30/4/08

Abril, mes do libro (VI): Exposición de naves espaciais


Co motivo da celeberación do Mes do Libro centrada na Ciencia Ficción, moitos departamentos didácticos implicáronse en realizar traballos co o seu alumnado.

Hoxe, desde Biblioafonso, destacamos a achega do departamento de Tecnoloxía xa que colaborou coa construción de diferentes naves espaciais. Devanditos aparatos foron colocados no recibidor do centro así como ao redor da exposicón de fondos bibliográficos e cinamatográficos también relacionados coa Ciencia Ficción.

As naves espaciais foron feitas utilizando materiais reciclables: pratos de plástico, botellas, tapóns, iogures, rolos de papel, paraugas, etc. Na elaboración participaron alumnas e alumos do primeiro ciclo da ESO (2º curso) e de Bacharelato. O grao de participación foi elevado e os traballos presentados moi orixinais e rechamantes. A achega ao mes do libro podía ser individual ou en grupo, sendo estes últimos os máis abundantes. Deste xeito favoreceuse a colaboración, o repeto ás opinións dos demais e todas aquelas actitudes relacionadas co trbajao en grupo.


O recibir do do IES pareciía unha exposición de prototipos da NASA. Feliciades A todos os participantes.



1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns pola magnífica posta en escea.
Fantástico xeito de achegarse á lectura, á ciencia ficción e ao respecto polo medioambiente.
Apertas dende Fene.