30/11/08

GRAZAS

Estes son algúns dos correos recibidos.

27/11/08

III Premio Nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares

Acabamos de recibir a noticia de que a nosa biblioteca foi galardonada co III Premio no “concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares” do Ministerio de Educación.

O Equipo da Biblioteca O Bosque Animado está moi contento e satisfeito pola valoración que desde fóra do centro se fai do noso traballo.

Este premio queremos dedicalo especialmente ao alumnado do IES Afonso X O Sabio. Queremos, tamén, agradecer a todas as persoas que os durante cursos anteriores participaron na mellora da biblioteca (docentes, ANPA, compañeiros e compañeiras doutros centros...) a súa dedicación é esforzo.


Este premio é de tod@s e para tod@s

E moitas grazas aos máis de sesenta que centros/responsables de bibliotecas escolares que nos teñen felicitado (desde os outros centros de Cambre, a toda Galicia, a Murcia, Barcelona, Portugal, México...). Impresionados estamos.

25/11/08

25-N: Día Contra a Violencia de Xénero

Outro ano máis as Bibliotecas Escolares Galegas únense para berrar : ¡NON Á VIOLENCIA!, ¡NON Á VIOLENCIA SOBRE A MULLER!

video





video



Amistades peligrosas: "Quítame ese velo"



Shania Twain: "Black eyes, blue tears"


Amaral "Salir corriendo"


Ismael Serrano "Caperucita"



Estes blog comparten con nós o seu traballo: Trafegando ronseis (imprescindible visitar as súas entradas sobre a violencia) e O Segrel do Penedo (coñecede a entrada do venres día 21). Non esquezades visitar as entradas sobre este tema noutros dous magníficos blogs: Mesturas e Biblioarzúa.

23/11/08

1984, de George Orwell (novela de ciencia-ficción)

George Orwell, 1984, Salvat Editores





Hoxe en día, a maioría da xente cando lle falas de ciencia-ficción pensa en: extraterrestres, naves espaciais, etc. En realidade, a ciencia-ficción é moito máis que iso, e esta intimamente ligada coa ciencia e a filosofía; como por exemplo, se nos mostra en esta obra de George Orwell 1984.

Nesta obra, unha das máis importantes do xénero, presentasenos un mundo como o noso, pero no futuro, no cal as personas perderon a sua capacidade de pensamento, sentimentos, intimidade, e viven controladas, vixiadas e dominadas pola omnipresente figura do ``Gran Irmán´´(todo nace dos libros... ata os ``reality-shows´´).

Adiante, atrevete a acompañar a Winston Smith (o protagonista da obra) nunha loita contra o ``Gran Irmán´´, contra o poder establecido e sobre todo, unha loita consigo mesmo para cambiar a sociedade, para cambiar o mundo.

Atrevete a ler esta incrible obra mestra da ciencia-ficción e descobre ¿quen é en realidade o ``Gran Irmán´´?, ou se en realidade, ¿vivimos (hoxe en día) sometidos a unha ``especie´´ de ``Gran Irmán´´?

FRASES DO LIBRO

*AS TRES CONSIGNAS DO ``GRAN IRMÁN´´:

- ``A guerra é a paz´´
-``A liberdade é a esclavitude´´

-``A ignorancia é a forza´´


-``Quen controla o presente, controla o pasado, e quen controla o pasado, controla o futuro´´.


E agora, para que vos animedes ainda máis a ler o libro( que podedes encontrar na biblioteca do instituto) poño un par de videos de ``Youtube´´ sobre a obra:

1.Todo bo libro, ten unha película; aqui se mostra un anaco dela, coa música do gran grupo de ``rock alternative´´ RADIOHEAD, o cal lle dedica unha canción a este libro titulada: ``1+1=5´´, o significado dese título e o poque da canción, o saberedes o ler o libro(¿?) ...





2. Os dous videos seguientes tratan unha das ideas principais do libro, o control e vixilancia da xente por parte do``Gran Hermano´´, so que nestes videos aplicase a actualidade...






Espero que vos animedes a lelo.

Iván Carnota (2º B bach.)

JMG Le Clézio premio Nobel de Literatura


Non hai arqueoloxía sen escrita; pois de non existiren aqueles signos case borrados que rodean as tumbas e as ruínas, os monumentos máis bonitos da humanidade non se diferenciarían moito de montóns de pedrolos”. (Voyage à Rodrigues, Gallimard, 1986). Quen escribe esa bela apoloxía da escrita, e confesa escribir desde os sete anos resulta ser tamén un autor atento ás transmisións orais, como o demostra o fermoso Gens des nuages (Stock).


A concesión do Nobel de literatura ao francés JMG Le Clézio (Nice, 1940) pillou ao mundo editorial galego (e castelán tamén) algo desprevido. Tan só unha obra traducida para galego; pero que xa estaba na nosa biblioteca: Mondo e outras historias (Col. Xabarín, Xerais, 1987) é das poucas obras do autor que poden levar a etiqueta de literatura infantil e xuvenil (LIX), e debemos recoñecer que na Galiza de mediados dos anos 80 non sobraban títulos de literatura mundial traducida nen títulos de LIX en xeral. Pero como se fose un desmentido á etiqueta redutora, outra parte da obra de Le Clézio tamén é moi recomendábel para un público novo.


Que a nova do Nobel sexa iso, un pretexto para achegarse á obra dun viaxeiro singular que escoita antes de falar, que observa e non xulga, que se nutre da oralidade dos pobos máis esquecidos polo triúnfo dos Tempos Modernos, desde as lendas dos Maias até os contos dos Tuaregs do deserto, sen exotismo, sen tópicos ilusorios nin xestos coloniais… Amig@ lector@, atoparás un eco das túas ansias viaxeiras e/ou libertadoras na lectura de Mondo…? E se non podes esperar, recomendamos a lectura en francés de Désert , Onitsha ou Ourania (todas en Gallimard).

Máis información en O levantador de minas.


Foto da entrada vía: O levantador de minas.

21/11/08

Novas recomendacións de cine

Dentro das novas adquisicións da biblioteca, recomendámosvos estas cinco películas.


"14 quilómetros" é a distancia que separa o continente africano de Europa polo Estreito de Xibraltar. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en Europa porque o fame non entende de fronteiras nin de barreiras. Esta longametraxe quere achegar un pouco de luz ás sombras e que vexamos o que pasa antes de iniciar o salto.



"Juntos, nada más". Camille limpa oficinas polas noites e debuxa con arte nas súas horas libres. Philibert é un mozo aristócrata amante da historia, tímido, sensible e solitario que vive nun espazoso piso, propiedade da familia. Franck un cociñeiro tenro e varonil, quere inmensamente á súa avoa Paulette, unha fráxil anciá moi sui generis. Xuntos, aprenden a vivir en compañía, a mitigar dúbidas e penas para que cada un poida avanzar na vida e materializar os seus soños. Cobran conciencia de que a unión fai a forza.


"Cometas en el cielo". Adaptación ao cine da novela do afgán-americano Khaled Hosseini, que en 2005 foi un dos libros máis vendidos do ano en USA. A historia céntrase en como Amir (Khalid Abdalla) -o cal deixou Afganistan moitos anos atrás-, volve para descubrir que o seu mellor amigo, Hassan, está morto, e que o seu fillo necesita axuda para escapar dos talibán.



"Juno" Macguff ten 16 anos e é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo é a súa particular trincheira para esconder os seus medos e as dúbidas. A relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker acaba de deixar froito: está embarazada. Juno está soa co seu problema pero xa tomou unha decisión: terá o neno e darao en adopción.


"Vete y vive". Miles de refuxiados africanos procedentes de vinte e seis países chegan aos campamentos de Sudán. A instancias de Estados Unidos e Israel púxose en marcha un vasto proxecto (Operación Moisés) para levar aos xudeus etíopes (falashas) a Israel. Unha nai cristiá convence ao seu fillo de nove anos para que diga que é xudeu e así salvarlle da fame negra e dunha morte segura.


17/11/08

Enciclopedia de malos alumnos y rebeldes que llegaron a genios


“Quen apostaría por eles cando eran mozos?Aquí tedes unha galería de retratos de homes e mulleres que marcaron a historia, a literatura, as artes ou as ciencias… a pesar dos seus caóticos primeiros pasos.


Nos colexios foron declarados mediocres, ineptos, condenados ao fracaso: malos alumnos! Na familia e no traballo desesperáronse, exasperáronse co seu carácter rebelde. Adurmiñáronse xunto ao radiador ou multiplicaron os desvíos antes de atopar o seu camiño ou de abrir a porta correcta.


Co tempo, a historia os encumbrou á gloria, convertíndoos en xenios. Esas figuras impresionantes dominan a nosa cultura escolar como estatuas. Os dicionarios e os museos preséntanolos co rostro austero e os petos cheos de cualidades. Pero os petos teñen buratos.


Redescubramos aquí a eses grandes nomes doutro xeito. A través da súa insolente mocidade.”


Do Prefacio de, Anne Blanchard.


Jean-Bernard Pouy, Serge Bloch, Anne Blanchard. Enciclopedia de malos alumnos y rebeldes que llegaron a genios. Bos Aires, Catapulta editores, 2008

15/11/08

A piques de publicarse a segunda parte de Millenium

Extracto da noticia de hoxe de El País:



Hoy la trilogía Millennium es un fenómeno editorial internacional. Su segunda entrega, La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina (Destino), sale el próximo día 25 a la venta en España, donde ya se han vendido 300.000 ejemplares del primer libro, Los hombres que no amaban a las mujeres, cuya octava edición acaba de salir a la venta.


Con el nuevo libro se confirma algo que se intuía en el primer tomo y que para muchos es la gran baza de Millennium: la fuerza de su personaje femenino. "Ella es una mezcla entre Pippi Calzaslargas, una guerrillera africana y el Dalai Lama", dice Kurdo Baksi, uno de los mejores amigos de Larsson, al preguntarle por Lisbeth Salander. Baksi, que aparece como personaje en el tercer tomo de Millennium, La reina en el palacio de las corrientes de aire, conoció al escritor en los años noventa. En perfecto español ("soy un kurdo sueco que estudió español en la universidad", explica al otro lado del teléfono) recuerda cómo en 1992 Larsson se puso en contacto con él: "Ese año un tipo al que apodaron El Hombre Láser mató a varios inmigrantes en Suecia, yo capitaneé un movimiento de protesta que pretendía paralizar durante 24 horas a todos los inmigrantes, que ninguno fuera a trabajar para defender sus derechos. Larsson me llamó, quería ayudarme y participar en la huelga. Curiosamente él era un hombre mucho más de acción que de palabras".


Noticia completa e foto en El País.

14/11/08

Guinness world records 2009



O libro máis desexado.
O libro máis solicitado.
O libro máis demandado xa chegou á nosa biblioteca.


Todos os anos o libro máis buscado polo alumnado (estaremos facendo algo mal?) é o Guinness dos records.
En cada recreo hai carreiras para collelo.
Cada día pasa por unhas vinte mans.
É un documento de analizado, avaliado, interpretado. Volto a analizar, a avaliar e interpretar. Non hai que mandar nada sobre el.
É tan a seu atractivo que consegue que un número significativo de alumnos (maioritariamente rapaces) saiba os seus contidos case de memoria. Póñense un uso todos os resortes intelectuais para amosar as destrezas adquiridas no uso das competencias básicas.

Pura literatura.

9/11/08

Cuarto Aniversario de ANB

FELICIDADES ANB!!!

Hoxe ANB, (que ben lle queda ese nome, non si? Acaso non é A Nosa Biblioteca, a Biblioteca Virtual de todos e todas nós?) o noso blogue de referencia, o noso PROFE, MESTRE, MAGO, AMIGO... e moitísimo máis cumple catro anos na blogosfera.

Chegado este día non podemos deixalo pasar sen agradecerlle a ANTONIO ALONSO, e non só nós, senón TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, a esas máns que nos levan pola Web 2.0 e máis aló, por ternos sacado ao exterior, porque grazas á súa xenerosidade sen límites, á súa paciencia e ao seu bo facer, hoxe, 9 de novembro de 2008, OS BLOGUES DAS BIBES GALEGAS son xa un referente.

FELICIDADES E QUE SEXAN MOITOS MÁIS!!!
Tamén en:
O Segrel do Penedo

4/11/08

A frase do mes

J. L. Borges

"Emerson dijo que una biblioteca es un gabinete mágico en el que hay muchos espíritus hechizados. Despiertan cuando los llamamos; mientras no abrimos un libro, ese libro, literalmente, geométricamente, es un volumen, una cosa entre las cosas. Cuando lo abrimos, cuando el libro da con su lector, ocurre el hecho estético". (Siete noches)

J. L. Borges

1/11/08

Jalou que?... Pásate ao Samaín

31 de outubro, noite do Samaín.
O pasado ano empezamos a celebralo, resultando un éxito, tanto polo número de participantes como pola calidade dos traballos presentados. Este curso, a participación seguiu sendo moi numerosa (unhas cincuenta cabazas) e moitas delas tamén dunha gran calidade.

Introducimos a celebración desta festa popular para que se sigan mantendo e transmitindo as nosas festas tradicionais, cunha folla informativa para cada alumno e alumna. Logo colocáronse carteis en todo o centro, incitando á participación do alumnado. Así, o luns 27 e o martes 28 trouxeron as cabazas ao instituto e o mércores, xoves e venres, estiveron exportas. O venres 31, entregáronse uns agasallos ao alumnado participante.

Texto da folla informativa repartida a todo o alumnado:“Hai máis de 3000 anos, os pobos que vivían na costa atlántica europea, comezaron a celebrar unha festa ao inicio do inverno, que eles consideraban o principio do ano. Eles crían que esa noite desaparecía a fronteira entre os vivos e os mortos e que estes volvían para visitar aos vivos. Esta celebración chamábase SAMAÍN, que significaba na súa lingua “xuntanza” (de vivos e mortos).


Para ter contentos a estes espíritos, deixábase comida ou doces ás portas das casas que logo os rapaces e as rapazas se encargaban de recoller, asustando a quen non os deixaba con disfraces de fantasmas, meigas, esqueletos… Tamén durante séculos, o 31 de outubro, os nenos e nenas traballaban cabazas, baleirándoas e dándolles forma de cara terrorífica, que logo iluminaban poñendo unha candea no seu interior.


Coa chegada do cristianismo tentouse modificar ou “santificar” a celebración, como os solsticios de verán (san Xoán) e inverno (Nadal) ou o propio SAMAÍN, que se converteu en Día de Todos os Santos (en inglés “all hallow´s even”, do que deriva hallowen)..."



A morte na pintura

Vía INICIARTE, presentámosvos, no Día dos Defuntos, un vídeo sobre a pintura e a morte. Que vos parece?