8/3/10

Manual de lexislación educativa. Da Loxse á Loe



A Biblioteca vén de adquirir o "Manual de lexislación educativa: Da LOXE á LOE" de Manuel Lama Grande, editado por tresCtres na súa colección DE LEI. Texto xurídicos.

É a recompilación máis actualizada de normativa educativa publicada en Galicia e inclúe un cd coa mesma.

Na súa introdución podemos ler:

"O presente manual ten por obxectivo axudar a resolver moitas das dúbidas que, en relación coa lexislación educativa aplicable ás ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e educación de persoas adultas, a cotío se nos presentan aos profesores, aos orientadores e aos cargos directivos nos centros educativos, en particulat as xeneradas pola recente entrada en vigor da LOE".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Realmente é moi práctico, está moi completo e sobre todo ben clasificado e ordenado para poder atopar as cousas rápido.