25/3/09

Semana da Ciencia (II): Exposición de cartografía



Durante a Semana da Ciencia, a biblioteca, en colaboración co departamento de Xeografía e Historia, organizou unha exposición sobre cartografía. Durante estes días non hai biblioteca. Os mapas, planos , libros de viaxes invadiron o espazo.

A exposición vai organizada en varias seccións:

1a .- MAPAS: -Que é un mapa. -Elementos dun mapa. -Que é un atlas. -Elaboración de mapas ao longo da historia (Cartografía histórica de Galicia) -A utilidade dos mapas. -Os libros de viaxes

OS ANAGLIFOS: Explicación e visionado dunha presentación.

A FOTOGRAFÍA AÉREA: Explicación e visionado cun estereoscopio.

XOGOS CON MAPAS E COA XEOGRAFÍA NOS ORDENADORES.

A resposta do alumnado é magnífica especialmente coa presentación dos anaglifos (observade as súas caras coa gafas de tres D feitas polos alumnos e alumnas nas clases de tecnoloxía) e co estereoscopio da fotografía aérea.


4 comentarios:

Rosana dijo...

Completa exposición! Así ten un pase quedar sen biblioteca por uns días. Ademais, quedades sen unha parte, pero magnificades a outra que tantas veces está agochada.
Saúdos desde Pazos e que teña moito éxito.

olga dijo...

Pero...¿esto non é unha bibloteca (tamén)?
Dá dusto velos. Así, calquera queda sen...¡o que sexa!

Marina dijo...

Pero meu rei, eu vexo unha fermosísima biblioteca, ti só verás mapas, pero aí hai moito máis que eso, hai ilusión e hai vida, hai material, hai traballo.... hai biblioteca

ALUMNOS CEIP WFF CAMBRE dijo...

Ola Toño: A biblioteca está chea de vida con esa exposición e esas cariñas tan ilusionadas... e ainda con esas gafas que levan paréceme recoñecer a algún dos meus exalumnos e alumnas: Lucas (que non hai máis que un... ???, Gabriel ( un moi bo rapaz), Paula (moi boa estudante e persoa). Alegroume moito velos e comprobar como seguides a traballar moito.
Estou de baixa pero sigo conectados con todos vós no foro e visitando os vosos blogs. Unha aperta desde a miña casa.
Carmen Iglesias do CEIP Wenceslao de Cambre.BICOS