25/6/10

Lecturas burbullantes para o verán


Un verán máis velaquí a nosa guía conxunta que este ano leva o suxerinte nome de “Lecturas burbullantes para o verán” e que recolle as propostas de lectura de todos os centros escolares e as bibliotecas municipais coa colaboración do concello de Cambre. Nela atoparedes suxestións para todas as idades e un apartado para compartir coa familia e os amigos e amigas. Aparte das xa mencionadas bibliotecas municipais, este ano participamos a Escola infantil, o CEIP Portofaro, o CEIP O Graxal, o CEIP Torrente Ballester, o CEIP Emilio González López, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, o IES David Buján e a biblioteca O Bosque Animado.

Esperamos que vos guste, ademais de nos nosos blogs podédela consultar no enderezo: www.cambre.org



Boas vacacións e bo verán, vémonos en setembro.