30/4/11

Correlingua

Este é o video gañador do correlingua deste ano feito polos compañeiros do I.E.S. da Fonsagrada. Botédelle unha ollada. É fresco e divertido. Otro xeito de reivindicar a nosa lingua. Aí o tedes:


28/4/11

A gañadora

Hai uns días a escritora Ana Mª Matute recibiu o Premio Cervantes do 2010. É a terceira muller en gañalo. O seu discurso e todo un exemplo de amor ós libros e á literatura. hay moitas frases cheas de sabiduria como pero eu quedaríame co parágrafo que tedes a continuación polas suas referencias os nenos cos que nos traballamos e a esos clásicos que están ou deberían estar tan vixentes


"....me estremece pensar y saber que se mutilan bajo pretextos inanes de correcciones políticas más o menos oportunas y que unas manos depredadoras, imaginando, tal vez, que ser niño significa ser idiota, convierten verdaderas joyas literarias en relatos, no solo mortalmente aburridos sino, además, necios. Y aún nos preguntamos po qué los niños leen poco?"


Aquí tedes un enlace ó xornal El País donde poderedes ler o discurso enteiro.

26/4/11

Semana cultural

A semana do 11 ao 15 de Abril tivemos no noso centro a SEMANA CULTURAL. Dende a biblioteca propuxemos o tema: "2011 ano internacional dos bosques", que foi aceptado e utilizado de forma xeral por todos os departamentos. Cada departamento fixo as súas propostas e traballou nelas durante o tempo que considerou necesario ata devandita semana na que se expuxeron os distintos traballos feitos polo alumnado e compañeiros. Tedes as fotos das actividades no album a continuación

23/4/11

Dominó de libros na Biblioteca

Outro xeito máis de celebrar o día do libro.






Visto en Fritekaris.

11/4/11

XVIII Certame Literario de Cambre


Co obxectivo de estimular a creación literaria e fomentar a súa difusión entre a mocidade, os Equipos de Normalización Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Literatura dos dous Institutos de Educación Secundaria de Cambre, Afonso X e David Buján, as asociacións de nais e pais e a Concellería de Cultura e Contratación do Concello de Cambre, convocan esta XVIII edición do CERTAME LITERARIO CAMBRE 2011 de acordo coas seguintes:


B A S E S


PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías: CATEGORÍA A: de 12 a 14 anos CATEGORÍA B: de 15 a 18 anos CATEGORÍA C: de 19 a 26 anos

SEGUNDA.- Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e o tema libre.

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.

CUARTA.- Deberán de estar escritos con ordenador, en papel de tamaño DIN-A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, por unha soa cara; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure: XVIII CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén ademais os datos de teléfono, correo electrónico e nome do centro no que estudia ou traballa.

QUINTA.- Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a: Concello de Cambre – Área de Cultura e Contratación Adro, 1 - 15660 Cambre

SEXTA.- Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: CATEGORÍA A: 1º Premio: 230,00 € 2º Premio: 170,00 € CATEGORÍA B: 1º Premio: 290,00 € 2º Premio: 200,00 € CATEGORÍA C: 1º Premio: 400,00 € 2º Premio: 230,00 € SÉTIMA.- Aos premios practicaránselles as retencións legalmente estabelecidas. Con carácter previo á concesión comprobarase que os premiados estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social. Non obterá a condición de premiado aquel no que concorra algunha das circunstancias excluíntes que se sinalan na lexislación en materia de subvencións. En todo caso, para a obtención do premio, a reparación de dita circunstancia terá que ser acreditada ante o concello antes do 30 de novembro de 2011.

OITAVA.- A data límite de entrega de traballos será o venres 29 de abril de 2011.

NOVENA.- A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no instituto de secundaria David Buján de Sigrás (Cambre), o venres 27 de maio de 2011, ás 12:30 h.

DÉCIMA.- A organización do Certame resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste sentido os autores renuncian a calquera tipo de remuneración pola autoría. UNDÉCIMA.- Os traballos non premiados poderán ser solicitados polos seus autores ata un mes despois de que se faga público o fallo do xurado. Aqueles que non sexan reclamados destruiranse pasado este prazo.

DUODÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

6/4/11

"La montaña mágica", unha fábula de Taniguchi (cómic):




Taniguchi, coa súa maestría habitual, regálanos outro album que podes coller cando queiras na biblio.


Trátase dunha historia fantástica que transcorre no Xapón dos anos sesenta, en Tottori, o pobo do autor, e protagonizada por un neno de once anos que ten unha irmá pequena, unha nai hospitalizada cunha enfermidade grave e, como é normal nas historias deste debuxante, un pai ausente, neste caso morto en accidente varios anos atrás. Ambos nenos viven cos avós mentres a nai loita entre a vida e a morte. Casualmente, o neno tomará contacto no Museo das Ciencias cunha salamántiga xigante do Xapón, que ao parecer realmente existen, a cal é capaz de falar con el, "o elixido", para pedirlle axuda para escapar e volver ao manantial ubicado debaixo das ruinas do castelo da gran montaña de Tottori, lugar máxico habitado polo pai do anfibio. A cambio, ese ser promete curar definitivamente á nai dos nenos. Nun momento da historia o pai falecido aparécese fantasmalmente aos pequenos. A historia, con estrutura de fábula, de conto fantástico, ten un contido ecoloxista, falándonos dunha íntima relación entre humanos e natureza moi presente tamén nas outras historias famosas de Taniguchi ("Barrio lejano", "El almanaque de mi padre", "Zoo en invierno", etc.: as dúas primeiras na biblio).


O estilo e técnica como debuxante desplegados neste album está na liña e no nivel propios deste autor de manga, coa novidade de ofrecer as súas páxinas a cor, o que dá enerxía e nova vida a esas viñetas de fondos debuxados a partir de fotos copiadas polos seus colaboradores do seu estudio. Ese estilo hiperrealista-fotográfico obsesivo, que, na nosa opinión, non resulta moi adecuado para as historias íntimas que Taniguchi quere contar cando é máis el, quedan sen embargo coa cor sobreposta dalgún xeito redimido ou mellorado. A percepción que o lector ten destas viñetas orixinadas en fotos é ben distinta agora que a cor é engadida, pois non procede da propia foto. Polo demais, o desplegue de toda a artillería taniguchiana segue en pé: é rara a páxina que non posúa planos, puntos de vista e formatos diversos, ata o punto de que é case imposible unha páxina sen polo menos unha viñeta en "picado" e outra en "contrapicado", como é igualmente rara a que carece dunha rectangular que percorra toda anchura da páxina. Como xa comentabamos na entrada dedicada a "Barrio lejano", tanta riqueza e variedade técnica nos álbumes de Taniguchi pode chegar a ser ás veces máis un incoveniente que unha boa ferramenta. O exceso de técnica pode desmellorar o relato do mesmo xeito que, por outras razóns, a falta de oficio estropea unha boa idea.


Lembra , para rematar, que tes na biblio tamén "Barrio lejano" e "El almanaque de mi padre", dúas boas obras deste autor xaponés.


Ah! O tomiño de "La montaña mágica" engade ao final unha interesante e clarificadora entrevista co autor. Ao mellor merece a pena comezar por ela... (Ou non).


Ugh!

1/4/11

A frase do mes: Alberto Manguel





"Todos nos lemos a nós mesmos e ao mundo que nos rodea para poder esculcar qué somos e ónde estamos. Lemos para entender, ou para empezar a entender. Non temos outro remedio que ler. Ler, case tanto com o respirar, é a nosa función esencial."