28/02/20

Concurso de mapas: percorrendo o mundo

Concurso de Xeografía na biblioteca: Percorrendo o mundo

Dentro do Programa 21 días en Galego e +, o alumnado de 1º ESO E, animouse a organizar un concurso de de mapas na biblioteca.

Nel participaron os diferentes grupos de 1º ESO resultando gañador o grupo de 1º ESO A., aínda que o concurso estivo moi axustado ata o final!

Os participantes tiveron que amosar os seus coñecementos en xeografía física e política.

Parabéns a todos e a todas!

19/02/20

Alfredo Gómez Cerdá no IES Afonso X O Sabio


O prolífico escritor de lieteratura xuvenil Alfredo Gómez Cerdá visitou o noso instituto para charlar coa rapazada de 4º da ESO sobre a súa última novela Ninfa rota. Unha obra fantástica que abraca temas tan actuais como a violencia de xénero, o acoso, o control nas redes sociais, a autoestima ou o amor entre adolescentes.

Foi unha charla tan distendida e amena que a todos e todas nos soupo a pouco.

Teremos pois que invitalo de novo para seguir parolando.









08/02/20

Reporteiros viaxeiros: cidades


Un ano máis volvemos co programa Reporteiros viaxeiros, este curso centrado nas cidades, os seus planos e lugares que podemos visitar nelas. É unha reportaxe realizada polo alumnado de 2º ESO A e B.

Nesta atoparedes desde cidades intelixentes ou smart cities como Viena ou Amsterdam, a cidades de nova creación que xurdiron nos desertos máis áridos como Dubai, pasando por cidades medievais (Carcassonne), renacentistas baseadas en proxectos ideais (Palmanova) a grandes metrópoles (New York, Londres, París) e megalópoles (Tokio-Yokohama). Tamén poderedes ver na reportaxe cidades curiosas como A Rinconada, a cidade situada a maior altitude do mundo.