15/1/08

Imos xogar

Xoguemos a cantar, xoguemos a sentarnos, xoguemos a falar, xoguemos a vender,... xoguemos a convencer ao alumnado a ler. Na tarde do luns, 14 de xaneiro, Iván Serrano propuxo aos membros do equipo docente da biblioteca "O bosque animado" formas de promocionar a lectura sen recorrir a métodos tradicionais e pouco atractivos. Aínda que os profes viñeron predispostos a escoitar non lles quedou máis remedio que poñer un traxe de faena e converterse en alumnos e alumnas que correron, riron, recitaron, dramatizaron e todo sen deixar de ler ou lendo sen querer.

Grazas Iván

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Quen me dera ter estado aí para vervos!!!
Que ben o pasades!!
Unha aperta dende Fene

Ivanbender dijo...

Foi un pracer traballar con todos vós. Non só polo ben que o pasamos senón polo gusto que da coñecer a xente que aposte e se preocupe por animar a ler aos rapaces da súa escola. Só espero que tanto os aputamentos como o que falamos vos sirva para algo, asegúrovos que a min si que me serviu. Que o voso bosque animado siga cheo de historia que queren ser contadas. Un aperta. Iván