06/02/10

Novas adquisicións: Por qué Beethoven tiró el estofado


Steven Isserlis é un famoso violoncellista que nesta ocasión vai escribir sobre uns autores que realmente adora. A súa linguaxe é coma a dun neno que se sinte abraiado por uns seres que viviron noutras épocas pero seguen a estar presentes nas nosas vidas na actualidade.


Normalmente estes compositores (Bach, Mozart, Beethoven, Schumann, Brahms e Stravinsky) saen retratados nos libros coma personaxes serios, cheos de pensamentos profundos e de intelectualidades varias. Porén, neste libro, Isserlis vai á anécdota, ao detalle. Porque Isserlis pensa nos grandes xenios da música coma seres comúns, coas súas filias e fobias, con todas as súas particularidades. Precisamente destaca as pequenas cousas que son as que fan a estas personaxes inconfundíbeis.


Este libro está composto por sete contos protagonizados por un xenio da música representativo de cada época. Por outra banda, o libro non deixa de ter unha certa inclinación á prensa rosa. Se alguén está interesado nos cotilleos, este vai ser un gran libro para alimentalos.


Por qué Beethoven tiró el estofado léese dunha sentada. É claro, conciso e cheo do apaixoamento que sinte o seu escritor por unhas persoas que, case de casualidade, son compositores.

Ningún comentario: