15/6/10

A Fraga da Poesía




Colgadas do teito no corredor exterior da biblioteca estiveron ao longo do curso una serie de poesías. Os versos estaban escritos en grandes papeis con un fondo fotográfico e trataban de semellar follas dos árbores da nosa particular fraga, a Fraga da Poesía. Cada certo tempo eran sustituídas por outra quenda, como si se tratase de sucesivos outonos e primaveras.

A temática foi moi variada, pois atendía simplemente o gusto dos que as selecionaban. O mesmo pasaba cos autores, aínda que predominaban os do século XX tanto galegos como casteláns. Deste xeito toda a comunidade poido ver e ler máis de dúas ducias de fragmentos de Novoneyra, Machado, García Montero, Lorca, Celso Emilio, Rosalía... con tan só pasear polos arredores do noso Bosque Animado ou polo centro posto que colocáronse varias copias polos corredores.



2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Que o "Bosque Animado" sega a encherse de marabillosos outonos e primaveiras poéticas.
Parabéns por tan fermosa iniciativa!!

olga dijo...

Que marabillosa idea a de encher o mundo de poesía!
Fainos falta.