23/4/08

Abril, mes do libro (I): novo punto de lectura


Collendo a idea do IES de Arzúa e co gallo do mes do libro, a biblioteca "O bosque animado" puxo en funcionamento un novo punto de lectura. Nesta ocasión preparamos un pequeno recuncho na sala do profesorado para os compañeiros e as compañeiras docentes podan ir vendo os novos recursos documentais e literarios que van aparecendo na biblioteca.



É un xeito máis de achegar os libros, a bibliteca, á comunidade educativa. Agardamos que esta iniciativa sexa de interese dos destinatarios e das destinatarias.

No hay comentarios: