19/12/08

Guía de recomendacións para o tempo de nadal


As bibliotecas municipais e escolares de Cambre estivemos traballando na elaboración dunha guía conxunta de suxestións para agasallos de Nadal. É este o terceiro traballo que realizamos en colaboración co concello e temos que dicir que a experiencia é sumamente enriquecedora. Estamos realmente moi orgullosos do resultado que vos presentamos e que repartimos en todos os centros de ensino do concello e que se distribúe tamén a través das bibliotecas municipais. Os centros que participamos no proxecto somos: Galescola, CEIP Portofaro, CEIP O Graxal, CEIP Torrente Ballester, CEIP Emilio González López, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, IES David Buján e o IES Afonso X O Sabio.



Desde as bibliotecas municipais e escolares de Cambre desexámosvos Bo Nadal e propoñémosvos esta guía de propostas para agasallar nas próximas festas. Incluímos libros para todas as idades, banda deseñada, dvds, cds, todo un mundo para gozar e compartir. É un traballo colaborativo feito con ilusión por todos nós.

Xa sabedes: Un libro sempre, tamén no Nadal.
Bo Nadal e Aninovo

2 comentarios:

Beni dixo...

Coma sempre, fantástica guía.

Biblioafonso dixo...

Moitas grazas, Beni