9/2/08

Libros recomendados de Física e Química

Queres coñecer os segredos da química?,
Queres saber dun xeito divertido como é a ciencia que estuda a composición e as trasnformacións da materia?
Sabías que tes un laboratorio de química na túa propia casa? Se tes sal, bicarbonato e outros materiais de uso común, e uns cantos vasos que poidan servirche de probetas e matraces, podes realizar sen perigo moitos sinxelos e asombrosos experimentos de química que che axudarán a coñecer e dominar os segredos das sustancias. Porque os experimentos que amosan estes libros recomendados na Guía de Lectura de Física e Química, ademais de proporcionarche os intres máis divertidos, axudarante a comprender que són e como funcionan a química, a física, a electricidade, o son, grazas ás cales podemos percibir o mundo en que vivimos.

Ademais, nesta proposta que vos fai a biblioteca e o departamento de Física e Química, poderedes descobrir os experimentos que saíron mal e os segredos dalgúns raros científicos.

No hay comentarios: