10/03/08

Roteiro polas bibliotecas escolares (III)



Tras o magnífico xantar previo a calquera inspección do GBI (Grupo de Bibliotecas Interdisciplinar Intercentros), o pasado mes, os roteiros polas bibliotecas escolares galegas, compartiron unha tarde con Dona Carmen Loriga. Ademais de rendirlle admiración e pleitesía por aquel premio acadado hai xa varios anos (unha minucia de nada de 240.000 euros) e que a ela non lle gusta que llo lembremos, ademais de discutir de problemas varios dos centros, inspeccionamos a fondo a BIBLIOTECA UXÍO NOVONEYRA do IES ÁNXEL CASAL da Coruña.

Unha biblioteca pode ser vista con moitos ollos. Cos ollos materialistas, e, entón, diríamos “que biblioteca tan fantástica” (ou mellor dito “isto é unha biblioteca!”). Cos ollos informáticos, para dicir “un equipamento insuperable!”. Con ollos documentais: “que fondo tan completo, equilibrado e variado!”. Mais cos ollos docentes só podemos dicir “que bibliotecaria tan magnífica!”.

Todos e todas sabemos a importancia das persoas e, sen dúbida, en moitas ocasións ao pensar en bibliotecas escolares as relacionamos coas persoas que coordinan, cos equipos humanos de cada unha. Pero no caso do IES Ánxel Casal non é que a súa bibliotecaria liderara no pasado un proxecto que deu lugar aos froitos que todos coñecemos, recoñecemos e admiramos, senón que Carmen Loriga, analizando no día a día o comportamento e as necesidades dos seus usuarios e usuarias, ten xa na cabeza o deseño da biblioteca que ten que ser no futuro inmediato. Un espazo en continua mutación, que permanentemente se adapte ás novas necesidades e usos. A capacidade de tratar de adiantarse aos tempos é impresionante. Con Carmen Loriga nunca se chegará tarde a nada. PARABÉNS.

Outros Roteiros:

CEIP Milladorio-Malpica

CEIP José Cornide

Tamén nos outros GBI Blogues

O Segrel do Penedo

A Nosa Biblioteca

3 comentarios:

Anónimo dixo...

See Here or Here

Oki dixo...

Unha biblio ben chula a que deixadesnos ver na presentación.

Sarinsky dixo...

Cualquiera se volvería una "rata de biblioteca" con semejante decoración y tecnología...menuda pasada de biblio!!