21/1/15

Exposición: "Herbario"


Esta semana, do 19 a 23 de xaneiro, podemos contemplar na biblioteca os herbarios realizados polos alumnos e alumnas de 1º ESO para a materia de CCSS- Xeografía e Hª.



Durante as vacacións de Nadal aqueles que estiveron en contacto coa natureza, recolleron especies propias da vexetación atlántica galega. Follas de carballo, castiñeiro, limoeiro, loureiro, camelias e  toxos entre outras,  componen estes fermosos herbarios.


Rosalía de Castro evoca a natureza de Galicia proxectando nela os seus estados de ánimo:

No ceo, azul crarísimo

no chan, verdor intenso;

no fondo da alma miña,

todo sombriso e negro
(…)
Cubertos de verdura

brilan os campos frescos,

 mentras que a fel amarga

rebosa no meu peito.

                        Follas Novas