27/4/10

Programa ARCE: lendo poesía en Madrid

Un dos obxectivos do noso Programa ARCEA Biblioteca escolar como recurso documental e punto de lectura” é a viaxe do alumnado participante. Entre os días 27 e 30 de abril sete alumnos e alumnas de 3º da ESO e dúas docentes estarán en Madrid.


Dentro do plan de traballo, que non se vai describir aquí posto que o fará o alumnado cando regrese, destaca a lectura de poemas entre o alumnado participante (IES Vallecas Magerit e o IES Siglo XXI de Sevilla).


O noso alumnado lerá unha selección da poesía galega do século XX. A súa lectura irá acompañada por unha presentación cos poemas en castelán. Presentarán o traballo nun caderno que se inicia co poema en galego de Federico García Lorca “Madrigal á cibdá de Santiago”e que remata cunha cantiga de Afonso X O Sabio.