3/2/10

Concerto pola Paz na Biblioteca

Co gallo da conmemoración do "Día da paz", o venres 29 de Xaneiro de 2010, realizouse un concerto pola paz na Biblioteca O Bosque Animado. Tocáronse dúas pezas musicais: O alumno de 4º ESO Diego Pazos interpretou no piano a Serenade de Schubert, autor romántico e un dos principais compositores austríacos de todos os tempos. Esta peza presenta unha sinxela estrutura con dous temas principais, ambos de gran inspiración melódica, enriquecidos por sutís harmonías que lle achegan unha maior expresividade.

A continuación, Beatriz Alonso e Isabel de la Puente tocaron un dúo para chelo e piano, "Prayer", obra de Ernst Bloch, autor do século XX, inspirada en melodías xudeas.