30/05/08

Libros con pegada


Ao igual que fixeron outros centros educativos galegos seguindo a idea dun centro asturiano narrada por Gonzalo Moure, a biblioteca "O bosque animado" en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, na semana previa ao día das Letras Galegas animou ao alumnado do IES para que anotara nunha plantilla dun pé algúns dos seus libros favoritos lidos en lingua galega. Cos máis de catrocentos pés enchéronse os corredores dos instituto indicando á dirección da biblioteca. Libros con pegada.

Entre os libros seleccionados polo alumnado destacou especialmente “Contos para Manuela” de Mario Pereira.

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Que experiencia tan fermosa!
Pois eu, aínda que fóra de plazo... tamén quero participar. Un deses libros é "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz. Un libro que fala de amores, de desamores e de libros.
Apertas dende Fene

Toura to dixo...

Había uns días que non pasaba por aí e vaia sorpresa me destes. Ándanme formigas polas pernas.
Graciñas e unha aperta,
Mario