31/12/10

23/12/10

Un libro... tamén no Nadal


As bibliotecas de Cambre queremos desexarvos unhas felices festas de Nadal e Aninovo. Velaquí a guía conxunta que elaboramos con propostas culturais para o lecer. Participamos nesta guía, que elaboramos por terceiro ano consecutivo as bibliotecas municipais e escolares co apoio do concello de Cambre. Os centros escolares que participamos na elaboración desta guía somos: CEIP Wenceslao Fernández Flórez, CEIP Emilio González López, CEIP Torrente Ballester, CEIP O Graxal, CEIP Portofaro, IES David Buján e o IES Afonso X O Sabio.


Bo Nadal e Aninovo e non vos esquezades: Un libro sempre… tamén no Nadal.


11/12/10

Os escolares non utilizan internet con fins educativos



"Nas cinco millóns de páxinas de 2.000 computadores monitorizadas pola empresa Danba a petición dun grupo de pais, a clasificación das dez máis visitadas está encabezada por Tuenti e Facebook. Séguenas Google, Youtube, o correo de Yahoo e Gmail. A continuación aparece a primeira páxina de xogos, Minijuegos, á que seguen as páxinas do diario Marca, a canle de debuxos animados Cartoon Network e Megavideo.

Estes datos confirman que os mozos non utilizan internet con fins educativos nin para completar ou ampliar os seus estudos. O 70% do tempo gástano en redes sociais, o 9% en buscadoeres e o 13% en vídeos. A media diaria de navegación do 2009 entre os nenos e adolescentes de 8 a 16 anos era dunha hora e seis minutos, dos que 53 correspondían a redes sociais".


Texto procedente de T.E. , nº 317, XI-2010, páx. 6

2/12/10

ARCE: seleccción de poemas escritos por mujeres

Como una de las actividades del Programa ARCE, el alumnado de 4º de la ESO prepará una selección de poemas escritos por mujeres para su lectura en Sevilla a finales de noviembre.
Nuestra selección no pretendía en modo alguno ser muestrario de una canónica periodización ni glosario temático o estilístico de la poesía escrita por mujeres. Nos hemos guiado por el corazón y el oído: latidos y ritmos que mujeres escritoras transformaron en palabras.
Por supuesto, sabíamos que el broche lo pondría Rosalía, voz poética gallega por antonomasia, arranque de la historia de la literatura gallega (y femenina) contemporánea. Del siglo XX, de entre las autoras de la generación de 1936-50, escogimos a Pura Vázquez y a Luz Pozo, en cuya poesía ya se revela cierta especificidad femenina, aún cercana a los prototipos de género acuñados por la tradición.
Ansias de autoafirmación, de reconocimiento, de libertad nos ofrece Xohana Torres en “Penélope”; su Eu tamén navegar es ya un himno de la reivindicación de la condición femenina.
Poetas que empiezan a publicar y saborear las mieles de los premios literarios en los 80 son Blanca Andreu o Luisa Castro, quien se decanta posteriormente por la narrativa con igual o mayor reconocimiento.
Y llegan los 90, década en que la voz femenina brota a borbotones en Galicia, se “come” los premios literarios, cobra matices cercanos al feminismo, coquetea con el nacionalismo, juega con un nuevo lenguaje social y erótico sin complejos y reelabora mitos clásicos (Chus Pato, María do Cebreiro, Yolanda Castaño).
Quisimos también incluir en nuestra selección la voz profunda y madura de Julia Uceda, sevillana de nacimiento, pero arraigada profesional y personalmente en tierras ferrolanas; y la de la asturiana Olvido García Valdés, que nos muestra la totalidad de un mundo sin tener que hacer referencias culturales explícitas, sino asumidas, cuyo eco claro y límpido brota de un cúmulo de emociones sentidas.



26/11/10

Celso Emilio Ferreiro rapeado por García

Celso Emilio Ferreiro en versión rap con García, mc de “Dios Ke Te Crew”, como colofón da charla que ofreceu, na biblioteca municiapal da Sagrada Familia na Coruña, sobre o movemento Hip-Hop co título “A xuntanza das Artes”. Unha delicia.






Visto e lido no Facebook das Bibliotecas Municiapais da Coruña

18/11/10

"Asterios Polyp", mejor cómic del año


Cada cierto tiempo surge una obra revolucionaria que confirma la categoría del cómic como noveno arte, arrasa en los premios y atrae la atención de los medios de comunicación masivos. Es el caso de Asterios Polyp (Sins Entido) de David Mazzucchelli, triunfadora en los premios Eisner (Mejor Obra, autor y rotulación) y en los Harvey (Mejor Número Único, Mejor Álbum Gráfico Original y Rotulación)

Asterios Polyp es fruto del trabajo de 10 años de uno de los grandes del cómic americano que saltó a la fama gracias a sus colaboraciones con Frank Miller en Batman: Año Uno y Daredevil: Born Again y que, en pleno éxito decidió dar un giro total a su carrera y a su estilo para embarcarse en proyectos más personales como la adaptación de Ciudad de cristal( La Cúpula) de Paul Auster, o el cómic que nos ocupa.
Asterios Polyp cuenta la historia de un arquitecto que está considerado uno de los mejores del mundo sin haber construido un solo edificio y que se dedica a la enseñanza. Y que está obsesionado con un hermano gemelo que no sobrevivió al parto. Su vida cambia completamente cuando un rayo cae en su casa y lo pierde todo, lo que le lanza a un viaje con un propósito que desconocemos y durante el que su vida se desvela ante nuestros ojos a través de numerosos flashbacks.
Texto e ilustración vía Rtve/noticias

13/10/10

Xornada pola Ciencia en Galego


A CGENDL (Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)convídanos a sumarnos dende cada centro educativo á Xornada pola Ciencia en Galego, unha xornada que, en colaboración cos colectivos de docentes de matemáticas, ciencias e tecnoloxía e outras entidades, se dirixe dende o ensino a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias científicas escolares pensadas e desenvolvidas en galego.


A xornada celebrarase o próximo xoves 4 de novembro e o profesorado, xunto co alumnado, poden participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada a cada realidade e aos diferentes niveis educativos. Trátase de transmitir ao alumnado e ao seu contorno os obxectivos da xornada cunha clase divulgativa que, segundo as posibilidades de cadaquén, pode desenvolverse na aula, no salón de actos ou no patio, e mesmo fóra do centro para quen poida cooordinarse con outros centros.

3/10/10

Andrea Maceiras: novo premio literario


Segundo podemos ler na Voz de Galicia, a antiga alumna Andrea Maceiras vén de gañar o Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil. Moitos parabéns, Andrea.

"A coruñesa Andrea Maceiras Lafuente gañou a cuarta edición do Premio Meiga Moira 2010 de literatura infantil-xuvenil convocado por Baía Edicións coa obra Violeta tamurana, unha proposta para ou tramo de idade de 12 a 16 anos.

A novela, que foi presentada baixo ou lema Arquipélago, é unha historia trepidante que mestura a trama amorosa e a aventura non ámbito do fantástico e na que consegue crear un clima convincente entre as dúas realidades en que habitan vos seus protagonistas. A obra ten un heroe moi definido, que vence as dificultades a través dunha forte vontade e un desexo firme de servizo e sacrificio pola comunidade humana á que pertence. Asemade, destaca tamén a figura do mentor, exemplo e guía para dar un sentido aos obxectivos marcados.

O xurado destacou que «é unha historia contada cunha narración limpa, enriquecida polo estilo poético, o que realza a innegábel beleza das descricións realizadas, especialmente do espazo natural que conforma o país do protagonista». A novela propón unha mensaxe non racista, poñendo en valor a tolerancia, sabedoría ancestral a fusión coa natureza.

A gañadora, que foi finalista do Premio Biblos-Pazos de Galicia 2010, recibirá 2.500 euros e a súa obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar ou ano.

Por outra parte, ou xurado valorou a alta calidade e cantidade dás obras presentadas, «o que evidencia ou extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que están a dar para seguir facendo avanzar ou galego como idioma literario e de uso vehicular entre vos nenos».

Texto e foto vía A Voz de Galicia.

19/9/10

José Antonio Labordeta: Ata sempre

Hoxe foisenos José Antonio Labordeta: docente de historia, protagonista da historia, da súa e da nosa. Ata sempre.

1/9/10

A frase do mes. Guadalupe Jover


trataremos de apuntar algunhas das razóns polas que, á noso xeito de ver, é aínda hoxe necesario ensinar e aprender literatura nas aulas de secundaria. En primeiro lugar, pola súa decisiva contribución á conformación dun novo tipo de cidadanía; en segundo lugar, porque a literatura chega onde non chegan outras disciplinas académicas e permítenos penetrar no máis fondo da condición humana; e en terceiro lugar, porque nestes tempos en que a palabra e a imaxinación fóronnos arrebatadas polas novas formas de construción da mirada e do discurso dos medios de comunicación de masas, é a literatura a que talvez nos pode axudar aínda a recobralas.

Guadalupe Jover. Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura. Barcelona, Octaedro, 2007. Páx. 39

15/7/10

Lois Pereiro: Día das Letras 2011

Como adianto das celebracións do Día das Letras 2011 adicado a Lois Pereiro, insigne poeta, vexamos estes borradores dun vídeo de Vieiros:



5/7/10

Glória Durban. La biblioteca escolar, hoy


Glória Durban Roca. La biblioteca escolar, hoy. Un recurso estratégico para el centro.Barcelona, Graó, 2010.

A autora, persoa con experiencia nas bibliotecas escolares, dinamizadora da importancia deste servizo educativo e de recoñecido prestixio, ven de publicar a súa primeira monografía. Na contraportada podemos ler:


"Este libro describe e argumenta os aspectos máis relevantes que na actualidade configuran a conceptualización da biblioteca escolar como un recurso educativo imprescindible para a promoción da cultura escrita e o desenvolvemento das competencias básicas. Nel abórdase unha visión clara e renovada da biblioteca escolar que pretende xustificar a súa existencia á luz non só dos cambios sociais que a cultura dixital provocou nos usos da información e as prácticas lectoras senón principalmente en relación coas necesidades xeradas no aula polo novo marco competencial".

Ademais o libro ofrece reflexións de calado. Lede o seguinte parágrafo:
"Es cierto que han sido muchos los que han considerado de manera idealista la biblioteca escolar como el motor de la escuela, generadora de cambios educativos; al igual que también otros –tecnólogos e informáticos- han conceptualizado del mismo modo la función de las nuevas tecnologías en su reciente implementación. Éstas son posiciones poco realistas y que llevan necesariamente al desánimo en la práctica, porque no visualizan que el verdadero cambio metodológico y la mejora real de la enseñanza pasa únicamente por la acción del profesorado, por su actitud y su profesionalidad." (pp. 8-9)

Con Glória tivemos a oportunidade de compartir varias xornadas tanto en Galicia como fóra. Témos admiración polo seu traballo e pola súa persoa, sempre disposta a colaborar, compartir e aprender. Se non a coñecedes visitade a páxina que pon á vosa disposición:
Bescolar.

1/7/10

A Frases do mes: José Saramago



José Saramago


- "Yo no escribo para agradar ni tampoco para desagradar. Escribo para desasosegar" (2009)
- "Sigo escribiendo, intentándolas comprender (las cosas), porque no tengo nada mejor que hacer y sabiendo que llegaré al final sabiendo lo mismo que sabía antes, es decir poco o casi nada" (2007)
- "El triunfo nunca ha sido un objetivo para mi" (2007)
- "En un tiempo como el de ahora, en el que tan fácilmente se desprecia a los mayores, creo que soy un ejemplo muy bueno. Entre los 60 y los 84 he hecho una obra. Por tanto ¡ojo con los viejos!" (2007)
- "Antes de empezar a escribir, tengo que escuchar lo que suena en mi cabeza, porque si acabo una frase con todo sentido, pero a esa frase le faltan armonía y melodía, es que aún sigue incompleta" (2007)
- "No es que sea pesimista, es que el mundo es pésimo" (2005)
- "El escritor es sólo un pobre diablo que trabaja" (2004)
- "Yo no escribo por amor, sino por desasosiego; escribo porque no me gusta el mundo donde estoy viviendo" (2003)
- "Si la literatura pudiera cambiar el mundo, ya lo habría hecho" (1999)



Vía La Vanguardia.

25/6/10

Lecturas burbullantes para o verán


Un verán máis velaquí a nosa guía conxunta que este ano leva o suxerinte nome de “Lecturas burbullantes para o verán” e que recolle as propostas de lectura de todos os centros escolares e as bibliotecas municipais coa colaboración do concello de Cambre. Nela atoparedes suxestións para todas as idades e un apartado para compartir coa familia e os amigos e amigas. Aparte das xa mencionadas bibliotecas municipais, este ano participamos a Escola infantil, o CEIP Portofaro, o CEIP O Graxal, o CEIP Torrente Ballester, o CEIP Emilio González López, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, o IES David Buján e a biblioteca O Bosque Animado.

Esperamos que vos guste, ademais de nos nosos blogs podédela consultar no enderezo: www.cambre.org



Boas vacacións e bo verán, vémonos en setembro.

23/6/10

Adaptación musical

Esta canción sóame dalgo... pero tal vez me guste máis a adaptación para o fomento da lectura que se fai desde os Estados Unidos... Que vos parece?

21/6/10

A música da biblioteca: despedida

Como facer unha boa despedida? Como é a música das despedidas?. Supoño que a música das despedidas é como calquera das outras músicas, a música que un elixe para ese momento concreto.

Que música elixir para un momento tan especial? Pois a mín se me ocurren moitas. Hai tantas músicas na biblioteca das que non falei e tantas músicas que podería escoller que estou pensando en, se o mundo se fose a acabar en dez minutos, que obra de arte salvaría?.

No meu caso, hai tres pezas na biblioteca que eu escollería. Non importa a orde, e supoño que a escolla podería ter sido outra mais. Se non están todas as que son, si son todas as que están.

Por un lado eu escollería a Novena... a Novena de Beethoven (necesita do seu "apelido"?) Por desgracia non temos a mellor grabación, a de Furtwängler en Bayreuth en 1951 (a duración de esta grabación foi a que determinaría a duración dos soportes de CD nos anos oitenta, está enteira no youtube) o icono da mesma. Pero si hai unha mostra de esta peza a cal hai ben pouco tempo adicóuselle unha película enteira á súa construcción (Copying Beethoven, pódese ver enteira en youtube). Esta obra é destas cousas que, canto máis te adentras nelas, máis pracer obtés delas.

Cando Beethoven "construíu" esta obra pensaba facer dúas sinfonías, unha por un encargo que viña desde Londres e outra na que metería un coro. Era a súa obsesión, poder meter un coro con orquestra, algo inaudito. Algo que xa pensara cando compuxera a Sinfonía nº 3, a "Heroica", a que en realidade estaba dedicada a Napoleón, pero que cando este coroouse emperador, Beethoven, furiosamente tachou o verdadeiro nome da terceira sinfonía "Buonaparte" para ponerlle o de "Heroica"... pero isto non ven ao caso. O que ven ao caso é que Beethoven era un idealista, creía nunha humanidade en paz onde todo ser humano podería ser igual e onde todo podería entrar. Namorouse dun mediocre poema de Schiller, cargado de significado para Beethoven, e construíu para este poema un coro no cuarto movemento. Agora esta sección do cuarto movimento é o Himno da UE. Beethoven estaría encantado (supoño eu) de que sexa un himno que predica a unión dos países e a colaboración entre "irmáns".

Na biblioteca hai varias versións desta peza, unha pola Zagreb Philarmonic, outra pola Orquesta philarmonia e outra pola Pregue Festival Choir and Orchestra. Pero é irrelevante. O que é relevante é que se escoite, que collamos e cedamos un espazo da nosa vida para a Novena.

Por outro lado escollería o Requiem de Mozart. Esta obra si precisa do seu "creador" detrás do nome porque tamén hai, na historia da música outros requiems fantásticos e moi coñecidos (como o de Ligeti ou o de Verdi). Tamén o atoparedes na Biblioteca... e en moitas ocasións poderedes escoitar esta obra en concerto. Non o dubidedes nunca porque é unha experiencia máxica.

A última obra que eu (eu, eu, eu) escollería sería a Sinfonía Fantástica de Berlioz. Na biblioteca hai unha "fantástica" versión de Kubelik. Nesta peza fálase por primeira vez da "Idee fixe", da idea fixa que obsesiona a un autor, para que nos entendamos... unha melodía coa cal identificamos (e que logo daría lugar ao leitmotiv) sen querer a alguén... neste caso á vida dun namorado. Porque esta sinfonía ten unha historia, a historia dun home que acaba morrendo na guillotina e da súa volta á vida cunha misa de defuntos... Esta obra ten unha claridade tímbrica incríble, está chea de citas, está chea de romanticismo, xa que Berlioz estábase a declarar a súa amada na vida real. Esta obra é a miña terceira recomendación. Pero non só miña, a web está plagada de versións e de explicacións desta obra, para quen queira, sobre todo este gran blog astur.

E nada mais, creo, simplemente dicir que espero encontrarvos en moitos concertos... e darvos as grazas por un ano fantástico.

18/6/10

José Saramago: "A maior flor do mundo"

Hoxe morreu José Saramago, premio nobel de literatura e que tantas veces estivo en Galicia. Mira este onte como lembranza da súa obra.



Visto en Son Sabela.

O blog de Saramago e a Fundación Saramago.

17/6/10

Salvade as Bibliotecas Escolares!!!

En Estados Unidos berran ¡salvade as bibliotecas escolares! probablemente, porque existen, porque o normal é que os centros teñan bibliotecas e bibliotecarios escolares. Noutros lugares habería que berrar mais ben que as creasen.

Non sei se son bos tempos para as bibliotecas escolares, pero parece que polo menos incertos. O vídeo pretende dramatizar unha situación posible se os recortes orzamentarios chegasen a colapsar os servizos. Un vídeo coidado e curioso, onde vemos as funcións da biblioteca escolar en todas as súas dimensións, desde o estudo asistido ao simple entretemento ou ao uso da biblioteca escolar como lugar de refuxio para o que a usa certo alumnado. Unha panoplia de funcións que dificilmente figuran ás veces nas funcións tópicas e típicas dunha biblioteca escolar e que constitúen parte da súa grandeza.

Tradución do vídeo:

Bibliotecas sanguentas
“As bibliotecas son fundamentais para o logro do estudante. A colección apoia o currículo e proporciona unha rica variedade de recursos de lectura a todos os estudantes e profesores.
“Regras da Biblioteca. Faga algo produtivo. Permita que outras persoas sexan produtivas. Sexa respectuoso coas demais persoas e os seus bens”.
Os distritos escolares en todo Estados Unidos están pechando coleccións. O valor dos activos da colección dun distrito escolar extenso pode superar os 300 millóns de dólares. Unha biblioteca pechada sen un bibliotecario será desposuída dos seus recursos e acabará desaparecendo. A clausura de bibliotecas escolares será unha catástrofe educativa e un desastre financiero
”.
Unha dramatización do que sucederá cando os recortes orzamentarios mal concibidos pechen as bibliotecas escolares.


Bleeding Libraries from Laura Graff on Vimeo.


Texto e vídeo procedente do Blog de Miguel Calvillo. Grazas

ARCE: Memoria do traballo do primeiro ano

Final de curso... Tempo de memorias.

Tras un curso de traballo só podemos cualificar a experiencia do Programa Arce de enormemente positiva. Recibimos no centro a docentes de Madrid e de Sevilla. Un grupo de alumnos e alumnas de 3º foi a Vallecas e dous docentes a Sevilla. Pero aínda queda moito por facer...



15/6/10

A Fraga da Poesía




Colgadas do teito no corredor exterior da biblioteca estiveron ao longo do curso una serie de poesías. Os versos estaban escritos en grandes papeis con un fondo fotográfico e trataban de semellar follas dos árbores da nosa particular fraga, a Fraga da Poesía. Cada certo tempo eran sustituídas por outra quenda, como si se tratase de sucesivos outonos e primaveras.

A temática foi moi variada, pois atendía simplemente o gusto dos que as selecionaban. O mesmo pasaba cos autores, aínda que predominaban os do século XX tanto galegos como casteláns. Deste xeito toda a comunidade poido ver e ler máis de dúas ducias de fragmentos de Novoneyra, Machado, García Montero, Lorca, Celso Emilio, Rosalía... con tan só pasear polos arredores do noso Bosque Animado ou polo centro posto que colocáronse varias copias polos corredores.



14/6/10

Hoy empieza todo



Hoy empieza todo
País: Francia. 1999.
Duración: 95 min.
Director: Bertrand Tavernier.
Intérpretes: : Philippe Torreton (Daniel Lefebvre), María Pittaresi (Vcaleria), Nadia Kaci (Samia), Veronique



Nesta película reflíctense varios aspectos da dura vida dun pobo mineiro, en Francia, en crise e con varios problemas económicos. Como consecuenci a súa poboación atópase en situacións familiares moi dolorosas.

Segundo a miña opinión, a película pódese dividir en dous partes:

Primeira parte: unha familia, formada pola nai, o pai e dous fillos pequenos que está en grandes apuros económicos e ten que liquidar as grandes trabas que lle presenta a administración para conseguir axudas e poder subsistir. O final é moi tráxico.

Segunda parte: un director de escola infantil que procura que os nenos non sexan as vítimas dos problemas que teñen os seus pais nin a sociedade en xeral. Intenta axudar social, económica e moralmente á comunidade, loitando contra as regras tan duras impostas por wl estado e procurando que os seus problemas persoais e familiares non inflúan nas súas decisións profesionais.

É un apelículña que debe verse porque nos mostra o que imos ter que loitar e pelar cando empecemos a traballar e sobre todo se queremos exercer como mestres infantís.


Lucía Díaz 1º Bacharelato


7/6/10

Robert Crumb, "Génesis" e "Kafka"

Ilustración de Robert Crumb en "Génesis"

Que Robert Crumb debuxe o "Xénese" da Biblia, incluíndo os textos orixinais da versión de B.A.C. na edición en castelán, e algo así como escoitar aos Rolling Stones cantando villancicos, entrar nun bar onde non estea o televisor permanentemente encendido ou atopar una película francesa nunha sala de cine comercial un sábado pola tarde. Un triángulo de catro lados. O que non pode ser, e ademais é imposible, que dicía o outro.
Crumb pasa por ser o máis importante autor de cómics do fai anos chamado "cómic underground" dos sesenta e setenta (na nosa versión carpetovetónica do mesmo tivemos nos setenta a xente hoxe tan recoñecida como Mariscal, Ceesepe ou Max). Hoxe en día xa non vive nos EE UU, senón en Francia, coa súa segunda señora e a súa tamén comiqueira filla, pasando por ser o número un do que agora se prefire chamar "cómic alternativo" (outros escriben "indie"). Sexa como sexa, Crumb revolucionou o mundo do cómic mundial, e incluso persoas que non soen ler cómics coñecen a súa obra, ou dicen coñecela (críticos de arte -arrgh!- tamén). Para moitos, o autor de cómics máis importante de todoslos tempos... (Non nos poñamos tráxicos: ¿quen pode dicir tal cousa de calquera actividade humana, sexa ciencia, fútbol ou reparto de bombonas de butano?).
Desde fai alguns meses temos na nosa biblioteca dúas obras de Crumb: "Génesis" e "Kafka". Se ata agora Crumb non estaba na nosa sección de cómics non era por descuido, senón porque é sabido que outras obras deste autor sáense demasiado da "corrección política". Non estaría ben visto nunha biblioteca escolar...
Ademais desta asombrosa versión do "Xénese", contamos coa obra titulada "Kafka", que como a anterior é publicada en castelán por La Cúpula, aínda que estaba anteriormente editada en Arxentina, mais en peores condicións (e pouco accesible). Este album sobre a vida e obras de Kafka está escrita por David Zane Mairowitz, e debuxada por Crumb, e é anterior a "Génesis". Inclúe ilustracións e breves cómics, e axuda ao lector a meterse nas profundidades da obra kafkiana, aínda que. iso aparte, ten valor por si mesmo como album.
Agora ben: supónse que esta entrada deste blog está destinada ao alumnado da ESO e bacharelato deste IES. E un volve, unha vez máis , a preguntar(se): ¿realmente persoas da ESO ou bacharelato len esta entrada...? Se é así, ¡toc-toc!, por favor, sería interesante sabelo... ¿Aló...?

4/6/10

Memoria do PLAMBE

Tras case un curso de traballo, xa rematamos a Memoria do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia.




3/6/10

O que estou lendo paréceme (XIV): La resistencia


Laura Gallego. Memorias de Idhún. La resistencia. Madrid, SM, 2005.


Es un libro de aventuras y con mucha intriga, una vez que lo empiezas a leer no puedes para. Cuenta la historia de Jack, Victoria y Kirtash, tres adolescentes muy distintos pero con un origen en común que no descubren hasta ek final del libro.

Este libro enseña como las personas más malas pueden cambiar. A lo largo de la historia se revelan los misterios que se ocultaban en los tres primeros capítulos. Es una mezcla de sentimientos y aventura ya que hay un poco de las dos cosas. Muestra los momentos, buenos y malos, duros que pueden pasar los adolescentes y las emociones que experimenta cada uno de los personajes.

Esta historia enseña cómo, con esfuerzo, se puede vencer la más difícil de las batallas y que no hay que rendirse a la más mínima derrota.


Memorias de Idhún me ha gustado mucho y animo a todos los lectores aventureros a leer esta historia que por muy larga que parezca se acaba muy rápido.

Mª Alejandra Rodríguez Ramírez, 1º ESO

1/6/10

A Frase do Mes: Rosa Montero



"Para empezar por el principio: siempre me ha parecido una barbaridad obligar a los adolescentes a leer el Quijote. Y no sólo eso: la enseñanza de la literatura en la educación secundaria española es un completo disparate. Por ejemplo, en 3º de la ESO (catorce años) tienen que estudiar el periodo comprendido entre la Edad Media y el siglo XVIII. Chavales que no han leído jamás una novela por propio placer y que no han descubierto todavía que entre las páginas de un libro cabe el Universo, tienen que tragarse por narices el Mio Cid, que no sé si ustedes lo recuerdan o lo han leído, pero que desde luego es considerablemente espeso…

Por otro lado, los planes de estudio están tan apretados y tan concentrados en cosas como la morfología y la sintaxis que los profesores que quieren dar otros contenidos y recomendar además otras lecturas no tienen casi espacio para moverse.

Luego entramos en el Bachillerato y la cosa sigue empeorando. Porque ahí, a los 17 y 18 años, es cuando se tienen que meter entre pecho y espalda el Quijote y La Celestina, dos textos verdaderamente maravillosos pero dificilísimos de digerir a esa edad. Los clásicos son una estación de llegada, no de partida. Hace falta haber leído y haber vivido bastante para poder gozarlos. La obligatoriedad de estas lecturas sólo convierte esas joyas en un muermo espantable, en un plúmbeo recuerdo que será una losa para toda la vida. Para peor, además, existe el general y apabullante consenso de que esos textos son lo mejor de la literatura española. De manera que a los chavales les dicen que se van a leer lo mejor de nuestra literatura y luego les obligan a meterse en vena esos ladrillos. (…) . En fin, me pregunto quiénes son los responsables de estos planes de estudio demenciales. Y me respondo: gente que no lee y que no ama los libros. De otro modo no se entiende semejante empecinamiento en la catástrofe."

Publicado en El País Semanal, 2-V-2010

29/5/10

ARCE: Crónica da viaxe a Sevilla


Como unha actividade máis do PROGRAMA ARCE, en días pasados dous docentes do noso IES trasladáronse a Sevilla para traballar na elaboración da memoria do primeiro ano do proxecto “A biblioteca escolar como recurso documental e punto de encontro”.

No aeroporto estaban agradando por nós os compañeiros, e xa amigos, Carmen e Jerónimo. Trasladáronnos ata o hotel para logo facer un longo paseo polo centro histórico da cidade. Exerceu Carmen de guía: prazas da Alfalfa, do Salvador, do Trunfo, de Santa Cruz, catedral Xardíns de Murillo, etc. Foi un pracer ese paseo posto que o cariño de Carmen pola súa cidade era transmitido en cada esquina en cada rúa, en cada praza. Ademais tivemos a posibilidade de visitar unha exposición sobre a Xeración do 27 no convento de santa Inés, onde por suposto había exemplares das revistas Alfar e Nós así como algunha peza de Maruxa Mallo.

Ao día seguinte, moi cediño, Amparo trasladounos ata o IES Siglo XXI en Torrelaguna. Visitamos o centro e saudamos a máis docentes. Tras recibir a Manuela e Consuelo do IES Vallecas Magerit, grandes expertas en madrugóns (erguéranse antes das cinco da mañá), comezamos traballar na biblioteca: estudo dos apartados da Memoria e planificación das actividades para o curso 2010-2011 no que noso alumnado viaxará a Sevilla en novembro e nós recibiremos ao alumnado de Madrid e Sevilla en marzo de 2011.

A Biblioteca do instituto é cativa, con poucos documentos e con mobiliario vello pero… é iso o importante? Temos que salientar a “vida”, o traballo, a profesionalidade e o cariño que os docentes do instituto e especialmente Carmen e Jerónimo poñen no seu día a día.

Rematamos a mañá visitando o barrio, Torrelaguna, onde está situado o IES. Experiencia dura onde as haxa pero tamén gratificante ao ver como os docentes do instituto eran saudados con respeto e cariño polos veciños, polos ex-alumnos e polos alumnos (en horario lectivo). Pareceunos, igualmente, moi interesante o Centro Social que visitamos.

Tras o magnífico xantar ao que fomos convidados (grazas, Enrique) e o pequeno descanso, iniciamos, con Carmen, Jerónimo e Diego, un percorrido polo barrio da Feria, ata a da Macarena, e de alí pola xudería e barrio de Santa Cruz. O guía, magnífico e inconmensurable foi José Isidoro González (grazas, Pepe), amosounos a Sevilla que os turistas non visitan. Pareceunos que o coñecemento deste docente non tiña fin. Vimos como gozaba con cada explicación, con cada apuntamento. Ao longo das case catro horas da visita fóronse engadindo máis profesores e profesoras do IES Siglo XXI (Manuela, Diego, Begoña, Israel, Antonio, Amparo...) A todos eles o noso agradecemento pola súa compaña e polo seu tempo.

Pola mañá do venres, máis traballo no IES Siglo XXI: rematamos os apartados a desenvolver nas memorias de cada centro e os aspectos en común do proxecto. Outro tempo intenso e produtivo e con constantes visitas cariñosas dos compañeiros deste IES. Tamén parámonos a saudar aos alumnos e alumnas que coñecemos en Madrid (fotos e postal para os nosos alumnos e alumnas).

Despois da xornada matutina despedímonos, non sen certa pena, deste IES Siglo XXI. Saímos cargados de agasallos pero sobre todo de cariño dos amigos e amigas deste centro. Moitas grazas. Aproveitamos os últimos minutos en Sevilla para entrar na catedral e achegarnos ata a Ponte de Triana.. Cando nos volvamos ver será en novembro e cos alumnos e alumnas de Madrid e Cambre polas fermosas rúas de Sevilla. Despedímonos de Manuela e Consuelo xa que elas quedan unas horas máis antes de regresar a Madrid no AVE.

Un dos aspectos máis interesantes do PROGRAMA ARCE é a posibilidade de coñecer a outras persoas e outras realidades. Carmen e Jerónimo xa nos tiñan comentado as peculiaridades do centro onde traballaban: barriada marxinal, altísima porcentaxe de absentismo, instalacións moi antigas…). Críamos que esaxeraban mais errábamos nas nosa apreciación. Unha vez que comprobamos a dureza do seu contorno, as dificultades académicas do seu alumnado e as instalacións onde desenvolven o seu traballo, só nos queda darlles os nosos parabéns. Fan un traballo que dificilmente algunha administración poderá valorar como se merecen. Profesionalidade, entrega, cariño, dedicación… IMPRESIONANTE.

26/5/10

O que estou lendo paréceme (XIII): Morning Star



Xosé Miranda. Morning Star. Xerais.



A vida de Lourenzo Tasende, un rapaz duns 16 anos que vive nunha vila preto de Pontevedra, é monótona e aborrecida. Os seus pais rexentan unha taberna, chamada “ A Desputa” que está en baixo da súa casa e Lourenzo axúdaos tódolos días, seguindo sempre a mesma rutina día tras día,ata que, de súpeto, una tarde que semellaba coma outra calquera, apareceu na taberna un home de aspecto perigoso que provocou na súa mai unha estraña reacción: nada máis velo comeza a tremer e refúxiase no seu cuarto repetíndolle constantemente ó seu fillo que se afaste dese mangallón. Pola contra o seu pai establece unha estreita relación con ese home tan misterioso, unha relación que asemella que ven de moito atrás, moito antes de que Lourenzo nacese.


Os días pasan e ese home non da marchado da Desputa, e a nai de Lourenzo segue sen saír dos seus apousentos, feito que provoca nela un estado de depresión moi profundo que a levará, uns meses máis tarde, á morte.

Trala morte da súa nai, a vida de Lourenzo da un xiro repentino e os sucesos acontécense uns tras os outros: dúas gavelas de ladróns, o escuro pasado do seu pai, asasinatos, roubos, segredos, desaparicións, un tesouro de valor incalculable agochado nalgún lugar da Galicia… e unha rapaza de longos cabelos dourados coas mans brancas coma o inverno e suaves coma un pano de seda.
Se vos gustan os libros que mesturan a acción, a paixón, os crimes, as aventuras… os libros que gardan o misterio ata a última folla… velaquí tedes un título que non vos podedes perder.


Andrea Patiño Vázquez 4º B ESO

24/5/10

Grandes episodios desconocidos de la historia


Joseph Cummins. Grandes episodios desconocidos de la historia. Madrid, Planeta, 2010.

O leproso que se converteu nun dos reis máis soados de Terra Santa; o explorador medieval que viaxou por Asia e chegou máis lonxe que Marco Polo, pero en sentido contrario; a vitoria inverosímil de Rusia sobre o dominante Imperio sueco que cambiou de forma permanente o equilibro de poder na Europa do Leste; a sanguenta revolución chinesa ocorrida un século antes de Mao e que ocasionou a segunda cifra máis alta de vítimas mortais da Historia, só superada pola segunda guerra mundial…


Estes son só algúns exemplos dos fascinantes sucesos que cambiaron o mundo e dos que sa dá conta neste interesante libro. É unha oportunidade para descubrir lugares exóticos, líderes asombrosos e conflitos pouco coñecidos que modificaron o noso panorama xeopolítico para sempre. Estas historias están apoiadas en abundantes fotografías, ilustracións e mapas informativos.

21/5/10

Exposición de François: Poesía e Fotografía

O compañeiro e membro do Equipo da Biblioteca O Bosque Animado, François Davo vén de inaugurar a seguinte exposición:


Exposición “Encontro en Puruchuco”. Poemas de François Davo e fotografías de Gustavo García Roig.
Hotel NH Atlántico. A Coruña. Do 14 de maio ao 30 de xuño de 2010.



Encontro en Puruchuco é unha enriquecedora experiencia creativa realizada polo poeta François Davo e o fotógrafo Gustavo García Roig. Unha serie de imaxes e poemas sobre Puruchuco, antiga cidadela preinca de Perú (século xv), conforman o eixo dese proxecto dando como resultado a linguaxe artística de foto/poesía.

François Davo (Le Mans, Francia, 1966), licenciado en Letras e civilizacións ibéricas pola Universidade da Sorbona, reside na Coruña desde o ano 2000. É profesor de francés no IES Afonso X o sabio de Cambre. Como poeta gañou no ano 1993 o XIII premio Esquío de poesía. Inicialmente poeta en lingua francesa, a súa lingua materna, tamén experimenta desde a súa residencia en Galicia a escrita dunha obra directamente en galego. É traductor de poetas galegos ao francés (Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel María, Uxío Novoneyra, Ánxeles Penas, Xosé Luis Méndez Ferrín, etc.). Tamén é traductor, man con man con Dulce Fernández Graña, de obras francesas ao galego, entre as que destaca As palabras de Jean-Paul Sartre (Laiovento 1999, reeditado na colección Biblioteca 100, La Voz de Galicia, 2003).

“Encontro en Puruchuco” é o primeiro proxecto en común con Gustavo García Roig, con quen ten en preparación algunha que outra exposición a cargo da Alliance française de Vigo e Madrid e o libro Le monde habité sobre o dolmen de Axeitos.

Gustavo García Roig, fotógrafo afincado na Coruña desde o ano 2001. Posue unha amplia experiencia en reportaxes non convencionais e traballos desde un enfoque máxico/antropolóxico relacionados co mundo andino. Expuxou en Bos Aires, Lima, Madrid, Valencia e Galicia. Nas súas últimas exposicións aprofundou nos vestixios das civilizacións prehistóricas de Galicia onde os dolmens seguen a vivir o seu ritual de veneración.

Magnífica exposición que non debedes perder. Parabéns François.

Da inauguración da exposición deuse conta na prensa local.

Créditos da fotografía.

19/5/10

Celebración do Día Das Letras en A Libreira


O pasado luns, 17 de maio, a biblioteca O Bosque Animado foi invitada a participar na “celebración laica”, como dixo Vítor, do Día das Letras Galegas en A Libreira, a nosa libraría de referencia. Como non podía ser doutro xeito alí estivemos.

O acto principiou coa presentación de Vítor, logo tocounos facer unha pequena semblanza biografía e histórica de Uxío Novoneyra. Posteriormente entre case todos os asistentes, a libraría estaba ateigada de xente, limos poemas do poeta do Courel cun resultado moi emocionante ver o cariño con que os lectores se meteron na poesía, breve e comprometida, do Novoneyra. Tras as lecturas, os músicos Xosé Taboada e César Morán (do que temos un cedé na nosa sección de música) deleitaron aos presentes cunhas fermosas cancións.

Pechou o acto, como non podería ser doutro xeito, o viño de amandi e xamón do Courel.

Acto de reafirmación, poderoso, emocionante e do que desde aquí queremos dar os parabéns a Vítor e Mari Carme.

Do acto dou conta A Opinión . No perfil do facebook de A Libreira podedes ver máis fotos.

O que estou lendo paréceme (XII): El caballero de la armadura oxidada


Robert Fisher. El caballero de la armadura oxidada. Barcelona, Obelisco, 2009


Fue un libro que me encantó porque es interesante y desprende varias enseñanzas. También pienso que este libro es un poco triste y a mí me llegó al corazón.


Yo este libro lo recomiendo para que lo lea la gente.

Silvia Neira, 1º ESO


Este libro me pareció muy interesante, aunque al principio es como leer una novela, al final te hace reflexionar sobre cosas fundamentales como la familia ya que el protagonista se preocupa de cosas absurdas y se olvida de lo más importante que son su hijo y su mujer. También saqué la conclusión de que no debes ponerte nunca una armadura como la del caballero, debes mostrarle a tus seres queridos tus sentimientos y escuchar a los demás, pues si no lo haces acabarás quedándote solo.

Este libro me gustó mucho
.

Eva Montero, 1º ESO

18/5/10

La otra historia del Rock


Xa que o ano remata e non chega o tempo para facer todo o que un quere… unha recomendación persoal, dedicada expresamente aos queridos alumnos de música de 4º.
A música popular foi, desde os comezos, estudo casi exclusivo dos sociólogos. Simon Frith é, sen lugar a dúbidas, o mellor e un dos máis reputados estudosos da música popular (todos os seus escritos son máis que recomendables).
La otra historia del rock foi a primeira reflexión seria que lín sobre música popular, e desde a primeira páxina, xeroume preguntas que inda hoxe me fago todos os días.
Como é outra historia, non é unha historia tipo Nacemento, Desenvolvemento e blablabla. Non é o voso libro de texto nin uns apuntes. Este libro está feito por xente diversa que reflexiona sobre aspectos diversos da música popular, desde as Spice Girls ata Marvin Gaye, desde o Hip-hop (en concreto música rap) ata o dance; conecta a evolución das novas tecnoloxías a industria de consumo, e a música popular como obxecto de consumo principal da cultura de masas e polo tanto, obxecto principal de crítica polos filósofos comunistas da Escola de Frankfurt.
Para calquera persoa interesada, para os que escoitan a radio, o mp3, youtube, para os que usamos compulsivamente spotify, para quenes se lles quedan as cancións dun anuncio na súa cabeza… para todos, este libro, resultará interesante...

E por último é unha fantástica fonte de información para todos aqueles que estean a facer unha análise dunha canción de música popular do século XX (e non miro para ninguén…)

13/5/10

ARCE: Traballando en Madrid

Suena música de Scott Joplin.
Abril es el mes más cruel, escribió T. S. Eliot, pero a nosotros quiso mostrarnos su cara más amable. La última semana de abril llegaron, por fin, nuestros colegas, alumnos y profesores, de los institutos Afonso X o Sabio de Cambre (A Coruña) y Siglo XXI de Sevilla. Era el momento culminante de la programación de este año en la biblioteca, tras larguísimos meses de trabajo de mucha gente, y muy especialmente de Manuela y Consuelo, que como las buenas futbolistas, se vio apartada de la final por una lesión inoportuna en el último minuto.
El martes 27 enviamos a nuestras aguerridas runners, Irene, Regina y Berta, a recibir a nuestros invitados al aeropuerto de Barajas y la estación de Atocha, donde enseguida tuvieron ocasión de comprobar la longitud de nuestras escaleras mecánicas (que parece aún mayor cuando están desactivadas) y la pericia y excelencia de los descuideros locales. A continuación, hubo una recepción oficial en la Junta Municipal, a cargo de la concejal de distrito, Eva Durán, que hizo unos pequeños obsequios a nuestros visitantes. Casi sin tiempo para respirar, un autobús descubierto nos trasladó a la Escuela de Hostelería 2 de Mayo (originalmente estaba prevista una flotilla de Cadillacs y limousines Hummer para trasladarnos a todos; pero la crisis galopante está arrasando con todo). La comida consistió en un menú-degustación de más de cuatrocientos platos (apenas un delicadísimo bocado de cada uno de ellos), entre los que podríamos destacar la mousse de humo: una especie de pompa de caviar que contenía en su interior el humo de una brasa de encina. Todo servido en vajillas de porcelana de Baviera, copas de Murano y cubiertos de plata con incrustaciones de cristal de Swarowski. Nos pusieron tal cantidad de cubiertos que, como se decía en Cien años de soledad, más que personas parecíamos ciempiés. Apenas habíamos comenzado con la verbena de postres de la casa cuando ya estábamos de nuevo en el autobús, camino de la biblioteca, donde tuvo lugar un homenaje a los poetas gallegos y andaluces en el que alumnos de los tres centros recitaron poemas, acompañados por Germán Torrellas al cello, Enrique Mestre al piano e Irene Mestre a la flauta. La primera jornada concluyó con un recorrido en autobús descubierto por los más destacados monumentos de Vallecas (?).
Los supervivientes iniciaron la segunda jornada con una visita guiada al Madrid de las Letras, mientras la destacada chef local Regina Gómez (tres estrellas Michelín y otras tantas Magerit) dirigía sabiamente la confección de varios centenares de bocadillos deconstruidos y multiculturales (el jalufo había sido eliminado cuidadosamente de algunos de ellos), que serían consumidos más tarde en el parque del Retiro, acompañados de litros y litros de zumo de Lozoya y Coca-Cola Gran Reserva. Era el día más caluroso del año, así que tuvimos que buscar la sombra mientras hacíamos un safari fotográfico en torno al monumento al Ángel Caído, la famosa escultura de Bellver, el Chino, con sus puentes de madera y sus estanques poblados de nenúfares y lotos, y los palacios de Cristal y Velázquez, antes de desembarcar, nunca mejor dicho, en el estanque, donde, montados en barcas cual forzados de Dragut, los alumnos hicieron una especie de remake de Piratas del Caribe V. Nuestros visitantes gallegos y andaluces aún tuvieron fuerzas para visitar el Museo del Prado durante un par de horas, mientras nosotros recogíamos los restos mortales de nuestros alumnos y los trasladábamos al instituto.
La actividad central de la tercera jornada fue la participación de alumnos de los tres centros en la gymkhana cultural organizada por “Vallecas Todo Cultura”, cuyas primeras plazas, como no podía ser de otra manera, coparon nuestros alumnos. El primer premio fue para el equipo vallecano “Satanases del Infierno” y el segundo para los “Arcitos”, equipo mixto de vallecanos y gallegos. En las próximas semanas se les enviarán a los ganadores los multimillonarios premios. Las actividades de ARCE de este curso concluyeron con la asistencia de algunos alumnos y profesores a la representación de El avaro, de Molière, en el teatro María Guerrero.

12/5/10

Lorenzo Silva: La estrategia del agua

Lorenzo Silva. La estrategia del agua. Destino, 2010.

Por fin apareceu a nova novela policíaca de Silva.Toda unha delicia, un agasallo para os seguidores dos mellores investigadores da Garda Civil.

Visitade a páxina deste libro e lede os comentarios do autor, onde nos di que:
"Ésta es la quinta novela de Chamorro y Bevilacqua. Dos personajes que me han dado mucho más de lo que podía imaginar cuando empecé a escribir historias y crímenes con ellos, allá por 1995. Regresar a ellos siempre es una responsabilidad, porque me consta que los esperan muchos lectores (y ya se toman buen cuidado de recordármelo, por diversos medios). Esta vez pasó más tiempo del habitual, y para justificar y celebrar el regreso como se merecía, traté de encontrar una buena historia, que me permitiera escribir la mejor novela de la serie. Con menos no se iban a conformar los lectores, y yo tampoco."
Na páxina 65 podemos ler o seguinte:
"Mi teléfono móvil sonó (...) cuando la voz rota de Robe Iniesta atacando el estribillo de Estado policial comenzó a aullar desde el bolsillo de mi americana. Aquel politono me había valido más de una nariz fruncida por parte de algún mando demasiado tieso y más de una mirada de perplejidad por parte de algún malo al que el sonido de la llamada me había cogido interrogando".

Escoitemos ao Iniesta e a Extremoduro:



9/5/10

A música da biblioteca 3: Jazz e Cómic


Dexter Gordon

Artigos: Público, El País

Na biblioteca contamos con algúns títulos pertencentes a unha serie de Edicións Nocturne. Son unha especie de “greatest hits” do jazz (entendido nun sentido tan amplo que case se pode interpretar como música popular da primeira metade do século XX).

No mercado español hai máis dos que temos na biblioteca, pero xa temos unhas mostras suficientes; podemos achegarnos á trompeta de Louis Armstrong, ao superventas do King Cole, á profunda Billie Holiday, ao Bebop de Charlie Parker, o scat de Ella Fitzgerald, e á Voz eterna de Frank Sinatra. Estes discos veñen unidos a unhas historias cun pouco de realidade e moito de imaxinación cos artistas como protagonistas.


Como extra eu engado a un dos meus músicos favoritos, do quen tamén esta colección ten outro cómic (mais non o temos na biblio, se houbese alguén moi interesado eu o teño na casa) o gypsy jazz de Django Reinhardt


8/5/10

"Vida de este chico", de Tobias Wolff


Tobias Wolff (EE UU, n. 1945) está na nosa biblioteca desde fai tanto tempo que as veces un parece descubrilo botando as mans nos cedés de Dylan (mentira: non temos un, aínda que si un DVD)) ou nos cómics de Taniguchi (mentira: temos un montón, pero intocados e impolutos, non vaia ser).
Wolff é fundamentalmente escritor de relatos breves; un auténtico mestre e un dos máis importantes agora mesmo nos EE UU, un país no que os escritores de short stories -como din eles- abundan e destacan pola súa calidade (tes posibilidade de ler un de Wolff e moitos doutros autores en Antología del cuento norteamericano, editado-antologado por Richard Ford, colega de Wolff, que podes atopar na nosa biblioteca na sección de Literatura Inglesa). Mais tamén é autor de libros autobiográficos, como este que nos ocupa, publicado en 1989 en EE UU, e en castelán desde 1991 (Alfaguara).
Este relato autobiográfico, que non novela -se ben alguén pode dicir que ten aspecto de tal- narra a vida de Toby (Tobias Wolff) entre 1955-1960, quen dicide cambiarse o seu nome por Jack, pensando en Jack London , o seu heroe, autor que xa non soe ser lido polos adolescentes, alomenos polos destes lares. Primeiro en Salt Lake City, Utah, e logo nun pobo do Estado de Washington, ao oeste, cerca de Seattle, patria do suicida que todos coñecemos. E sempre coa súa nai, pois o pai e o seu irmán, tamén escritor, viven no leste de EE UU. Falamos pois da etapa da vida de Tobias Wolff entre os dez e os quince anos, e aí vemos cómo unha incomprensible carambola vital, ou cósmica, evita o que parecía lóxico e necesario: a entrada de Toby no mundo da delincuencia. Polo camiño atopamos un pouco de todo: rifles apuntando a persoas que pasan pola rúa, falsificación de cheques, fuga a Alaska -ou polo menos o intento-, pelexas, cans, palizas recibidas por un padrastro de imposible personalidade, telepatía entre nai e fillo, mentiras que chegan a ser creídas a pés xuntillas polo seu adolescente creador, condución de vehículo de madrugada a toda velocidade, sen carnet e con can asomado á ventanilla, monxas que se confesan a nenos, arcos , frechas, indios, música, literatura, crentes en extrañas fes, roubo a familias pobres, scouts, simulación, simulación, simulación...
Ou sexa, vida.
(Este ano estuvimos con este libro no club de lectura. e non foi mal a cousa. É un bo libro, pero ademais é un bo libro para ler á túa idade. Supoñendo que os estudantes de ESO e bacharelato lean este blog, claro é... ¿É o caso...?).

7/5/10

Semana das Letras (II): Publicacións sobre Uxío Novoneyra

Como anticipo á exposición que se inauguaráo vindeiro luns, podemos ver hoxe o folleto que se repartirá ao alumnado sobre Uxío Novoneyra, realizado desde a Biblioteca e en colaboración co ENDL:





Tamén podedes apreciar o traballo feito desde o IES Porto do Son:




E o fermoso do CPI O Progreso de Catoira:

6/5/10

Semana das Letras (I): Webquest sobre Uxío Novoneyra

Como ven sendo habitual dende hai xa algúns anos, O Segrel do Penedo (IES de Fene) e Biblioafonso, e como unha máis das actividades encamiñadas á alfabetización en información (ALFIN) do noso alumnado e que sistemáticamente se están a desenvolver en ambos os dous centros, vimos de elaborar unha webquest dirixida ao alumnado da ESO na que tentamos facer un percorrido sobre a figura de Uxío Novoneyra e a Galicia que lle tocou vivir a este escritor, referente da nosa cultura e a nosa lingua, a quen se lle adica este ano o Dia das Letras Galegas.

Webquest Uxío Novoneyra