28/10/08

Taller da Unesco de Formación de Formadores en ALFIN


Durante os días 27, 28, 29 e 30 de outurbo a nosa biblioteca ten a oportunidade de participar, previa invitación, no Taller da UNESCO de Formación de Formadores en Alfabetización Informacional que se está a desenvolver en Granada e que rematará o xoves 0 en Sevilla. É o oitavo obradoiro da UNESCO dos once previstos.

Estamos participando xentes de Túnez, Marrocos, Alxelia, Cuba, Italia, Costa Rica, Colombia, Chile, Portugal, España e un galeguiño. que traballa no ámbito de ALFIN e Biblioteca Escolar con profesionais da talla de Glória Durban, José Antonio Gómez, Mª José Vitorino, Jordi Fernández, Elisabete Fiel, Aurora Cuevas, etc.

Na sesión inaugural participou algunha política (Directora Xeral do Libro de Andalucía) cun discurso sen autovangloriarse e con peso, Cristóbal Pasadas, alma máter do Taller e, sobre todo, Misako Ito, da división da Sociedade da Información da UNESCO. Ademais das sesións plenarias, as xornadas desenvólvense por sectores (bibliotecas públicas, universitarias, escolares e profesionais) Estas sesións presenciais son a continuidade dun obradoiro virtual que viñemos desenvolvendo nos últimos meses e que terán continuidade nos vindeiros.

Sobre os contidos, traballos e conclusións, Biblioafonso irá informando puntualmente.

5 comentarios:

Sira dijo...

esperamos esa crónica!!! un saludo, sira.

Loly dijo...

Un galeguiño si, pero que está á altura deses pesos pesados e a quen estamos esperando para que nos aprenda moitísimo sobre ALFIN, bueno, despois dunha comida/traballo/reunión co resto dos GBI aos que deberá dar cumplida conta de todo o acontecido por terras andaluzas.
Bicos!!

Elisabete Fiel dijo...

Que reportaje! Me ha gustado mucho! Breve pero intensa!

Buen Trabajo! Elisabete Fiel

Anónimo dijo...

I found this site using [url=http://google.com]google.com[/url] And i want to thank you for your work. You have done really very good site. Great work, great site! Thank you!

Sorry for offtopic

Anónimo dijo...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!