19/11/11

Novo equipamento para a biblioteca

Recentemente vimos de completar o equipamento mobiliario da biblioteca. Adquiriuse un moble para os deuvedés, posto que os dous existentes estaban a quedar pequenos, e dúas estanterías baixas.
O moble de deuvedés foi colocado na parede que está xusto á entrada da biblioteca entre os dous arquivadores. Nos vindeiros días será rotulado para ver, se deste xeito, conseguimos que as películas non fiquen desordenadas.
Os dous novos mobles con andeis foron colocados na esquina do fondo da biblioteca. Con eles modificaremos fisicamente a colocación de parte dos nosos fondos de ficción e conseguiremos un espazo de seu para os documentos de produción propia.