27/10/09

Bicos e disparos

Dous novos cómics están recén chegados á nosa biblioteca: o manga "Bícame, profe", e a versión enn banda deseñada do filme de animación israelí "Vals con Bashir ".


No primeiro caso, trátase ao parecer do primeiro "manga" (cómic xaponés: temos outras obras na biblioteca, por certo) editado en galego. A editorial Cumio publica os dosu primeiros volumes desta serie, e nós temos xa na nosa biblioteca o número 1.

No segundo, a editorial Salamandra, famosa no seu día polo seu ollo para recoñecer na entonces novedosa saga de Harry Potter un atractivo que outras editoriais españolas non quixeron ver -máis dun editor sufriu pesadelas e tentacións de suicidio, cabe supoñer, mais non eos de Salamandra, onde comen a diario con champagne francés-, Salamandra, dicíamos, aposta agora pola versión en cómic da película semidocumental, semiautobiográfica, e de animación, "Vals con Bashir", que se centra no espiñento caso da matanza de refuxiados palestinos no Líbano en 1982. Se ben certo crítico de cine chegou a sermonear con que o autor quería edulcorar os feitos recurrindo á animación e evitando as imaxes "reais" (doutores ten a Igrexa da Crítica Cinematográfica), un ás veces pensa se tal crítico ten algún prexuízo contra a animación, ou se non viu o filme ata o final: podería ser que o autor quixera resaltar as imaxes "reais" que aparecen nos últimos minutos, e que contrastan fortemente coas escenas de animación que o espectador contempla ata entón, talvez porque o autor desconfíe da suposta forza desas imaxes "reais" e o efecto que poida producir nun espectador que vive xa desde que se levanta ata a hora de deitarse afogado en imaxes "reais" chegadas de todas partes. Sobre isto, unha pequena historia: hai pouco, na aula, falando de como poderían os pais dun neno pequeno comezar a socializalo, un alumno de segundo de bacharelato dun IES da nosa provincia propuso sentalo ante o televisor. Soamente despois de medio minuto ou así, e ante a insistencia do profesor, outra compañeira suxeríu levalo ao parque. Se ésta é a situación, e pode que si, a idea do cineasta israelí que nos ocupa non é tan mala, e o crítico de marras quizás necesite saíra da súa casa e dar unha voltiña..., e ver.
Por certo, no cómic de Salamandra aparece ao final, nas últimas páxinas, o mesmo recurso de pechar con imaxes "reais".
É tempo agora de que ti opines por ti mesmo sobre un album que, ademais do dito, axuda a recoñecer que a pesar do que todos sabemos, nun país como Israel existe a autocrítica, e que trscende ás fronteiras...



Ningún comentario: