19/12/18

Visitamos a Biblioteca Pública Miguel González Garcés


O martes 13 de novembro os/as alumnos/as da materia de INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN do curso 2º de ESO coñeceron o funcionamento da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, situada na cidade de A Coruña.

Na biblioteca foron recibidos por duas traballadoras da mesma que lles explicaron como acceder a ela a través de internet, lles ensinaron as diversas localizacións: biblioteca infantil, hemeroteca, fonoteca, biblioteca xeral... e tamén o procedemento para localizar libros, rexistrar o préstamo e proceder á devolución.


Expresamos o noso agradecemento ao persoal da biblioteca polo bo trato e a atención que nos adicaron.

Días despois o alumnado plasmou parte desa experiencia nuns murais na biblioteca do noso IES, ademais de amosar as bibliotecas públicas da nosa contorna.











05/12/18

Andrea Maceiras Premio Lazarillo 2018

Andrea na súa/nosa biblioteca


Andrea Maceiras, ex-alumna no noso IES acaba de recibir o importante premio Lazarillo 2018 na modalidade de Creación Literaria. O xurado acordou conceder o premio á obra Rusgalía da que é autora Andrea por seren "unha obra ben artellada e entramada cunha linguaxe poética con fermosísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción" segundo podemos ler en Babar.


Parabéns, Andrea.




01/12/18

Emma Pedreira: Besta do seu sangue

A multifacética escritora Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018, asinou a súa última obra para a nosa biblioteca. UNha obra cunha moi coidada trama narrativa e cómpre lela sen para. Moitas grazas Emma.