelectuais, artistas, músicos, editores, escritores, poetas, bibliotecarias, críticas literarias, etcétera, foron testemuñas da apertura deste novo local. A festa cultural, ademais de discursos, contou cun pequeño concerto de Rosa Cedrón e familia (posteriormente habería outro nos xardíns con DeLuxe, Siniestro Total...) Libros, banda deseñada, música, dvds e aparellos electrónicos teñen cabida nesta nova tenda coruñesa.

O comercio local ten diante un novo reto para afrontar. Será a especialización a única saída? Reducirán custes de persoal? Onde mercará cultura a cidadanía coruñesa?

Biblioafonso, que estivo invitada ao evento, pode salientar a magnifica colección de banda deseñada, a estensa oferta en filmes e a abundancia de libros sobre divulgación científica que ofrece este novo espazo cultural. Un espazo onde a adquisición de libros, música ou filmes ten unha nova formulación comercial.

13/06/07

Entrevistas na Biblioteca


Iniciamos hoxe unha nova sección en Biblioafonso, Entrevistas na Biblioteca.
As bibliotecas municipais de Cambre contan cunha notable presenza no eido educativo e cultural do concello. Nos últimos meses inaugurouse a reforma e ampliación da Biblioteca Os Templarios. Teñen, polo tanto, un merecido prestixio social e mesmo gozan de reiterados recoñecementos do Ministerio de Cultura. Pode semellar oportuno que a primeira persoa que pase por esta sección sexa a directora destas bibliotecas, dona Ángeles Roca.

¿Canto tempo leva como responsable das Bibliotecas Municipais de Cambre?
23 anos. Dende maio de 1984, data na que se abriu a primeira biblioteca en Cambre, a que hoxe actúa como Central.

¿Como é e que caracaterísticas pode salientar da rede de bibliotecas municipais de Cambre?
Na actualidade conforman a rede municipal 3 bibliotecas: a Central, no núcleo de Cambre, na rúa Samosteiro; a Biblioteca Municipal Os Templarios, na parroquia do Temple, na rúa Paseo dos Templarios; e a Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo, na Urbanización A Barcala, na rúa Río Gándara. Contan, a 31 de maio de 2007, cun fondo de 66.144 documentos e con 6.804 socios.

Son bibliotecas pequenas, pero coido que dinámicas. Desenvolven unha programación estable de Actividades de Animación á Lectura, de outubro a maio, para os máis pequenos, que titulamos “Encontros e contos nas Bibliotecas Municipais de Cambre”: O Moucho Leroucho, Paula Carballeira e Contacontos en inglés. Este programa ten continuidade nos encontros que realiza o Moucho nas propias aulas de infantil e primaria dos centros públicos de Cambre.


Na Biblioteca Central contamos cunha Sala de Exposicións na que se realizan durante a maior parte do ano, actividades e exposicións de todo tipo (fotografía, ilustración, gravado, pintura, etc.), con visitas guiadas moitas delas; alberga tamén no mes de abril os talleres de ilustración e banda deseñada, ou calquera conferencia ou encontro.


¿Que servizos prestan no día a día as bibliotecas de Cambre a mozos e mozas e tamén a adultos?
Pois ademais de lectura en sala, hemeroteca, préstamo, tanto libros como outros formatos, contamos con equipos informáticos en cada unha das bibliotecas, con acceso gratuito a Internet durante unha hora e media por usuario e día. A rede inalámbrica de cada unha das salas permite tamén aos usuarios a conexión gratuita desde ordenadores portátiles, durante o tempo de apertura. Para utilizar estes servizos, só se necesita ser socio dalgunha das tres bibliotecas municipais, isto consíguese con só dúas fotos.
A partir de outubro, nas bibliotecas de Cambre e en todas as da Rede de Bibliotecas de Galicia, cada usuario socio, poderá acceder a “Ocenet Saber e Ocenet Salus”, dúas ferrramentas adquiridas recentemente pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

Tamén para o próximo curso esperamos poñer en marcha un clube de lectura para adultos sen límite de idade, e que se publicitará cando dea comezo.

Hai que recordar ademais que as tres bibliotecas municipais dispoñen para préstamo, de varios exemplares de todos os libros de lecturas recomendadas ou obrigatorias dos centros de ensino público de Cambre. No suposto de que, nun momento dado, ese préstamo solicitado non estivese dispoñible, quedaría recollido nunha lista de espera.

¿Que novas adquisicións salientarías para os próximos meses?
Ademais de adquisicións de novidades e actualización dos distintos fondos, tanto en formato papel como noutros soportes, a principios do vindeiro curso escolar temos previsto ampliar a colección de banda deseñada, pois ademais de que nolo están demandando os mozos e mozas, este pasado mes de abril tivemos talleres de banda deseñada, programados para 3º curso de ESO, con moi boa acollida e aos que pensamos dar continuidade no próximo abril. Cremos que o complemento lóxico é poder dispoñer dunha ampla selección de títulos.

¿Que proxectos de futuro pode salientar?
Esperamos poder contar cunha biblioteca Central que poida prestar uns servizos axeitados ás necesidades dos usuarios e usuarias do século XXI.
Contar coa totalidade do fondo de toda a rede informatizado e ampliación de horarios de apertura ao público, sobre todo na Central. Evidentemente isto conlevaría un incremento considerable de persoal.

¿Como son as relacións entre as bibliotecas municipais e os centros de ensino público de Cambre e nos seu caso, coas bibliotecas escolares?
É evidente que desde as bibliotecas municipais traballamos máis cos centros de ensino primario. Temos unha programación de Animación á Lectura que facemos estensiva ás aulas de infantil e primeiro curso de primaria, con préstamos periódicos de libros a estas aulas. De todos os xeitos, desde aquí reitero que as bibliotecas están, por suposto, tamén abertas aos centros de secundaria, non só para préstamos senón en calquera iniciativa na que poidamos colaborar.
O que sí me gustaría salientar, é a boa disposición e colaboración coas bibliotecas municipais de Cambre, por parte de todo o profesorado, tanto o de ensino de infantil e primaria como o de secundaria, cousa que agradezo moi sinceramente.

¿Que desexarías despois de que alumnos e alumnas de secundaria de Cambre lesen esta entrevista?
Pois despertarlles a curiosidade de acudir ás bibliotecas, se é que non o fan normalmente, (seguro que sempre poderán atopar algo que lles interese) e que algunha ou algún deles chegase a ser Supermoucho das Bibliotecas Municipais de Cambre, iso significaría que estaría entre os máis lectores e lectoras do ano.

Moitas grazas pola súa colaboracións e parabéns polo traballo.


08/06/07

Exposición "Las Misiones Pedagógicas. 1931-1936"

Durante o mes de xuño, poderase disfrutar no Pazo Municipal de Exposicións Kiosko Afonso da Coruña, da exposición”Las Misiones Pedagógicas. 1931-1936”, organizada polo Ministerio de Cultura e a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.

Ista exposición divídese nunha ducia de apartados que percorren desde os antecedentes deste experiencia – cando en 1881 desde a Institución Libre de Enseñanza Francisco Giner de los Ríos propuxo unha serie de medidas para a reforma da instrucción pública, entre as que incluía a creación de “misións ambulantes”- ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: Servizo de Bibliotecas, Museo do Pobo, Cinema, Coro, Teatro do Pobo, Servizo de Música ou Retábulo de Fantoches que naceu en terras galegas.

En 1931 case non había bibliotecas públicas en España e ningunha escola rural contaba con libros infantís. O labor emprendida polo Patronato das Misións Pedagóxicas, no que participaron de maneira salientable María Moliner e Juan Vicens, foi a maior campaña de lectura que xamais se fixo en España: repartíronse bibliotecas para adultos e para nenos e nenas por pobos e aldeas aos que non se podía chegar en automóbil e onde non había luz eléctrica.

O 11 de agosto de 1933, comenzou a misión pedagóxica de Galicia dirixida por Rafael Dieste; unha viaxe que duraría seis meses e que percorrería as catro provincias galegas. Foi a actividade de maior duración de todas as que realizou o Patronato das Misións Pedagóxicas, que fora creado polo goberno republicano o 29 de maio de 1931 co obxectivo de levar aos lugares máis apartados uns bens culturais que pertencían por dereito a toda a cidadanía e non só aos habitantes da cidades.

O Patronato distribuiu en Galicia un total de 405 bibliotecas: 79 na Coruña, 48 en Lugo, 123 en Ourense e 155 en Pontevedra. No conxunto do estado, e entre 1931 e 1936, o labor do Patronato chegou a preto de 7.000 pobos e aldeas. Documentáronse 196 circuítos das Misións Pedagóxicas, nas que participaron en torno a 600 misioneiros. Ata o 31 de marzo de 1937 repartíronse 5.522 bibliotecas, que en conxunto sumaban máis de 600.000 libros. O Teatro e Coro realizou 286 actuacións. As exposicións circulantes de pintura puideron verse en 179 localidades.

As fotografías que acompañan este texto foron tomadas en Malpica e no traslado do Museo do Pobo do Pindo a Corcubión en outubro de 1933.

Temos que darnos presa. A exposición só estará na Coruña ata o 1 de xullo.

04/06/07

Relatos premiados no II Concurso "Sea breve, por favor"

Modalidade A (1º, 2º e 3º da ESO) Ana M. Vázquez. Título "El verbo estudiar"
Sara había llegado del colegio. Tras comer, su madre, antes de irse a trabajar, le insistió en que estudiara los verbos, pues esa era su tarea para aquel día. Cansada de escuchar aquella frase que su madre le repetía sin cesar "Sara estudia" se prometió a si misma que si volvía escuchar aquella frase se echaría a correr sin mirar atrás.
Abrió el libro y vio: Imperativo- estudia (tú)
Se echó a correr y no se volvió a saber más de ella,
"porque las promesas se cumplen"
Modalidade B (4º ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos) Iago Prada "Sin título"
Probó uno. No le servía. Probó otro, tampoco. Buscó alguno más grande, y nada. Siguió probando, realmente no le molestaba no encontrar ninguno de su talla, así que prácticamente, desmontó la tienda. Solamente quedaban tres, cuando vio uno perfecto: Era precioso, grande... El más grande de la tienda. Se acercó a él, el dependiente lo miró entusiasmado, quería acabar ya y cerrar... Pero nada, también le quedaba pequeño. Desesperado, se fue. Los vecinos tuvieron que aguantarse cuando el desrelojado bote de mermelada les preguntaba la hora.