28/10/09

Desmontando armarios

Se a adolescencia implica un paso por unha idade difícil, de crecemento e cambio, o feito de ser gai o fai aínda máis complicado e duro. Durante esa etapa defínese a identidade, a orientación sexual e se desenvolven aspectos intelectuais, habilidades, relacións e decisións. Pero os adolescentes gais seguen estando moi sós e illados á hora de ter que enfrontar a súa sexualidade. Unha asignatura pendente que temos con eles.

Ao longo do curso 2008-2009 un grupo de docentes de distintos centros da zona participamos nun seminario permanente coordinado dende o noso IES e co título:

A COMUNIDADE EDUCATIVA E A DIVERSIDADE AFECTIVO- SEXUAL".

Dentro da prevención da discriminación no centro educativo necesitamos tomar en serio a homofobia e o machismo coma un tipo moi específico de violencia escolar que necesita unha prevención e un tratamento especiais.

A diversidade afectivo-sexual, a adolescencia LGBT (Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais), necesita visibilizarse no curriculum e nos centros educativos, non quedar relegada o seu tratamento á boa vontade do profesorado formado e interesado. É necesario que A REALIDADE LGBT forme parte integral e visible do curriculum e que se trate específica e explicitamente nos diversos documentos do centro, nas diversas actividades do Instituto, etc.

Como membros do Seminario “A comunidade educativa e a diversidade afectivo- sexual” quixemos propoñer no noso centro educativo a inclusión da realidade LGBT na liña antes mencionada, porque é a primeira vez que a lei vai diante da sociedade, e ata que un/unha alumna/o poida gozar da famosa lei do matrimonio homosexual necesita medrar nun entorno socioeducativo libre de agresións homófobas e/ou sexistas (machistas) e sentirse segura/o.

A diversidade afectivo- sexual é unha das diferenzas a ensinar e respectar nos centros educativos, e para respectar a diversidade non hai nada tan importante como desmontar os estereotipos e prexuízos e profundar no coñecemento das diferenzas.

Sabemos que a atención á diversidade afectivo-sexual débese entender como outro tipo de diversidade á que hai que dar resposta co fin de establecer medidas necesarias para loitar contra a homofobia e o bullying homofóbico dentro do centro e levar a cabo actuacións concretas ante situacións de conflito xeradas por estas causas.

Nesta liña de actuación vimos de preparar unha selección de lecturas e unha exposición dos fondos documentais da biblioteca.



Tamén se fixo unha selección de filmes con temática GLTB.



27/10/09

Bicos e disparos

Dous novos cómics están recén chegados á nosa biblioteca: o manga "Bícame, profe", e a versión enn banda deseñada do filme de animación israelí "Vals con Bashir ".


No primeiro caso, trátase ao parecer do primeiro "manga" (cómic xaponés: temos outras obras na biblioteca, por certo) editado en galego. A editorial Cumio publica os dosu primeiros volumes desta serie, e nós temos xa na nosa biblioteca o número 1.

No segundo, a editorial Salamandra, famosa no seu día polo seu ollo para recoñecer na entonces novedosa saga de Harry Potter un atractivo que outras editoriais españolas non quixeron ver -máis dun editor sufriu pesadelas e tentacións de suicidio, cabe supoñer, mais non eos de Salamandra, onde comen a diario con champagne francés-, Salamandra, dicíamos, aposta agora pola versión en cómic da película semidocumental, semiautobiográfica, e de animación, "Vals con Bashir", que se centra no espiñento caso da matanza de refuxiados palestinos no Líbano en 1982. Se ben certo crítico de cine chegou a sermonear con que o autor quería edulcorar os feitos recurrindo á animación e evitando as imaxes "reais" (doutores ten a Igrexa da Crítica Cinematográfica), un ás veces pensa se tal crítico ten algún prexuízo contra a animación, ou se non viu o filme ata o final: podería ser que o autor quixera resaltar as imaxes "reais" que aparecen nos últimos minutos, e que contrastan fortemente coas escenas de animación que o espectador contempla ata entón, talvez porque o autor desconfíe da suposta forza desas imaxes "reais" e o efecto que poida producir nun espectador que vive xa desde que se levanta ata a hora de deitarse afogado en imaxes "reais" chegadas de todas partes. Sobre isto, unha pequena historia: hai pouco, na aula, falando de como poderían os pais dun neno pequeno comezar a socializalo, un alumno de segundo de bacharelato dun IES da nosa provincia propuso sentalo ante o televisor. Soamente despois de medio minuto ou así, e ante a insistencia do profesor, outra compañeira suxeríu levalo ao parque. Se ésta é a situación, e pode que si, a idea do cineasta israelí que nos ocupa non é tan mala, e o crítico de marras quizás necesite saíra da súa casa e dar unha voltiña..., e ver.
Por certo, no cómic de Salamandra aparece ao final, nas últimas páxinas, o mesmo recurso de pechar con imaxes "reais".
É tempo agora de que ti opines por ti mesmo sobre un album que, ademais do dito, axuda a recoñecer que a pesar do que todos sabemos, nun país como Israel existe a autocrítica, e que trscende ás fronteiras...



26/10/09

Recomendacións de Literatura Galega

No primeiro trimestre deste curso o Departamento de Lingua e Literatura Galega recomenda a lectura dos seguintes libros:


Manuel Rivas: Bala Perdida. Alfaguara. Obradoiro.
Unha
xove periodista, sen pelos na lengua, dirixe un pequeño periódico que herdou do seu pai. Pero todo cambia para ela cando Bala Perdida, un pirata do Atlántico, a embarca nunca perigosa aventura na que terá que enfrontarse a un despiadado nazi.


Manuel Lourenzo González. O que é a vida. Xerais. Fóra de xogo.
“Teo Runner” o repartidor máis rápido do Interpizza, aproveita as súas asidas na Bultaco para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade. Na súa vida hai un lugar para a amizade, e de repente aparece o amor. Pero da orde e a xustiza tamén se ocupan os policía Santos e Palmeira, e tamén viven a amizade e o amor.



Xosé Miranda: As mans do medo. Xerais. Fóra de xogo.
O autor recolle neste volumen ove dos seus mellares relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos do ocult
ismo, o home peixe…, son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos dos que dificilmente poderá fuxir.



Susan E. Hinton. Rebeldes. Alfaguara Obradoiro.
Escrita aos dezasete anos a autora relata a aventura na que se ven metidos un par de rapaces dos arrabaldes de Nova York por mor da inimizade entre bandas. Un paso traumático e consciente da adolescencia á madurez ao aprender leccións necesarias para a supervivencia.


Carlos Casares: Vento ferido. Galaxia.
Unha d
ucia de relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla xa a mirada original, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector ou lectora para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.




Domi
ngo Villar. A praia dos afogados. Galaxia.
O último grande éxito editorial galego. Unha nova aventura do inspector Leo Caldas a partir da aparición dun morto nunha praia de Panxón que nos permite coñecer a este personaxe tras a súa aparición con Ollos de auga.










24/10/09

Día da Biblioteca Escolar

Hai xa tempo que a Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares (a IASL) ten designado ao mes de outubro como o mes da Biblioteca Escolar e no Estado, a Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil tamén propuxo o 24 deste mes como o Día Da Biblioteca Escolar. Para celebralo Biblioafonso preséntavos o cartel que fixo Miguelanxo Prado e o realizado para as Bibliotecas Municipais da Coruña. Ademais poñemos un fermoso vídeo atopado en Frikitecaris.









23/10/09

Un fin de semana para a formación docente


Este fin de semana do 23, 24 e 25 de outubro varios docentes do Equipo da Biblioteca estaremos en actividades de formación. Deste xeito asistiremos ás Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia en Santiago e ao IV Congreso de Bibliotecas Móbiles en León.


22/10/09

Novo álbum de Astérix e Obélix


Pasaron cincuenta anos e todos os habitantes da irredutible aldea gala envelleceron. A quen máis se lles nota son a Astérix e a Obélix. A bela Clarabella, en cambio, segue tan bela como sempre. Obélix quéixase ante o debuxante Uderzo e esíxelle explicacións. Pregunta por que ten que envellecer.

Así, co seu pachorra habitual, exprésase o grandullón e comilón personaxe no álbum conmemorativo O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de Ouro (Salvat), que sae á venda este xoves ao prezo de 12 euros. A editorial lanzou 300.000 exemplares nas catro linguas oficiais: castelán, catalán, eúscaro e galego.

«Ao ver tan velliños a Astérix e Obélix dáme o pálpito de que Uderzo dá por concluído un ciclo; é unha intuición, pero creo que é unha despedida», dixo o tradutor Xavier Senin.

Albert Uderzo, quen aos seus 82 anos segue ao pé do canón, asina os debuxos dunha aventura que ten viñetas retrospectivas e chiscadelas a anteriores historietas. Os bocadillos e o guión pertencen a varias mans, pero hai un texto inédito de René Goscinny (faleceu en 1977) intercalado no medio do álbum.

Astérix e Obélix naceron o mesmo o día, o 29 de outubro de 1959, no primeiro número da revista Pilote. Cincuenta anos logo de Astérix o galo aparece entrégaa número 37 dunha serie que se traduciu a 107 linguas e da que se venderon máis de 350.000.000 de exemplares. España contribuíu con máis de dous millóns de copias nos últimos oito anos.

«Nesta nova aventura hai piratas, lexionarios romanos e tamén personaxes ilustres, como Julio César e Cleopatra», explicou Senin. Na versión española tivéronse que adaptar varios nomes propios, pois os coñecían en Francia, pero non en España», precisou o tradutor. «Un deles era un cantante e decidimos que fose Juan Pardo; tamén quixemos introducir a Chiquito da Calzada, pero os editores franceses prohibíronnolo, dicían que era rebaixar demasiado o nivel».

Tras o éxito de Astérix o galo apareceron A fouce de ouro, Astérix e os godos e Astérix gladiador, cun éxito cada vez máis crecente.

De cando en cando, o enxeño de Goscinny dedicábase a parodiar -con delicioso humor- a idiosincrasia dalgúns países. Así naceron Astérix en Bretaña (sátira impagable do carácter inglés), Astérix en Helvecia, Astérix na India ou Astérix en Hispania, con aquel Sopalajo de Arriérez e Torrezno, xefe dun poboado cuxo fillo, Pepe, é raptado polos romanos e conducido á Galia. Astérix e Obélix de encargasen de devolverlle ao seu fogar. «Coñezo a un historiador que di que coas aventuras destas personaxes apréndese máis xeografía e máis historia que con moitos dos libros que escribiron os seus colegas», comentou o tradutor.

Co diñeiro que gañaron, Uderzo e Goscinny crearon os famosos estudos de animación Studios Idéfix (en homenaxe ao can de Obélix). Pero a etapa de felicidade rompeu bruscamente o 5 de novembro de 1977 coa morte, aos 51 anos, de René Goscinny.

O álbum Astérix en Bélxica estaba aínda sen terminar. Uderzo decidiu continuar en solitario e en 1979 fundou Lles Editions Albert René.

Ao comezo do álbum conmemorativo, Anne Goscinny -filla do xenial autor- agradece a Uderzo que non deixe morrer á aldea. «Na túa voz, Astérix, resoa o timbre da miña. Polas miñas veas corre a túa tinta, polas túas corre o meu sangue», escribe unha filla que sente infinitamente agradecida ao comprobar que o seu pai «continúa vivo na memoria e no corazón de millóns de persoas».

Texto e ilustración vía La Voz de Galicia.

1/10/09

A frase do mes


Honoré de Balzac

"A curiosidade filosófica, o traballo excesivo, o amor á lectura que, desde a idade de sete anos ata a miña entrada no mundo, ocuparon constantemente a miña vida, ¿non me dotaron acaso da facilidade coa que, se hei de crer o que dicides, podo expresar as miñas ideas e avanzar no extenso campo do coñecemento humano?"


Cita recollida de Ditos sobre o libro e a lectura. Concello da Coruña, 2009, páx. 13