21/3/11

ARCE: III Encontro.Cambre do 16 ao 19 de marzo de 2011

O derradeiro encontro do alumnado participante no Programa Arce “La Biblioteca escolar como recurso documental y punto de encuentro” financiado polo Ministerio de Educación e no que a nosa biblioteca participa xunto coa dos IES Siglo XXI de Sevilla e o IES Vallecas-Magerit de Madrid, desenvolveuse entre os días 16 e do de marzo. Foi un encontro intenso, de traballo e de experiencias, pero moi positivo a todos os niveis: relación entre o alumnado e profesorado, traballos desenvoltos, visitas e actividades realizadas… Lede a continuación unha breve crónica do acontecido nestes días. O mércores 16, a primeira hora da tarde, chegaron os 10 alumnos e alumnas de Madrid acompañados por dúas profesoras. Tras asentarse no hotel, dimos un paseo ata o Castelo de San Antón para visitar o museo, contemplar a baía e recibir algún apuntamentos de carácter histórico sobre a cidade e o seu porto. O xoves, 17, tras recibir no aeroporto as 11 persoas que chegaban desde Sevilla, dirixímonos ata o nos IES onde fomos recibidos polo Director e a Concelleira de Cultura de Cambre, na biblioteca. Tras as salutacións habituais e o intercambio de agasallos (moitísimas grazas) podemos contemplar unha presentación sobre lendas tradicionais galegas así como un pequeno concerto de acordeón e gaita. Debemos recoñecer a magnífica colaboración facilitada polas Bibliotecas Escolares de Galicia, as Bibliotecas Municipais da Coruña, o Concello de Cambre e a Deputación provincial da Coruña, ademais do noso propio centro, para poder ofrecerlle aos nosos visitantes, uns agasallo que, esperemos, foran do agrado. Posteriormente vimos a exposición sobre Miguel Hernández e os traballos realizados ilustrado algunha pasaxe de “O bosque animado” . Ás 11 horas dirixímonos ata a Fundación Wenceslao Fernández Flórez onde fomos magnificamente recibidos e tratados por Alicia (grazas). Visitamos Villa Florentina e o seu xardín despois de recibir unas anotacións biográficas do escritor coruñés. Logo, iniciamos un pequeno paseo pola Fraga de Cecebre onde foron lidos pequenos textos alusivos ás paraxes polas paseábamos. Mais, de súpeto e moi de sorpresa, dous personaxes apareceron de entre as árbores e representaron unha pasaxe do libro en cuestión (moitas grazas Fas-que-fas, grupo de teatro da Fundación) Unha vez esgotados de tantas emocións e tanto paseo, xantamos no IES e o visitamos para dirixirnos, posteriormente, ata a Torre de Hércules (fermosas fotos obtivemos todos e todas) e logo ata o Monte de San Pedro onde o alumnado gozou do labirinto e dalgunha arma bélica de gran tamaño alí existente. Unha vez que todos estábamos agotados, dimos a xornada colectiva por rematada. Cea e hotel.






















O venres contamos coa colaboración do IES Anxel Casal para desenvolver unha gimcana cultural pola Cidade Vella da cidade. Rematamos cantando e case bailando na praza de María Pita. Tras o cal dirixímonos, polo Paseo Marítimo (con parada na Praia do Orzán) ata o Acuarium Finisterrae onde xantamos e visitamos as súas instalación. Para rematar a xornada, a Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña, recibiunos na última biblioteca inaugurada, a do Fórum Metropolitano, onde Mery e Iván fixeron de extraordinario anfitrións, mesmo vencendo o cansazo xeralizado entre o alumnado: volveron cantar mais esta vez nunha nova e fermosa biblioteca. O sábado, tras algúns paseos cada grupo iniciou o regreso ás súas respectiva localidades. Moitísimas grazas pola vosa visita.

1 comentario:

Manuela Beltrán dijo...

Muchísimas gracias por vuestro recibimiento y atención.
Los alumnos y alumnas de IES Vallecas-Magerit vienen encantados de vosotros, de vuestra ciudad y de vuestro centro.
Se acerca el final del Programa ARCE, que nos ha unido por medio de nuestras bibliotecas.
¡Bicos y libros!
Manuela