21/11/08

Novas recomendacións de cine

Dentro das novas adquisicións da biblioteca, recomendámosvos estas cinco películas.


"14 quilómetros" é a distancia que separa o continente africano de Europa polo Estreito de Xibraltar. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en Europa porque o fame non entende de fronteiras nin de barreiras. Esta longametraxe quere achegar un pouco de luz ás sombras e que vexamos o que pasa antes de iniciar o salto.



"Juntos, nada más". Camille limpa oficinas polas noites e debuxa con arte nas súas horas libres. Philibert é un mozo aristócrata amante da historia, tímido, sensible e solitario que vive nun espazoso piso, propiedade da familia. Franck un cociñeiro tenro e varonil, quere inmensamente á súa avoa Paulette, unha fráxil anciá moi sui generis. Xuntos, aprenden a vivir en compañía, a mitigar dúbidas e penas para que cada un poida avanzar na vida e materializar os seus soños. Cobran conciencia de que a unión fai a forza.


"Cometas en el cielo". Adaptación ao cine da novela do afgán-americano Khaled Hosseini, que en 2005 foi un dos libros máis vendidos do ano en USA. A historia céntrase en como Amir (Khalid Abdalla) -o cal deixou Afganistan moitos anos atrás-, volve para descubrir que o seu mellor amigo, Hassan, está morto, e que o seu fillo necesita axuda para escapar dos talibán.



"Juno" Macguff ten 16 anos e é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo é a súa particular trincheira para esconder os seus medos e as dúbidas. A relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker acaba de deixar froito: está embarazada. Juno está soa co seu problema pero xa tomou unha decisión: terá o neno e darao en adopción.


"Vete y vive". Miles de refuxiados africanos procedentes de vinte e seis países chegan aos campamentos de Sudán. A instancias de Estados Unidos e Israel púxose en marcha un vasto proxecto (Operación Moisés) para levar aos xudeus etíopes (falashas) a Israel. Unha nai cristiá convence ao seu fillo de nove anos para que diga que é xudeu e así salvarlle da fame negra e dunha morte segura.


2 comentarios:

Sira dijo...

Excelente selección!!! un saludo, sira.

Biblioafonso dijo...

Grazas Sira. Lembra que no equipo exite un gran experto en cine e outro en banda deseñada. Tanto os dvds como os cómics están aumentando moito no uso e no préstamo polo alumnado.