25/3/10

A música da biblioteca 2: Maurice Ravel


Ravel era chamado “o reloxio suízo” porque era moi perfeccionista, porque era un tipo raro enganchado á súa nai, porque tiña unha fixación brutal polos detalles técnicos, porque podía facer dunha obra absurda cun só tema unha obra fantástica (O Bolero) facéndolla tocar un por un a todos os instrumentistas da orquesta pero sen que parecese un exercicio de colexio...

Pero Ravel era un compositor extraordinario, tiña unha capacidade melódica fabulosa, moi francesa. E era un intelectual. Debussy acudía sempre ás veladas do simbolista e Mallarmé e Ravel facía o mesmo con Verlaine. Ademáis Ravel tamén frecuentaba o mundo da noite, gustáballe moito o jazz e o ballet, e foi un entusiasta membro do “Grupo dos apaches”, quenes aplaudían todo o que tentase ser vangarda, toda manifestación que buscase novas sensacións.

Neste disco temos dúas das miñas pezas favoritas, as dúas son do período de madurez. Por entonces xa se tiña xuntado con todos os creadores (que estaban todos xuntos no mesmo lugar levando vidas de bohemios), xa probara músicas de todo tipo, xa deconstruíra un vals, xa pasaran a Gran Guerra e os felices anos vinte. Estamos na década dos trinta e unha crise enorme vai rematar na Segunda Guerra Mundial. Ravel xa viu como o mundo soñado no que viviran non existía máis e é probable que intuíse o que aconteceu desde o ascenso nazi.

Tanto o Concerto en Sol Maior (1930) coma o Concerto para man esquerda (1931) son obras síntese da evolución de Ravel, teñen a asimilación do jazz, a riqueza melódica e a orquestación tímbrica tan individualista (herdanza de Berlioz e dos rusos). Ambolos dous son concertos de estructura clásica, pero coas innovacións armónicas adquiridas tras moitas experimentacións.

O concerto para man esquerda foi unha petición do famoso pianista Paul Wittgenstein (irmán, do célebre filósofo Ludwig Wittgenstein) quen perdera o brazo dereito na Primeira Guerra Mundial. Inda así tentou estudar cunha man só e pediu aos compositores que compuxesen para él...

Aquí vai unha parte do concerto para man esquerda tocado por Witgenstein.. hai máis versións en youtube con vídeo incluído (nesta ocasión son exclusivamente fotografías e o resto do concerto é o seguinte video de youtube):




Este é un exemplo do concerto en sol maior dos que se poden atopar en youtube, o pianista chámase Michelangeli:




E o meu bonus track, a miña obra favorita de Ravel, "La Valse" ou a deconstrucción dun vals: