20/4/10

ARCE: concurso de anagramas

Como unha máis das actividades do Programa ARCE que desde a Biblioteca e en colaboración cos IES Vallecas Magerit de Madrid e o Siglo XXI de Sevilla desenvólvese durante o presente curso escolar e o próximo, realizouse nas últimas semanas un concurso de anagramas para identificar a imaxe corporativa do proxecto nos centros participantes.

A colaboración do alumnado, coa coordinación do departamento didáctico de Plástica, foi magnífica. A cantidade e calidade dos seus traballos foi extraordinaria. Cada centro participante fará unha exposición para visualizar, aínda máis, o Programa, en cada Comunidade Educativa.

Cada Instituto seleccionou tres propostas que foron remitidas aos outros dous. Así mesmo, cada centro educativo valorou de 1 a 6 os traballos presentados polos outros dous IES. O resultado foi o seguinte.





1º Premio Francisco Fernández


Así o explica o seu autor:


O deseño dun logo non resulta nada sinxelo. Malia o que poida parecer, un logo garda amplos e variados significados dentro da súa simplicidade. O traballo de deseño non resultou doado, xa que o meu logo debía transmitir unha serie de ideas difíciles de recoller nunha única composición.


O meu obxectivo era deseñar un logo para o programa Arce. Debía transmitir todas as ideas esenciais do que significaba este proxecto. Mediante as siluetas das figuras, a súa disposición e as súas cores intentei transmitir a idea de que a biblioteca pode ser un punto de reunión para xente nova. A idea da biblioteca como recurso documental, tamén de gran importancia, está recollida no meu anagrama. Finalmente, algo que non podía faltar era a representación da unión entre as bibliotecas madrileña, andaluza e galega, que representei mediante tres circulos disposotos ao pé do texto. Este texto debia formar parte obrigatoriamente da composición, as palabras “Programa Arce”.










2º Premio con Sergio Galán



3º Premio Victoria Trabazo




A partir de agora, a proposta gañadora será reflectida na documentación elaborada e a que se elabore no futuro así como servirá de imaxe corporativa para todo o relacionado co noso Proxecto “A biblioteca Escolar como recurso documental e punto de encontro A próxima actividade a realizar será, ademais dos contactos na rede ning, a reunión conxunta de alumnado e profesorado, entre os días de abril, no IES Vallecas Magerit: poesía, gimkhana cultural, visita ao Madrid das Letras, á Casa de Lope de Veiga, ao Museo do Prado, ao teatro.

Parabéns aos alumnos e alumnas premiados e moitas grazas a todos os participantes.

No hay comentarios: