18/5/10

La otra historia del Rock


Xa que o ano remata e non chega o tempo para facer todo o que un quere… unha recomendación persoal, dedicada expresamente aos queridos alumnos de música de 4º.
A música popular foi, desde os comezos, estudo casi exclusivo dos sociólogos. Simon Frith é, sen lugar a dúbidas, o mellor e un dos máis reputados estudosos da música popular (todos os seus escritos son máis que recomendables).
La otra historia del rock foi a primeira reflexión seria que lín sobre música popular, e desde a primeira páxina, xeroume preguntas que inda hoxe me fago todos os días.
Como é outra historia, non é unha historia tipo Nacemento, Desenvolvemento e blablabla. Non é o voso libro de texto nin uns apuntes. Este libro está feito por xente diversa que reflexiona sobre aspectos diversos da música popular, desde as Spice Girls ata Marvin Gaye, desde o Hip-hop (en concreto música rap) ata o dance; conecta a evolución das novas tecnoloxías a industria de consumo, e a música popular como obxecto de consumo principal da cultura de masas e polo tanto, obxecto principal de crítica polos filósofos comunistas da Escola de Frankfurt.
Para calquera persoa interesada, para os que escoitan a radio, o mp3, youtube, para os que usamos compulsivamente spotify, para quenes se lles quedan as cancións dun anuncio na súa cabeza… para todos, este libro, resultará interesante...

E por último é unha fantástica fonte de información para todos aqueles que estean a facer unha análise dunha canción de música popular do século XX (e non miro para ninguén…)

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Debo recoñecer a miña paixón por estas fantásticas entradas e como non.... por Marvin Gaye
Apertas musicais dende Fene