22/05/11

Concurso de relatos hiperbreves

Acaba de rematar o concurso de relatos hiperbreves organizado dende o departamento de Lingua Castelá. O xurado integrado por membros de dito departamento dicidiron que os gañadores do concurso sexan: Modalidade 1º, 2º y 3º de E.S.O.: primer premio para La ultima carta de Iria Camiño Rey (3º C) e o segundo premio para Atado de Paula Saavedra Recouso (3º B).

Na modalidade 4º E.S.O, bacharelatos e ciclos: primeiro premio para El bosque de la nostalgia de Rosa Rodriguez Ramírez (2º Bach. B) e segundo premio para Como cada domingo de Giselle Mutsinzi Mukarukaka (2º Bach. A).


A entrega de premios tivo lugar no salón de actos do centro. Parabéns ás premiadas.


Aquí tedes unha foto das gañadoras do mesmo.

16/05/11

Lois Pereiro cantado por Radio Océano

Outra pequena homenaxe a Lois Pereiro, poeta a que se lle adica o Día das Letras Galegas.



Visto en Alfaias de Marcos Calveiro. Máis recursos sobre Lois pereiro en Botons.

11/05/11

Lois Pereiro: trípticos

Como unha das actividades realacionadas coa celebración do Días das Letras, a Biblioteca preparou uns trípticos para colocar sobre as mesas, adicados Lois Pereiro. Eses trípticos compóñense dunha ilustración sobre o autor, un anaco da súa biografía e un poema. Hai oito mesas e, polo tanto, oito trípticos.







08/05/11

Achégate á lectura


Dentro das actividades prevista no Programa ARCE (Campaña relacionada coa Lectura: "Achégate á Lectura") estivemos no febreiro pasado tirando moitas ducias de fotografías mentres o alumnado lía na Biblioteca. Con eses centos de foto compuxemos dous puzles que ao verse de preto semellan desenfocados máis cando os miramos de lonxe pódense apreciar claramente as figuras de Beatriz e Xaime lendo. Moitas grazas a todas e todos que se deixaron fotografar e especialmente ao alumnado de 2º de Bacharelato que serviron como modelos para o deseño das composicións finais.


Hoxe, estas dúas fotos fotografías impresas en gran tamaño, están situadas nun lugar moi sobranceiro da Biblioteca.

02/05/11

A Frase do Mes: Karl Popper





"Na miña opinión, ningunha outra realización humana, ni sequera as maiores creacións da literatura e da arte, supón unha maior sublimación de todas as facultades humanas e ao mesmo tempo algo tan conmovedor e marabilloso como as grandes obras da música clásica. Pero creo que os libros son aínda máis importantes desde un punto de vista cultrual"