29/05/10

ARCE: Crónica da viaxe a Sevilla


Como unha actividade máis do PROGRAMA ARCE, en días pasados dous docentes do noso IES trasladáronse a Sevilla para traballar na elaboración da memoria do primeiro ano do proxecto “A biblioteca escolar como recurso documental e punto de encontro”.

No aeroporto estaban agradando por nós os compañeiros, e xa amigos, Carmen e Jerónimo. Trasladáronnos ata o hotel para logo facer un longo paseo polo centro histórico da cidade. Exerceu Carmen de guía: prazas da Alfalfa, do Salvador, do Trunfo, de Santa Cruz, catedral Xardíns de Murillo, etc. Foi un pracer ese paseo posto que o cariño de Carmen pola súa cidade era transmitido en cada esquina en cada rúa, en cada praza. Ademais tivemos a posibilidade de visitar unha exposición sobre a Xeración do 27 no convento de santa Inés, onde por suposto había exemplares das revistas Alfar e Nós así como algunha peza de Maruxa Mallo.

Ao día seguinte, moi cediño, Amparo trasladounos ata o IES Siglo XXI en Torrelaguna. Visitamos o centro e saudamos a máis docentes. Tras recibir a Manuela e Consuelo do IES Vallecas Magerit, grandes expertas en madrugóns (erguéranse antes das cinco da mañá), comezamos traballar na biblioteca: estudo dos apartados da Memoria e planificación das actividades para o curso 2010-2011 no que noso alumnado viaxará a Sevilla en novembro e nós recibiremos ao alumnado de Madrid e Sevilla en marzo de 2011.

A Biblioteca do instituto é cativa, con poucos documentos e con mobiliario vello pero… é iso o importante? Temos que salientar a “vida”, o traballo, a profesionalidade e o cariño que os docentes do instituto e especialmente Carmen e Jerónimo poñen no seu día a día.

Rematamos a mañá visitando o barrio, Torrelaguna, onde está situado o IES. Experiencia dura onde as haxa pero tamén gratificante ao ver como os docentes do instituto eran saudados con respeto e cariño polos veciños, polos ex-alumnos e polos alumnos (en horario lectivo). Pareceunos, igualmente, moi interesante o Centro Social que visitamos.

Tras o magnífico xantar ao que fomos convidados (grazas, Enrique) e o pequeno descanso, iniciamos, con Carmen, Jerónimo e Diego, un percorrido polo barrio da Feria, ata a da Macarena, e de alí pola xudería e barrio de Santa Cruz. O guía, magnífico e inconmensurable foi José Isidoro González (grazas, Pepe), amosounos a Sevilla que os turistas non visitan. Pareceunos que o coñecemento deste docente non tiña fin. Vimos como gozaba con cada explicación, con cada apuntamento. Ao longo das case catro horas da visita fóronse engadindo máis profesores e profesoras do IES Siglo XXI (Manuela, Diego, Begoña, Israel, Antonio, Amparo...) A todos eles o noso agradecemento pola súa compaña e polo seu tempo.

Pola mañá do venres, máis traballo no IES Siglo XXI: rematamos os apartados a desenvolver nas memorias de cada centro e os aspectos en común do proxecto. Outro tempo intenso e produtivo e con constantes visitas cariñosas dos compañeiros deste IES. Tamén parámonos a saudar aos alumnos e alumnas que coñecemos en Madrid (fotos e postal para os nosos alumnos e alumnas).

Despois da xornada matutina despedímonos, non sen certa pena, deste IES Siglo XXI. Saímos cargados de agasallos pero sobre todo de cariño dos amigos e amigas deste centro. Moitas grazas. Aproveitamos os últimos minutos en Sevilla para entrar na catedral e achegarnos ata a Ponte de Triana.. Cando nos volvamos ver será en novembro e cos alumnos e alumnas de Madrid e Cambre polas fermosas rúas de Sevilla. Despedímonos de Manuela e Consuelo xa que elas quedan unas horas máis antes de regresar a Madrid no AVE.

Un dos aspectos máis interesantes do PROGRAMA ARCE é a posibilidade de coñecer a outras persoas e outras realidades. Carmen e Jerónimo xa nos tiñan comentado as peculiaridades do centro onde traballaban: barriada marxinal, altísima porcentaxe de absentismo, instalacións moi antigas…). Críamos que esaxeraban mais errábamos nas nosa apreciación. Unha vez que comprobamos a dureza do seu contorno, as dificultades académicas do seu alumnado e as instalacións onde desenvolven o seu traballo, só nos queda darlles os nosos parabéns. Fan un traballo que dificilmente algunha administración poderá valorar como se merecen. Profesionalidade, entrega, cariño, dedicación… IMPRESIONANTE.

26/05/10

O que estou lendo paréceme (XIII): Morning Star



Xosé Miranda. Morning Star. Xerais.



A vida de Lourenzo Tasende, un rapaz duns 16 anos que vive nunha vila preto de Pontevedra, é monótona e aborrecida. Os seus pais rexentan unha taberna, chamada “ A Desputa” que está en baixo da súa casa e Lourenzo axúdaos tódolos días, seguindo sempre a mesma rutina día tras día,ata que, de súpeto, una tarde que semellaba coma outra calquera, apareceu na taberna un home de aspecto perigoso que provocou na súa mai unha estraña reacción: nada máis velo comeza a tremer e refúxiase no seu cuarto repetíndolle constantemente ó seu fillo que se afaste dese mangallón. Pola contra o seu pai establece unha estreita relación con ese home tan misterioso, unha relación que asemella que ven de moito atrás, moito antes de que Lourenzo nacese.


Os días pasan e ese home non da marchado da Desputa, e a nai de Lourenzo segue sen saír dos seus apousentos, feito que provoca nela un estado de depresión moi profundo que a levará, uns meses máis tarde, á morte.

Trala morte da súa nai, a vida de Lourenzo da un xiro repentino e os sucesos acontécense uns tras os outros: dúas gavelas de ladróns, o escuro pasado do seu pai, asasinatos, roubos, segredos, desaparicións, un tesouro de valor incalculable agochado nalgún lugar da Galicia… e unha rapaza de longos cabelos dourados coas mans brancas coma o inverno e suaves coma un pano de seda.
Se vos gustan os libros que mesturan a acción, a paixón, os crimes, as aventuras… os libros que gardan o misterio ata a última folla… velaquí tedes un título que non vos podedes perder.


Andrea Patiño Vázquez 4º B ESO

24/05/10

Grandes episodios desconocidos de la historia


Joseph Cummins. Grandes episodios desconocidos de la historia. Madrid, Planeta, 2010.

O leproso que se converteu nun dos reis máis soados de Terra Santa; o explorador medieval que viaxou por Asia e chegou máis lonxe que Marco Polo, pero en sentido contrario; a vitoria inverosímil de Rusia sobre o dominante Imperio sueco que cambiou de forma permanente o equilibro de poder na Europa do Leste; a sanguenta revolución chinesa ocorrida un século antes de Mao e que ocasionou a segunda cifra máis alta de vítimas mortais da Historia, só superada pola segunda guerra mundial…


Estes son só algúns exemplos dos fascinantes sucesos que cambiaron o mundo e dos que sa dá conta neste interesante libro. É unha oportunidade para descubrir lugares exóticos, líderes asombrosos e conflitos pouco coñecidos que modificaron o noso panorama xeopolítico para sempre. Estas historias están apoiadas en abundantes fotografías, ilustracións e mapas informativos.

21/05/10

Exposición de François: Poesía e Fotografía

O compañeiro e membro do Equipo da Biblioteca O Bosque Animado, François Davo vén de inaugurar a seguinte exposición:


Exposición “Encontro en Puruchuco”. Poemas de François Davo e fotografías de Gustavo García Roig.
Hotel NH Atlántico. A Coruña. Do 14 de maio ao 30 de xuño de 2010.



Encontro en Puruchuco é unha enriquecedora experiencia creativa realizada polo poeta François Davo e o fotógrafo Gustavo García Roig. Unha serie de imaxes e poemas sobre Puruchuco, antiga cidadela preinca de Perú (século xv), conforman o eixo dese proxecto dando como resultado a linguaxe artística de foto/poesía.

François Davo (Le Mans, Francia, 1966), licenciado en Letras e civilizacións ibéricas pola Universidade da Sorbona, reside na Coruña desde o ano 2000. É profesor de francés no IES Afonso X o sabio de Cambre. Como poeta gañou no ano 1993 o XIII premio Esquío de poesía. Inicialmente poeta en lingua francesa, a súa lingua materna, tamén experimenta desde a súa residencia en Galicia a escrita dunha obra directamente en galego. É traductor de poetas galegos ao francés (Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel María, Uxío Novoneyra, Ánxeles Penas, Xosé Luis Méndez Ferrín, etc.). Tamén é traductor, man con man con Dulce Fernández Graña, de obras francesas ao galego, entre as que destaca As palabras de Jean-Paul Sartre (Laiovento 1999, reeditado na colección Biblioteca 100, La Voz de Galicia, 2003).

“Encontro en Puruchuco” é o primeiro proxecto en común con Gustavo García Roig, con quen ten en preparación algunha que outra exposición a cargo da Alliance française de Vigo e Madrid e o libro Le monde habité sobre o dolmen de Axeitos.

Gustavo García Roig, fotógrafo afincado na Coruña desde o ano 2001. Posue unha amplia experiencia en reportaxes non convencionais e traballos desde un enfoque máxico/antropolóxico relacionados co mundo andino. Expuxou en Bos Aires, Lima, Madrid, Valencia e Galicia. Nas súas últimas exposicións aprofundou nos vestixios das civilizacións prehistóricas de Galicia onde os dolmens seguen a vivir o seu ritual de veneración.

Magnífica exposición que non debedes perder. Parabéns François.

Da inauguración da exposición deuse conta na prensa local.

Créditos da fotografía.

19/05/10

Celebración do Día Das Letras en A Libreira


O pasado luns, 17 de maio, a biblioteca O Bosque Animado foi invitada a participar na “celebración laica”, como dixo Vítor, do Día das Letras Galegas en A Libreira, a nosa libraría de referencia. Como non podía ser doutro xeito alí estivemos.

O acto principiou coa presentación de Vítor, logo tocounos facer unha pequena semblanza biografía e histórica de Uxío Novoneyra. Posteriormente entre case todos os asistentes, a libraría estaba ateigada de xente, limos poemas do poeta do Courel cun resultado moi emocionante ver o cariño con que os lectores se meteron na poesía, breve e comprometida, do Novoneyra. Tras as lecturas, os músicos Xosé Taboada e César Morán (do que temos un cedé na nosa sección de música) deleitaron aos presentes cunhas fermosas cancións.

Pechou o acto, como non podería ser doutro xeito, o viño de amandi e xamón do Courel.

Acto de reafirmación, poderoso, emocionante e do que desde aquí queremos dar os parabéns a Vítor e Mari Carme.

Do acto dou conta A Opinión . No perfil do facebook de A Libreira podedes ver máis fotos.

O que estou lendo paréceme (XII): El caballero de la armadura oxidada


Robert Fisher. El caballero de la armadura oxidada. Barcelona, Obelisco, 2009


Fue un libro que me encantó porque es interesante y desprende varias enseñanzas. También pienso que este libro es un poco triste y a mí me llegó al corazón.


Yo este libro lo recomiendo para que lo lea la gente.

Silvia Neira, 1º ESO


Este libro me pareció muy interesante, aunque al principio es como leer una novela, al final te hace reflexionar sobre cosas fundamentales como la familia ya que el protagonista se preocupa de cosas absurdas y se olvida de lo más importante que son su hijo y su mujer. También saqué la conclusión de que no debes ponerte nunca una armadura como la del caballero, debes mostrarle a tus seres queridos tus sentimientos y escuchar a los demás, pues si no lo haces acabarás quedándote solo.

Este libro me gustó mucho
.

Eva Montero, 1º ESO

18/05/10

La otra historia del Rock


Xa que o ano remata e non chega o tempo para facer todo o que un quere… unha recomendación persoal, dedicada expresamente aos queridos alumnos de música de 4º.
A música popular foi, desde os comezos, estudo casi exclusivo dos sociólogos. Simon Frith é, sen lugar a dúbidas, o mellor e un dos máis reputados estudosos da música popular (todos os seus escritos son máis que recomendables).
La otra historia del rock foi a primeira reflexión seria que lín sobre música popular, e desde a primeira páxina, xeroume preguntas que inda hoxe me fago todos os días.
Como é outra historia, non é unha historia tipo Nacemento, Desenvolvemento e blablabla. Non é o voso libro de texto nin uns apuntes. Este libro está feito por xente diversa que reflexiona sobre aspectos diversos da música popular, desde as Spice Girls ata Marvin Gaye, desde o Hip-hop (en concreto música rap) ata o dance; conecta a evolución das novas tecnoloxías a industria de consumo, e a música popular como obxecto de consumo principal da cultura de masas e polo tanto, obxecto principal de crítica polos filósofos comunistas da Escola de Frankfurt.
Para calquera persoa interesada, para os que escoitan a radio, o mp3, youtube, para os que usamos compulsivamente spotify, para quenes se lles quedan as cancións dun anuncio na súa cabeza… para todos, este libro, resultará interesante...

E por último é unha fantástica fonte de información para todos aqueles que estean a facer unha análise dunha canción de música popular do século XX (e non miro para ninguén…)

13/05/10

ARCE: Traballando en Madrid

Suena música de Scott Joplin.
Abril es el mes más cruel, escribió T. S. Eliot, pero a nosotros quiso mostrarnos su cara más amable. La última semana de abril llegaron, por fin, nuestros colegas, alumnos y profesores, de los institutos Afonso X o Sabio de Cambre (A Coruña) y Siglo XXI de Sevilla. Era el momento culminante de la programación de este año en la biblioteca, tras larguísimos meses de trabajo de mucha gente, y muy especialmente de Manuela y Consuelo, que como las buenas futbolistas, se vio apartada de la final por una lesión inoportuna en el último minuto.
El martes 27 enviamos a nuestras aguerridas runners, Irene, Regina y Berta, a recibir a nuestros invitados al aeropuerto de Barajas y la estación de Atocha, donde enseguida tuvieron ocasión de comprobar la longitud de nuestras escaleras mecánicas (que parece aún mayor cuando están desactivadas) y la pericia y excelencia de los descuideros locales. A continuación, hubo una recepción oficial en la Junta Municipal, a cargo de la concejal de distrito, Eva Durán, que hizo unos pequeños obsequios a nuestros visitantes. Casi sin tiempo para respirar, un autobús descubierto nos trasladó a la Escuela de Hostelería 2 de Mayo (originalmente estaba prevista una flotilla de Cadillacs y limousines Hummer para trasladarnos a todos; pero la crisis galopante está arrasando con todo). La comida consistió en un menú-degustación de más de cuatrocientos platos (apenas un delicadísimo bocado de cada uno de ellos), entre los que podríamos destacar la mousse de humo: una especie de pompa de caviar que contenía en su interior el humo de una brasa de encina. Todo servido en vajillas de porcelana de Baviera, copas de Murano y cubiertos de plata con incrustaciones de cristal de Swarowski. Nos pusieron tal cantidad de cubiertos que, como se decía en Cien años de soledad, más que personas parecíamos ciempiés. Apenas habíamos comenzado con la verbena de postres de la casa cuando ya estábamos de nuevo en el autobús, camino de la biblioteca, donde tuvo lugar un homenaje a los poetas gallegos y andaluces en el que alumnos de los tres centros recitaron poemas, acompañados por Germán Torrellas al cello, Enrique Mestre al piano e Irene Mestre a la flauta. La primera jornada concluyó con un recorrido en autobús descubierto por los más destacados monumentos de Vallecas (?).
Los supervivientes iniciaron la segunda jornada con una visita guiada al Madrid de las Letras, mientras la destacada chef local Regina Gómez (tres estrellas Michelín y otras tantas Magerit) dirigía sabiamente la confección de varios centenares de bocadillos deconstruidos y multiculturales (el jalufo había sido eliminado cuidadosamente de algunos de ellos), que serían consumidos más tarde en el parque del Retiro, acompañados de litros y litros de zumo de Lozoya y Coca-Cola Gran Reserva. Era el día más caluroso del año, así que tuvimos que buscar la sombra mientras hacíamos un safari fotográfico en torno al monumento al Ángel Caído, la famosa escultura de Bellver, el Chino, con sus puentes de madera y sus estanques poblados de nenúfares y lotos, y los palacios de Cristal y Velázquez, antes de desembarcar, nunca mejor dicho, en el estanque, donde, montados en barcas cual forzados de Dragut, los alumnos hicieron una especie de remake de Piratas del Caribe V. Nuestros visitantes gallegos y andaluces aún tuvieron fuerzas para visitar el Museo del Prado durante un par de horas, mientras nosotros recogíamos los restos mortales de nuestros alumnos y los trasladábamos al instituto.
La actividad central de la tercera jornada fue la participación de alumnos de los tres centros en la gymkhana cultural organizada por “Vallecas Todo Cultura”, cuyas primeras plazas, como no podía ser de otra manera, coparon nuestros alumnos. El primer premio fue para el equipo vallecano “Satanases del Infierno” y el segundo para los “Arcitos”, equipo mixto de vallecanos y gallegos. En las próximas semanas se les enviarán a los ganadores los multimillonarios premios. Las actividades de ARCE de este curso concluyeron con la asistencia de algunos alumnos y profesores a la representación de El avaro, de Molière, en el teatro María Guerrero.

12/05/10

Lorenzo Silva: La estrategia del agua

Lorenzo Silva. La estrategia del agua. Destino, 2010.

Por fin apareceu a nova novela policíaca de Silva.Toda unha delicia, un agasallo para os seguidores dos mellores investigadores da Garda Civil.

Visitade a páxina deste libro e lede os comentarios do autor, onde nos di que:
"Ésta es la quinta novela de Chamorro y Bevilacqua. Dos personajes que me han dado mucho más de lo que podía imaginar cuando empecé a escribir historias y crímenes con ellos, allá por 1995. Regresar a ellos siempre es una responsabilidad, porque me consta que los esperan muchos lectores (y ya se toman buen cuidado de recordármelo, por diversos medios). Esta vez pasó más tiempo del habitual, y para justificar y celebrar el regreso como se merecía, traté de encontrar una buena historia, que me permitiera escribir la mejor novela de la serie. Con menos no se iban a conformar los lectores, y yo tampoco."
Na páxina 65 podemos ler o seguinte:
"Mi teléfono móvil sonó (...) cuando la voz rota de Robe Iniesta atacando el estribillo de Estado policial comenzó a aullar desde el bolsillo de mi americana. Aquel politono me había valido más de una nariz fruncida por parte de algún mando demasiado tieso y más de una mirada de perplejidad por parte de algún malo al que el sonido de la llamada me había cogido interrogando".

Escoitemos ao Iniesta e a Extremoduro:



09/05/10

A música da biblioteca 3: Jazz e Cómic


Dexter Gordon

Artigos: Público, El País

Na biblioteca contamos con algúns títulos pertencentes a unha serie de Edicións Nocturne. Son unha especie de “greatest hits” do jazz (entendido nun sentido tan amplo que case se pode interpretar como música popular da primeira metade do século XX).

No mercado español hai máis dos que temos na biblioteca, pero xa temos unhas mostras suficientes; podemos achegarnos á trompeta de Louis Armstrong, ao superventas do King Cole, á profunda Billie Holiday, ao Bebop de Charlie Parker, o scat de Ella Fitzgerald, e á Voz eterna de Frank Sinatra. Estes discos veñen unidos a unhas historias cun pouco de realidade e moito de imaxinación cos artistas como protagonistas.


Como extra eu engado a un dos meus músicos favoritos, do quen tamén esta colección ten outro cómic (mais non o temos na biblio, se houbese alguén moi interesado eu o teño na casa) o gypsy jazz de Django Reinhardt


08/05/10

"Vida de este chico", de Tobias Wolff


Tobias Wolff (EE UU, n. 1945) está na nosa biblioteca desde fai tanto tempo que as veces un parece descubrilo botando as mans nos cedés de Dylan (mentira: non temos un, aínda que si un DVD)) ou nos cómics de Taniguchi (mentira: temos un montón, pero intocados e impolutos, non vaia ser).
Wolff é fundamentalmente escritor de relatos breves; un auténtico mestre e un dos máis importantes agora mesmo nos EE UU, un país no que os escritores de short stories -como din eles- abundan e destacan pola súa calidade (tes posibilidade de ler un de Wolff e moitos doutros autores en Antología del cuento norteamericano, editado-antologado por Richard Ford, colega de Wolff, que podes atopar na nosa biblioteca na sección de Literatura Inglesa). Mais tamén é autor de libros autobiográficos, como este que nos ocupa, publicado en 1989 en EE UU, e en castelán desde 1991 (Alfaguara).
Este relato autobiográfico, que non novela -se ben alguén pode dicir que ten aspecto de tal- narra a vida de Toby (Tobias Wolff) entre 1955-1960, quen dicide cambiarse o seu nome por Jack, pensando en Jack London , o seu heroe, autor que xa non soe ser lido polos adolescentes, alomenos polos destes lares. Primeiro en Salt Lake City, Utah, e logo nun pobo do Estado de Washington, ao oeste, cerca de Seattle, patria do suicida que todos coñecemos. E sempre coa súa nai, pois o pai e o seu irmán, tamén escritor, viven no leste de EE UU. Falamos pois da etapa da vida de Tobias Wolff entre os dez e os quince anos, e aí vemos cómo unha incomprensible carambola vital, ou cósmica, evita o que parecía lóxico e necesario: a entrada de Toby no mundo da delincuencia. Polo camiño atopamos un pouco de todo: rifles apuntando a persoas que pasan pola rúa, falsificación de cheques, fuga a Alaska -ou polo menos o intento-, pelexas, cans, palizas recibidas por un padrastro de imposible personalidade, telepatía entre nai e fillo, mentiras que chegan a ser creídas a pés xuntillas polo seu adolescente creador, condución de vehículo de madrugada a toda velocidade, sen carnet e con can asomado á ventanilla, monxas que se confesan a nenos, arcos , frechas, indios, música, literatura, crentes en extrañas fes, roubo a familias pobres, scouts, simulación, simulación, simulación...
Ou sexa, vida.
(Este ano estuvimos con este libro no club de lectura. e non foi mal a cousa. É un bo libro, pero ademais é un bo libro para ler á túa idade. Supoñendo que os estudantes de ESO e bacharelato lean este blog, claro é... ¿É o caso...?).

07/05/10

Semana das Letras (II): Publicacións sobre Uxío Novoneyra

Como anticipo á exposición que se inauguaráo vindeiro luns, podemos ver hoxe o folleto que se repartirá ao alumnado sobre Uxío Novoneyra, realizado desde a Biblioteca e en colaboración co ENDL:





Tamén podedes apreciar o traballo feito desde o IES Porto do Son:




E o fermoso do CPI O Progreso de Catoira:

06/05/10

Semana das Letras (I): Webquest sobre Uxío Novoneyra

Como ven sendo habitual dende hai xa algúns anos, O Segrel do Penedo (IES de Fene) e Biblioafonso, e como unha máis das actividades encamiñadas á alfabetización en información (ALFIN) do noso alumnado e que sistemáticamente se están a desenvolver en ambos os dous centros, vimos de elaborar unha webquest dirixida ao alumnado da ESO na que tentamos facer un percorrido sobre a figura de Uxío Novoneyra e a Galicia que lle tocou vivir a este escritor, referente da nosa cultura e a nosa lingua, a quen se lle adica este ano o Dia das Letras Galegas.

Webquest Uxío Novoneyra

Fomento da Lectura: DesconxeLe

Nova campaña de Fomento da Lectura: "DesconxLE: Les e Listo. Non caduca".



"A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica"

...Celebremos o Día das Letras Galegas mergullados/as nun libro galego e continuemos esa experiencia todos os días. Lermos en galego é un acto subversivo pois é unha maneira de rebelión. Tamén é un acto revelador porque imos descubrir unha riqueza que nos emocionará, sorprenderá e impresionará. Nós, os lectores e as lectoras, tamén necesitamos os escritores e escritoras pois conforman a nosa identidade cultural. Fan que as nosas referencias literarias sexan propias e orixinais.

En maio, e todo o ano, debemos defender a nosa lingua e tamén a nosa literatura. A mellor maneira é séndomos militantes da cultura galega. O noso orgullo de sermos galegos e galegas debe manifestarse nos nosos actos cotiáns. A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica. A cultura non debe ser só palabras senón tamén feitos. Feitos como mercar libros galegos, música galega, arte galega, porque iso tamén forma parte do noso compromiso e da nosa vida...

Mónica Pazos Martínez. " A lectura de libro galegos é un acto que nos identifica" en Terra e Tempo.

Lecturas na Biblioteca: anacos e flechazos

Iniciamos na nosa biblioteca un ciclo de recitais baixo o lema “Anacos e flechazos”. Fragmentos, frases ou poemas curtos que amamos e desexamos compartir, coa intención apenas disimulada de contaxiar o “virus”.

Disfrutamos do teatro (Molière, no vídeo), da poesía (no vídeo), da narrativa. Recitaron adultos (docentes e non docentes) e estudantes (da Eso e do
Bacharelato). Contamos nesa ocasión cunha creación propia dun alumno de 1º de Bacharelato. O público, moi atento, expresou a súa ledicia.

Haberá máis!





04/05/10

Terceiro aniversario!!!


Esta semana, Biblioafonso, o blog da biblioteca O Bosque Animado fai os seus tres primeiros anos de vida. No presente curso superaremos a media dos anos anteriores de 80 artigos por curso o que supón máis de tres entradas á semana. Ademais os blogs do Club de Lectura O Bosque Animado están máis vivos ca nunca (case 100 post)

Este curso Biblioafonso estase caracterizando polas novidades:

-na redacción das entradas coa participación do alumnado,
-na organización do blog con máis ligazóns de carácter documental e divulgativo,
-no traballo conxunto do Programa ARCE,
-no uso de máis ferramentas da web 2.0. ao inaugurar o noso

-Twitter,
-a canle en
Youtube e,
-esta semana do aniversario, o noso
Facebook.

Mais se estamos realmente contentos é por participar na rede colaborativa extraordinaria das Bibliotecas Escolares Galegas, tanto dos pequechos e dos grandes que diría unha amiga .

02/05/10

2 de Maio: Día da Comunidade de Madrid

Como outra actividade máis do noso Programa ARCE "A Biblioteca Escolar como recurso documental e punto de encontro", celebramos hoxe, 2 de maio, o Día da Comunidade de Madrid.

En Madrid, cada 2 de maio celébrase o levantamento do pobo madrileño contra a invasión francesa, simultaneamente co Día da Comunidade madrileña. Habitualmente, os festexos lévanse a cabo nas prazas de Oriente, do Dous de Maio, en torno ao monumento a Daoiz e Velarde e das Comendadoras, en pleno centro da capital, do mesmo xeito que na Porta do Sol, o barrio de Malasaña e Móstoles.





01/05/10

A frase do mes: Juan Domingo Argüelles



"Ensinar sen pracer é condenar ao sufrimento e ao aburrimento aos que aprenden por afán interesado algo que despois só lles traerá frustracións. A lectura é algo máis que aprender habilidades e destrezas; é aprender a vivir para aprender a ser".


Juan Domingo Argüelles, "Biblioteca, escuela y lectura". En Mi biblioteca, nº 21, páx. 14