06/02/09

Joan Manuel Gisbert na Biblioteca


O vindeiro luns día 9, o prolífico autor de novelas xuvenís Joan Manuel Gisbert, visitará o noso centro. A Biblioteca, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá, preparou unha guía de lectura cos libros que temos deste autor no noso fondo de creación. Tamén preparamos un cartel para publicitar a súa presenza así como unha exposición sobre as súas obra na biblioteca.



2 comentarios:

Beni dixo...

Agora si que poido ver o cartel. Creo que teredes un día fabuloso, pois escritores coma Gisbert son os que fan que a xente xove visite as biblios e as librerías, Estaremos atentos á noticia da visita.

Anónimo dixo...

Encantaríame poder estar ahí con vós para disfrutar dun día fabuloso... Pero como non pode ser, que o pasedes estupendamente, porque con eses marabillosos libros e ese marabilloso autor, e con ese marabilloso bibliotecario as cousas non poden ser mellores.
Bicos e bo día