4/2/19

Gravando "Reporteiros viaxeiros"

  
Durante esta semana, na materia de Xeografía e Historia, os alumnos e alumnas de 1º ESO, convertéronse en reporteiros viaxeiros.

O obxectivo da actividade era repasar os climas do mundo, vexetación, fauna... e de paso, coñecer as diversas culturas e costumes de zonas tan exóticas como Indonesia, Nepal, China ou Australia, entre outros destinos. 

Primeiro, cada parella escolleu un país do mundo para visitar. A continuación, os rapaces e rapazas elaboraron os seus guións, realizaron unha pequena investigación sobre o país escollido e lugares interesantes para visitar, e tras algúns ensaios... acción e a gravar!

A biblioteca foi o escenario de toda a actividade. Alí colocamos os focos e o croma, o que nos permitirá editar o vídeo, produto  final da experiencia.

Pero o que fixo posible todo foi, sen dúbida, a imaxinación e o entusiasmo  amosado polos rapaces e rapazas.

Viaxar é un exercicio con consecuencias fatais para os prexuízos, a intolerancia e a estreiteza de mente” (Mark Twain)

O noso destino non é un lugar, senón unha nova maneira de ver as cousas” (Henry Miller)

No hay comentarios: