26/12/12

Guía de lectura de Nadal.


Open publication - Free publishing - More guia

Tedes a guía de Navidad que fixemos conxuntamente todas as bibliotecas escolares e municipales de Cambre. En ela poderedes atopar suxestións  para mercar, agasallar e por suposto disfrutar. 

24/11/12


Hai dous fins de semana tivemos en Santiago as IV   xornadas de biblioteca. O título LER PARA VER, relativa á formación para a competencia mediática e informacional, co apoio dos recursos da biblioteca escolar. Muy amena a primeira conferencia a cargo de Fabio Tropea, e moi interesante tamén Tiscar Lara. Tedes  dende o CAFI (pinchade aquí)  un acceso aberto para todos os materiais. Entrando como convidado poderíades acceder a todos os contenidos.

1/10/12

A Frase do Mes: Pedro Salinas

 
 
"Educar para ler e ler para educar"
 
"Cando das chamadas artes liberais se trata, que tarefa máis insigne hai para educación que ensinar a ler ben?"

29/5/12

Encontros bibliotecas escolares



Os días 19 e 20 de maio celebraronse os encontros de bibliotecas escolares 2011-12 en Santiago. Aproximadamente 350 responsables das bibliotecas galegas compartiron as súas experiencias e intercambiaron materiais e vivencias.
No video tedes un resumo dos encontros e si pinchades aquí teredes acceso ós materiais e ás ponencias. Teredes que entrar como convidados. 



23/5/12

Concurso de relatos



O día 3 de maio entregamos os premios do VII concurso de relatos hiperbreves convocado polo departamento de lingua castelán.  Como en anos anteriores temos duas modalidades: unha para 1º, 2º, e 3º da eso e outra para 4º e bacharelato. Na primeira modalidade obtivo o primeiro premio Lucía Cernadas Varela co relato Deseos de venganza e o segundo foi para  Eva Rosal Rodríguez con Quiero volver, ámbalas duas de 3º da eso. Na segunda modalidade o primeiro premio foi para Paula Currás Prada de 4º da eso co relato Confusión e daltonismo  e o segundo para Santiago Lago Rey de 1º de bacharelato con Azahar. Abaixo tedes os textos premiados



7/5/12

Onde están os libros?


Acabouse abril, mes dos libros. Deixamos enriba un vídeo de bibliotecas e librerías espalladas polo mundo, preciosos sitios donde leer, comprar, admirar e pasear, entre libros, para facer unha viaxe polo mundo adiante a través deles. Paga a pena ver o video

4/5/12

Semana do libro



A semana pasada dentro das actividades programadas na semana do libro e aproveitando o douscentos aniversario do nacemento do escritor inglés Charles Dickens fixemos unha lectura co alumnado de primeiro e terceiro da E.S.O. Cos rapaces de primeiro leimos la raspa mágica en castelán e cos rapaces de terceiro leimos conto de navidad en galego e inglés. Arriba tedes un video con anaquiños das súas lecturas

1/5/12

A Frase do mes: Enrique Gil Calvo


"Unha persoa lendo ordena a súa vida, non se desorienta, non se perde, e é capaz de encontrar  a saída, o final feliz. De aí que a lectura poida entenderse coma o hábito moral máis capaz de xerar nas persoas o autodominio e a construción do seu propio destino. Ben, pois ao meu entender, isto é o que está empenzando a caer no descrédito".

25/4/12

Lola Lorente




A semana pasada e dentro das actividades a realizar dun dos clubs de lectura, guíado pola profesora Pilar Varela do departamento de lingua castelá,  disfrutamos coa presencia de Lola Lorente, (ilustradora, autora da novela gráfica Sangre de mi sangre (Astiberri 2011, premio Creacómic 2009, premio INJUVE 2006). Impartiu un obradoiro de creación de cómic a un grupo de alumnos practicamente de todos os niveis  na nosa biblioteca.  O  obradoiro estructurouse en dúas sesións:
1º sesión:
Partindo de métodos cercanos á imporvisación (collage, tampóns, manchas de rotulador), os participantes foron perfilando seus propios personaxes. Despois, e para amosar a relatividade do tempo no cómic, crearon una historia nunha páxina autoconclusiva, traballando dous diferentes ritmos: a vida do personaxe en dúas viñetas (pasado e presente), e a representación dun acto cotián en nove viñetas.
2ºsesión:
Narración a dobre páxina e con texto en voz en off, dun suceso que ocorre entre dous personaxes inventados por cada participante. Tamén traballouse o globo de diálogo e os espazos de silencio.
Unha parte importante foi a posta en común, mediante a cal os asistentes viron as diferentes formas de traballo e o estilo único de cada un de eles.
Ao acabar as sesións fixemos un issu usando algúns dos traballos feitos polos alumnos no taller



23/4/12

Día do Libro: Para un ambiente de lectura na escola

Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais)  que nos fai reflexionar   sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler.
Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...
Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura.
O dito, propóñovos a súa lectura:



Texto e Issuu vía Ies Pedra da Aguia.

22/4/12

Comenius no I.E.S.


Na  última semana da segunda evaluación tivemos a reunión do programa Comenius que este ano celebrouse no noso centro. Durante unha semana alumnos, alumnas e docentes de Polonia, Francia, Italia, Lituania e Alemaña estiveron con nós para coñecer o noso centro e o noso contorno. A lingua que usaron para entenderse foi o inglés, que se escoitaba polo centro a todas horas. Algúns dos rapaces tamén falaban castelán e facían as súas prácticas sempre que podían. Os alumnos e alumnas estiveron vivindo en casa dos seus correspondentes e case tódolos días viñeron ao instituto e mesmo estiveron participando nalgunas clases.

Todolos participantes estiveron de acordo en que a experiencia fora moi boa. A preparación e a organización das actividades supuxo un esforzo para os nosos compañeiros pero ó final todo funcionou como estaba previsto. Arriba tedes unha foto da maioria do grupo no día que foron a visitar a torre de Hércules.

1/4/12

A frase do mes: Gracia Santorum


"Creo firmemente que o acto de ler, mellor dito, o hábito de ler, incide directamente na nosa educación e na nosa cultura. Que non nos faga mellores persoas non significa que non nos faga máis sabias. Diferente é que o apliquemos ou non na nosa vida cotiá.

Este aumento da cultura é para min o gran reto que atinxe a este país, tan adoecido e carente dela. Un país que non comprende a riqueza de contar con lingua propia, un país que destrúe o medio natural cada verán…  está asolagado de incultura. Para remedialo está, ou cando menos creo que debe estar, a lectura".

Gracia Santorum. "Trafegando ronseis, un blogue para o fomento da lectura". En Fomento da lectura: unha fronteira para o libro, páxinas. 163-178.  Editado pola Asociación Galegas de Editores, 2011. Cita das páxinas. 166 e 167.

16/3/12

The fantastic book of..........

O profe de relixión do centro pasounos o enlace deste corto, cuxos creadores definen como unha carta de amor ós librosA historia xira entorno ó amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o maravilloso que é mergullarche na lectura. A ausencia de diálogos fai que o seu visionado sexa recomendable para calquera . Si queredes mais información sobre o corto pinchade neste enlace

14/3/12

"A suivre", monsier Jean Giraud, autor de cómics

 Mike Blueberry debuxado por Giraud e modificado vilmente por obra dalgunha alma corrupta por medio de Photoshop, ese invento soviético...

  Este sábado pasado, 10 de marzo, morreu o autor de cómics francés Jean Giraud, alias Gir, alias Moebius, aos setenta e tres anos, vítima do cancro.
   ¿Quen era este señor? ¿Por que unha entrada sobre el neste blog?
   Nos anos oitenta no mundiño dos cómics, polo menos no ámbito europeo, Moebius-Gir era... Deus. Non había afecionado ou debuxante novel que non coñecera ou incluso imitara descaradamente (ou copiara sen máis) a este debuxante. Nesa década e posiblemente en parte dos noventa era o home a seguir, o debuxante modelo. Co atractivo ademais de cultivar unha dobre personalidade como debuxante (en realidade iso non é tan raro pois é relativamente frecuente: Crumb, Clowes, Ware, Eisner, Del Barrio e outros xogan igualmente a ese xogo): Gir, para firmar os seus traballos dentro do cómic clásico, incluso ás veces convenciomal, cun tipo de debuxo entre académico e lixeiramente expresionista nos rasgos faciais (é dicir, máis achegado a un Caniff ou un Robbins ou un Pratt, influido polo seu mestre belga Jijé, que a un Hal Foster ou un Alex Raymond, queremos dicir, non máis), e aí atopamos o seu traballo na saga do "Teniente Blueberry" (aínda sobreviven na nosa biblio un par de álbumes: outro está... desaparecido), con guións de Charlier, pai da serie e morto xa fai tempo, o que non impediu que a saga seguira, de aí a súa decadencia non tanto por caer en mans de Gir, senón porque a tarta foi repartida entre demasiados e así foi a cousa...; e a outra personalidade, supostamente máis orixinal e creativa, firmada como Moebius, e con historias de ciencia-ficción do propio Jean Giraud, doutros guionistas (Jodorowsky, p. ex., o escritor friki chileno do grupo Pánico) ou adaptadas polo debuxante a partires de libros, como é o caso de "El garaje hermético de Jerry Corneluis" (posiblemente o  cómic máis importante da cara moebiusiana: inatopable xa na nosa biblio pois alguén decidíu tempo atrás que adornaba mellor na súa da súa casa), tomado da obra do escritor Michael Moorcock. Esa nova faceta debemos relacionala coa aparición da revista de cómics "Metal Hurlant" onde tanto Moebius como Druillet e outras xentes intentaban revolucionar a linguaxe do cómic, con máis que dubidosos resultados, visto o visto e despois de tantos anos...
   Despois de todo isto o que queda, na nosa opinión, non é tanto a polvareda de Moebius como o seu traballo na saga de Blueberry, posiblemnte o mellor western do mundo da banda deseñada, incluíndo as series estadounidenses (aí, no cómic, Europa si foi quen de superar aos estadounidenses, sen rival no cine do Oeste, e da literatura nin falemos). O western, ese xénero xa olvidado: dubidamos que moitos adolescentes de hoxe coñezan  a saga de Blueberry, e se a coñecen, que saiban que Gir e Moebius son o mesmo animal. Un adolescente de agora xa non coñece os westerns de Ford, Peckinpah ou Mann, e nesa situación a palabra Blueberry ou o palabro (sic) western non significan gran cousa. Son as persoas que peinan xa canas ou están a piques de facelo os que aínda coñecen este personaxe. En tempos, a saga de Blueberry era sen embargo o paso natural do afecionado adolescente que deixa por fin os luckylukes, os astérix e os tintines, antes de desembocar en Pratt, Crumb ou o que fora (hoxe diríamos Clowes, Tomine, Taniguchi ou Jason, p. ex.).
   En tempos.
   En calquera caso, a morte de Moebius-Gir supón a morte dun dos grandes do cómic que ademais foi quen de meter o seu lapis no mundo do cine en películas non precisamente pouco coñecidas... ¿Que queda, pois? Quedan oito ou dez grandes álbumes de Blueberry, algún deles con guión do propio Gir logo da morte de Charlier, e algún outro album firmado co nome de Moebius, como o xa dito, faceta moebiusiana ésta na que ao final este debuxante aproximábase curiosamente ao estilo da así chamada "liña clara" da escola de Hergé (quen se inspirara, lembremos, no debuxante estadounidense George MacManus, pois nada ven da nada, como dicía algún grego ou algún teólogo, non recorda xa un).
   Non é pouco, monsier Giraud, non é pouco. Longa vida...
   "Atención, Mike, a sinistra dama á túa esquerda!"
   Bang!!!
   (A SUIVRE...)

12/3/12

Lendo no IES

Xa hai unhas semanas que están en marcha case todos os clubs de lectura do noso instituto. Este ano temos máis que o ano pasado e como consecuencia temos máis nenos, nenas e departamentos implicados. Tamén temos por primeira vez un club para pais e nais, que xa comenzara antes das vacacións de Nadal o mesmo que o club de departamento de filosofía "Cómic e literatura" que ten un estupendo blog que podedes ver pinchando neste enlace . O resto dos clubs son: do departamento de xeografía e historia un  para terceiro da eso cun libro de viaxes, outro  para primeiro da eso cun libro tamén de viaxes e cuarto cun libro de temática adolescente; do departamento de lingua castelán cun cómic de Lola Lorente para 1º de bacharelato e no que contaremos posiblemente con dúas sesións coa autora, un club do departamento de matemáticas para terceiro da eso cun libros de historias e o último do departamento de inglés que como o de matemáticas ainda no empezou aínda que o farán en breve. Como vedes temos abondo e para todos os gustos, algunos, xa vedes,len ata do revés. 

8/3/12

Charles Dickens

Como sabedes este año cúmplense 200 anos do nacemento de Charles Dickens,un dous máis grandes escritores da lingua inglesa. Dende a BBC  e para ir recordando pouco a pouco ó autor, quérovos deixar este video animado  que fai un bo resumo da sua vida. Como non podía ser menos está na lingua de orixe.


.

5/3/12

Día da Paz

Abaixo tedes un issuu dos carteis que fixo a nosa compañeira Esther Gallego e que colgamos no corredor da biblioteca para commemorar o día da Paz. Paga a pena velos.


1/3/12

Cómics: novidades de marzo do 2012

     Mr. Lone Ranger, I suppose...

  O Departamento de Historia tivo a ben incorporar tres novos títulos á nosa biblioteca de cómics de Biblioafonso. Dese modo Giardino e Tardi están con nós por fin, e Hugo Pratt repite ( e van...).
   Os tres álbumes teñen como fondo a guerra, se ben son tres guerras diferentes,  e todas do s. XX, a maior gloria da humanidade: a I Guerra Mundial (Tardi), a Guerra Civil española (Giardino) e a II Guerra Mundial (Hugo Pratt).
   Tardi é un autor francés recoñecido mundialmente (a recente película sobre "Adèle" está baseada nunha saga creada por el, inspirada de lonxe pola saga tintiniana, unha das súas dúas obsesións: a outra é a I Guerra Mundial da que o seu avó tantas historias lle contaba, e así), e éste ( La Guerra de  las Trincheras) un famoso album dedicado aos desastres da "Gran Guerra" onde é difícil non respirar ese aire antimilitarista tan de Tardi.
   A obra do italiano Giardino -outro gran autor, que por certo estivo aquí na Coruña fai uns tres anos na Semana do cómic- é a recente triloxía "integral" (¡No pasarán!) na que o seu personaxe Max Fridman, de sangue xudeo como a muller do propio autor, se move dentro da España da Guerra Civil. Esta nova edición que inclúe as tres partes posibilita agora unha nova lectura, completa, sen interrupcións dos novos movementos do melancólico Fridman na guerra na que Hugo Pratt pretendía que Corto Maltese "desaparecera" (que non morrera).
   Por último, o primeiro volume da saga de Hugo Pratt de Los Escorpiones del Desierto. O ambiente é a II Guerra Mundial en África: desertos tipicamente prattianos, o cínico Koisnky, a aparición de novo do africano Cush, que xa paseara antes pola saga de Corto Maltese, o fascista italiano Stella... Este volume I leva dentro as dúas primeiras historias da saga. A primeira historia foi iniciada por Pratt en 1969, e rematada en 1973, en branco e negro aínda que agora Norma se empeñe de novo en colorear o que sabe de sobras non debería colorear. A segunda  (tamén orixinalmente en branco e negro, pero xa se sabe...) é de 1975. Despois Pratt iría mellorando esta serie, soltándose graficamente. Esta saga non ten a fama que ten a de Corto, pero non queda atrás, polo menos a partir da terceira entrega que aínda non temos. (Finalmenmte, trala morte de Pratt, a serie quedou en mans de non se sabe qué debuxante: Deus nos colla confesados, queridos amigos).
   Vae victis!

28/2/12

A frase do mes: José Antonio Millán



Que non vos estrañe: o desenvolvemento humano non avanza en zigzag nin a saltos, senón que normalmente constrúe sobre o anterior. A loita por comprender e utilizar as novas tecnoloxías dixitais esixe moitas cousas novas, si; pero presupón as antigas. E a máis importante delas é a lectura.

31/1/12

"La invención de Hugo", película, libro e autómata

  A nova película de Scorsese está baseada nun libro que temos na nosa biblioteca desde fai bastante tempo. No seu día puublicamos unha entradiña dedicada a esa extraña novela que ao tempo é novela e máis cousas, como libro ilustrado, cómic, homenaxe ao cine mudo e aos autómatas que parecen pura ficción e son... reais, museos incluídos.
   Pincha aquí para acceder a máis información sobre a nova película.
   E pincha aquí para ler, se queres, a entrada sobre o libro na que está baseada a peli de Scorsese.
   E lembra: no propio libro, que tes na biblioteca, hai nas páxinas finais un enlace para ver en internet que o autómata da novela (e da película, cabe supoñer) é real como a literatura mesma...

16/1/12

Libros con vida?

Mirade o que acontece nas bibliotecas canto quedan sen usuarios/as.




E lembrade... sempre cun libro na man porque non hai tempo que perder:


9/1/12

Cómics: Novidades de xaneiro de 2012


   A nosa biblioteca ten xa tres novos álbumes á túa disposición que consideramos do melloriño:

   1) Temos por fin La balada del mar salado, de Hugo Pratt, obra dos anos sesenta na que aparece por vez primeira o personaxe Corto Maltese (con "e": somos militantes, lembra), se ben esta longa historia non é "de Corto", senón coral, e se houbera que destacar un personaxe entre o coro, éste sería a inolvidable Pandora, quen ademais nas páxinas finais permite a aparición da primeira das inefables despedidas de Corto das súas igualmente inefables (...) mulleres. Por desgracia a temos a cor, como xa estamos acostumados, pero é que a obra era en branco e negro, e ao pasar as súas páxinas a cor (por motivos comerciais), por moi bo que éste sexa, nótase que... non, que non é o ideado polo autor, Hugo Pratt. Un día escribiremos aquí un par de entradas sobre este autor (debuxante e guionista), un dos maiores da historia do cómic e dunha altura que xa quererían moitos modernos.

   2) Outro album dedicado á saga de Corto Maltese, neste caso ás historias curtas de vinte páxinas que seguen ao album anterior e antes de meterse Pratt noutra historia ben longa como a que trancorre en Siberia cun poético título que mostra a orixe sefardita de Pratt e que aquí, país de carpetovetónicos, cambiaron por outro título que parece máis ben da saga infantil de Tintín. En fin... Advertimos que este tomo, Las célticas, non é o album que segue cronoloxicamente a La balada..., pero leva dentro historias moi ben contadas e cheas de referencias literarias, míticas e cinematográficas, con esa capacidade de Prattt de convertir a erudición en viñetas cheas de... vida. (O de mesturar substancias eruditas distintas para crear algo novo en certo modo  tómao de Borges, como se ve claramante no episodio entre os nacionalistas irlandeses, versión libre dun conto borgeano, pero a diferencia do seu admirado arxentino, hai máis vida en Pratt que nos relatos tantas veces intelectualizados de máis do bonaerense). Pretendemos ler no club de lectura deste ano o episodio irlandés comentado, pero os outros do tomo non desmerecen. Moi recomendable. (Outra vez está editado indebidamente a cor: ver parágrafo anterior).

   3) E finalmente xa temos o album do novo autor francés B. Vivès , titulado El gusto del cloro, un tomo que pide a gritos unha futura entrada específica. Se alguén ainda non coñece a este autor e este album, que se poña xa as pilas. Vivès xa non debuxa en papel, senón que tanto os trazos como as cores son vía ordenador (visita YouTube para ver a Vivès en acción), e iso nótase no propio estilo deste debuxante polo demais virtuoso. Esta historia, como a que publicou a continuación a mesma editorial sobre a relación dunha rapaza cun, digamos, amigo, permite recoñecer un tipo de relato ata agora pouco frecuente no mundo do cómic -se ben non inexistente-, pero presente no mundo do relato e do relato breve dos países occidentais nos últimos cento e pico anos. Para demorarse nunha lectura da típica historia da que esa xente que tan ben coñecemos soe dicir  "¿pero que tomadura de pelo é isto, que non pasa nada de nada en páxinas e páxinas...?". You know what I mean.

   PS: Pola súa parte o Departamento de Lingua Castelá acaba de comprar o album Sangre de mi sangre, de Lola Lorente, editado por Astiberri. Tamén en exposición das novidades da nosa biblio.