31/3/08

Obradoiro de escritura na Biblioteca

Entre as actividades levadas a cabo pola Biblioteca do noso IES, comezou o venres 28 de marzo un mini-taller de escritura creativa, impartida polo guionista e escritor Pedro A. Ramos.

Con esta actividade pretendemos formar lectores críticos e desenvolver a creatividade e o amor polos libros.

O noso experto fixo que cada participante fose expondo contido e opinión da súa última lectura. Partindo desta posta en común, explicou as partes fundamentais e os elementos básicos de todo relato.


Con humor, Pedro entrou pronto en sintonía cos mozos, incitándoos a espertar o autor que todos levamos dentro e a percibir a literatura como algo cotián, mostrándolles como de calquera situación poden xurdir unha trama e uns personaxes.


O vindeiro venres teremos as dúas últimas sesións, das que esperamos mostrarvos pronto os froitos literarios.

3 comentarios:

María dijo...

El taller impartido por Pedro Ramos ha sido entretenido e interesante.
En general a tratado sobre los pasos a la hora de crear una historia,personajes,trama,etc. Y como son utilizados tanto en la literatura,como en el cine,en televión.
Fue interactivo, donde cada uno podía participar y poco a poco ir sacando sus conclusiones.
Estuvo bien.

Xivinha dijo...

O pasado día 4 de abril e o 28 de marzo Pedro Ramos impartiu na biblioteca un mini-taller de lectura para os alumnos interesados de bacherelato e E.S.O.
Aínda que en total só foron catro horas,Pedro conseguiu amosarnos a outra cara da lectura e da complexidade da composición de textos. Entre todos chegamos a confeccionar unha serie de esquemas ou pautas que se deben de ter en conta para que un relato sexa ameno, esté ben composto, guste e ata imparta unha ensinanza.
Creo que todos os compañeiros quedamos abraiados coa simpatía de Pedro e a maneira tan boa que tivo de animarnos a escribir e ler máis, fíxoo deixándonos participar e opinar.Grazas a súa traxectoria como guionista tamén nos intentou mostrar como literatura e cine están unidas. Seguen un esquema moi parecido.Fixo comparacións entre personaxes ou series da televisión con algún personaxe ou novela enxendrado grazas á imaxinación dalgún escritor.Tamén levou a literatura ó campo dos videoxogos, onde o xogador é o que elixe o final, o que decide como será a traxectoria dentro dun guion, dunhas pautas.
Foi un taller moi divertido aínda que nos soubo a pouco. Gustaríanos que se volvera impartir para o curso que ven pois é moi interesante para os alumnos que non poideron asistir.Creo que os animaría a escribir. Non só iso, con este taller saberían cando o fan máis ou menos ben ou mal e ata saberían que necesitan para que sexa intrigante, para que guste, para que ensine...

sandrita dijo...

Estes dos últimos viernes, algunos alumnos de nuestro instituto recibimos un mini taller de lectura corroborado con el departamento de Lengua Española y de Literaturas Hispánicas. Este fue impartido por un chico muy amable y atento llamado Pedro Ramos. En estas dos sesiones pudimos aprender que todas las historias, tanto novelas como películas o incluso guiones de series están basados en una misma estructura, con sus diferentes características y peculiariedades. Pedro para que entendiéramos lo explicado nos ponía ejemplos actuales como la famosa serie "House". Pudimos descubrir que el era uno de los guionistas de la serie "Libro de familia" del canal de la gallega, así que chicos ¡Animaros a verla! Bueno por último destacar los mini relatos que nos leyó muy interesantes de Iwasaki y decir que fue un taller entretenido y interactivo. ¡Gracias Pedro!