29/04/08

Abril, mes do libro (V): O cine e a ciencia ficción


Amosando as actividades relacionadas co tema do mes do libro deste curso, Bibliofonso ten que lembrar que os grupos de 3º ESO-C e 3º ESO-D prepararon coa súa profesora unha mostra de cine de ciencia ficción, centrada en determinados autores do xénero e directores de cine, que levaron ás pantallas as obras dos anteriores.

Entre os autores, a primeira é Mary Shelley, que inicia o xénero co seu Frankenstein. Séguena Julio Verne e George Wells, como pioneiros dun xénero que logo cultivarán clásicos como Aldous Huxley (Un mundo feliz), Ray Bradbury (Fahrenheit 451) e George Orwel (1984).

Entre os directores, o inevitable Georges Méliès, autor da primeira película de ciencia ficción, El viaje a la luna (1902). Fritz Lang, o gran clásico, aportou ao xénero dúas obras maestras: Metrópolis(1926) e La mujer en la luna (1929). Jack Arnold ten o seu espacio como creador de películas como El increíble hombre menguante e Tarántula.

Interesámonos por Stanley Kubrick, pola súa 2001, odisea del espacio, tamén por Ridley Scott e as súas obras Alien (1979) e Blade Runer (1982). Non podemos esquencer a Steven Spielberg, creador de Encuentros en la tercera fase (1977) e o entrañable E.T., el extraterrestre (1982).

Lembramos a saga de Star Wars, e prestamos unha certa atención a películas dos anos 50: Ultimátum a la tierra, de Robert Wise (1951), Cuando los mundos chocan, de Rudolf Mate (1951), La invasión de los ladrones de cuerpos, de Don Sieguel (1956), Planeta prohibido, de Fred M. Wilcox (1956), entre outras.

Para terminar, dous guiños: Un, ao recentemente falecido Charlton Heston, protagonista daquel Planeta de los simios, de F.J. Schaffner (1968). Outro, ao pintor José Ramón Sánchez, que ten adicada gran parte da súa producción ao cine, e tamén ao apartado que hoxe nos ocupa.

O Departamento de Lingua castelá e Literatura edita, por terceiro ano consecutivo, un periódico, con ocasión do día do libro. Este ano, o tema é a Ciencia ficción. Os grupos de 3º ESO-C e 3º ESO-D colaboraron coa súa profesora na edición do mesmo.





1 comentario:

Sarinsky dixo...

Estupendo trabajo realizado por el alumnado desde nuestro insituto!! me encanta que la gente participe en este tipo actividades.Ha quedado una presentación super chula de la ciencia ficción,felicidades a los participantes.
Demos las gracias a Biblioafonso por los magníficos posts sobre el mes del libro.