3/3/10

Convocado o XVII Certame Literario de Cambre

Co obxectivo de estimular a creación literaria e fomentar a súa difusión entre a mocidade, os Equipos de Normalización Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Literatura dos dous Institutos de Educación Secundaria de Cambre, Afonso X e David Buján, as asociacións de nais e pais e a Concellería de Cultura e Contratación do Concello de Cambre, convocan esta XVII edición do CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes:

B A S E S


PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera mozo/-a de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías:

CATEGORIA A: de 12 a 14 anos

CATEGORIA B: de 15 a 18 anos

CATEGORIA C: de 19 a 26 anos

SEGUNDA.- Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e o tema libre.

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais e inéditos.

CUARTA.- Deberán de estar escritos con ordenador, en papel de tamaño DIN-A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, por unha soa cara; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure: XVII CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, teléfono e correo electrónico, así como o centro no que estudia ou traballa, se é o caso.

QUINTA.- Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a: Concello de Cambre – Concellería de Cultura e Contratación Adro, 1 - 15660 Cambre

SEXTA.- Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:

CATEGORIA A: 1º Premio: 230,00 € 2º Premio: 170,00 €

CATEGORIA B: 1º Premio: 290,00 € 2º Premio: 200,00 €

CATEGORIA C: 1º Premio: 400,00 € 2º Premio: 230,00 €

SÉTIMA.- Aos premios practicaránselles as retencións legalmente estabelecidas. Con carácter previo á concesión comprobarase que os premiados estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

OITAVA.- A data límite de entrega de traballos será o día venres, 23 de abril de 2010.

NOVENA.- A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no instituto de secundaria Afonso X de Cambre, o venres 28 de maio de 2010, ás 12:30 h.

DÉCIMA.- A organización do Certame resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste sentido os autores e autoras renuncian a calquera tipo de remuneración polos dereitos de autoría.

UNDÉCIMA.- Os traballos non premiados poderán ser solicitados polas autoras ou autores ata un mes despois de que se faga público o fallo do xurado. Aqueles que non sexan reclamados destruiranse pasado este prazo.

DUODÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

1 comentario:

Certamen EducaRed dijo...

Nos gustaría informaros de la convocatoria del Certamen Internacional EducaRed, que pretende facilitar a la comunidad educativa nuevas herramientas, conocimientos y métodos de trabajo para asumir los cambios que las Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC) provocan en nuestra sociedad y en las nuevas generaciones de estudiantes, así como en los métodos de enseñanza y aprendizaje.

Más información en: http://www.educared.org/certameninternacional


El plazo de inscripción finaliza el 16 de abril. Si tenéis alguna duda, poneos en contacto con la Oficina del Certamen.

Un cordial saludo,


Oficina del Certamen Internacional EducaRed
Correo electrónico: certamen@educared.org
Teléfono: 902.905.144
+34.981.975.621