29/4/10

O que estou lendo paréceme (XI): O señor Ibrahim e as flores do Corán



Eric Emmanuel Schmitt. O señor Ibrahim e as flores do Corán. Factoría K de libros, 2007

Este libro non é simplemente un libro, é unha guía para a vida de moa xente. Non é un libro que fomente o catolicismo nin as regras que a Igrexa ten pero iso é o que mellor me parece porque a xente, sexa católica ou non, non necesita normas , necesita valores e este libro ten unha morea deles que poden axudar ao mundo porque o mundo pódese cambiar empezando non polas institucións nin polo políticos senón por un mesmo.

Paréceme un libro moi ameno e emocionante. Cando empezas non podes parar, e, cando rematas, dáche mágoa non seguir lendo.

Creo que debería converterse no libro de cabeceira de moita xente porque nas súas 61 páxinas ten máis ensinanzas que en todas as leis e mandamentos de todo o país e relixión.
Lucía Cernadas, 1º ESO

No hay comentarios: