31/01/23

Gañadoras concurso de cosplay

 GAÑADORAS DO CONCURSO DE COSPLAY

               Hoxe no recreo fíxose entrega dos premios ás gañadoras do primeiro concurso de cosplay, convertíndose en personaxes no manga Guardiáns da noite. Parabéns a Lúa Barboza e Noa Barbeito. Esperamos que desfrutedes da nova lectura e do vale para a cafetería:



Concurso día da muller e nena na ciencia

 CONCURSO AS MULLERES E NENAS NA CIENCIA

        Este ano, para conmemorar o día da muller e nena na ciencia, estamos organizando desde a biblioteca un concurso que se celebrará o venres 10 de febreiro nos recreos de Secundaria na que teredes que demostrar o voso coñecemento das científicas.



30/01/23

30 xaneiro: día da paz e a non violencia

 DI NON Á VIOLENCIA!        

        Na celebración do día da paz non se nos ocorre mellor forma de propagar a paz entre o alumnado que repartindo as nosas mochilas viaxeiras viaxeiras (incluídas no programa Lectura e familias)  cunha selección de lecturas e películas para desfrutar en familia e que desenvolven ideais para vivir nunha sociedade que rechace a violencia e acepte a todo o mundo por igual:

         Ademais, incluímos unha libreta para que podades anotar as vosas reflexións e as das vosos familiares. Na biblioteca, impórtanos moito as vosas opinións e esperamos que desfrutedes desta actividade en compañía que retomamos con tanta ilusión.





30 xaneiro: día da ilustración e Castelao

 DÍA DA ILUSTRACIÓN

         Este 30 de xaneiro queremos deternos na importancia da ilustración na literatura. Álbums ilustrados, bandas deseñadas ou mangas, entre outros, cada vez teñen máis presenza nas nosas lecturas. 

         Sen embargo, aínda hai moito prexuízo que temos que romper. Para que podades adentrarvos no mundo da banda deseñada e rompelos, fixemos unha selección de títulos colocados na porta da biblioteca. Ademais, se non atopades o que vos interesa ou necesitades axuda, sempre podedes entrar á biblioteca. Nós estaremos encantadas de falar de libros con vós.


        Ademais, este foi o día que a Xunta seleccionou conmemorar na súa décima edición o nacemento de Castelao en Galicia. Por iso, comeza no noso centro a semana de Castelao gracias ao traballo de dinamización lingüística e o departamento de galego. Podedes visitar a exposción das súas obras e dos traballos do alumnado interpretándoas:



27/01/23

27 xaneiro: día en memoria das vítimas do Holocausto

 APRENDER DA HISTORIA PARA NON COMETER OS MESMO ERROS

        Hoxe é o día no que se conmemora a liberación en 1945 dos prisioneiros do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwittz-Birkenau (Polonia) por parte das tropas soviéticas. En novembro de 2005, esta data foi proclamada oficialmente día Internacional en Memoria das Vítimas de Holocausto. En tempos tan complexos como os que nos tocou vivir, consideramos que é fundamental coñecer a historia para non cometer os mesmos erros no futuro. Desde a biblioteca, suxerímosvos unha serie de lecturas duras, aínda que necesarias para poder coñecer os horrores da II Guerra Mundial:



13/01/23

Gañadoras concurso Nadal

 GAÑADORAS DO CONCURSO DE NADAL

          Hoxe no recreo fíxose entrega dos premios do concurso de árbores con libros. Aínda que a competición estivo moi reñida, finalmente as gañadoras foron Sara Moreno, NAtalia Cañas e Sofía Ces. Esperamos que desfrutesdes do premio.