21/03/13

Convocado o XX Certame Lietrario Cambre 2013


B A S E S


PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías:

CATEGORIA A: de 12 a 14 anos

CATEGORIA B: de 15 a 18 anos

CATEGORIA C: de 19 a 26 anos
SEGUNDA.- Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e o tema libre.

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.

CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño DIN-A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, por unha soa cara; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e cinco

copias nun sobre no que figure: XX CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén datos persoais e fiscais.

QUINTA.- Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a:

Concello de Cambre – Área de Cultura e Turismo

Río Barcés, 8 - 15660 Cambre

SEXTA.- Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:

CATEGORIA A: 1º Premio: 173,00 € 2º Premio: 128,00 €

CATEGORIA B: 1º Premio: 218,00 € 2º Premio: 150,00 €

CATEGORIA C: 1º Premio: 300,00 € 2º Premio: 173,00 €

SÉTIMA.- Aos premios practicaránselles as retencións legalmente establecidas. Con carácter previo á concesión comprobarase de oficio que os premiados estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.
De non cumprir estes requisitos, han de emendarse polo premiado e acreditarse ante o concello antes do 30 de setembro de 2013. De non emendar e comunicar ao concello neste prazo, declararase a perda do
dereito ao pagamento do premio polo interesado.

OITAVA.- A data límite de entrega de traballos será o día 12 de abril de 2013.

NOVENA.- A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no Salón de Actos do instituto de secundaria IES David Buján, o día 31 maio de 2013, ás 12:30 h.

DÉCIMA.- A organización do Certame resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste sentido os autores renuncian a calquera tipo de remuneración polos dereitos de autoría.
UNDÉCIMA.- Os traballos non premiados poderán ser solicitados polos seus autores ata un mes despois de que se faga público o fallo do xurado. Aqueles que non sexan reclamados destruiranse pasado este
prazo.
DUODÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases.

A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.




Ningún comentario: