25/11/19
25 de Novembro: contra a violencia de xénero
12/11/19
Lugares para soñar
Ata o día 15 de novembro podedes visitar na biblioteca do
noso centro a exposición “Lugares para
soñar”.
Está composta polos traballos sobre as formas de relevo, o
clima e a vexetación, aspectos estudados na materia de Xeografía de 1º e 2º
ESO.
Escarpados cantís onde bate o mar, cumios xeados das grandes cordilleiras do
planeta, extensións de fina area dourada, densas selvas das que xorden
xigantescas pirámides feitas polo home, illas paradisíacas, xeos en paraxes
silenciosos... Son, todas elas, fermosas
paisaxes que xa formarán parte dos vosos soños.
10/11/19
Novo club de lectura sobre obras de Primo Levi:
Ola. O Departamento de filosofía, como outros anos atrás, abre este curso de 2019-20 o seu novo club de lectura composto por cinco persoas (dúas alumnas
e tres alumnos, todos de distintos grupos de primeiro de bacharelato).
Leremos as dúas primeiras obras da famoso Triloxía de Auschwitz, de Primo Levi.
O xoves pasado tivemos xa a nosa primeira reunión para falar dos capítulos 1-5 de Se isto é un home/Si esto es un hombre.
Queremos aproveitar para dar a coñecer o noso blog por se alguén desexa unirse algunha vez á nosa lectura vía internet. Moitas gracias:
https://siestoesunhombrelatreguadefilax.blogspot.com/
e tres alumnos, todos de distintos grupos de primeiro de bacharelato).
Leremos as dúas primeiras obras da famoso Triloxía de Auschwitz, de Primo Levi.
O xoves pasado tivemos xa a nosa primeira reunión para falar dos capítulos 1-5 de Se isto é un home/Si esto es un hombre.
Queremos aproveitar para dar a coñecer o noso blog por se alguén desexa unirse algunha vez á nosa lectura vía internet. Moitas gracias:
https://siestoesunhombrelatreguadefilax.blogspot.com/
08/11/19
Samaín 2019
Hoxe o medo
chegou á biblioteca para rematar a celebración do Samaín coa entrega de premios
dos dous concursos propostos na ESO.
Antes de
desvelar as premiadas Xabier Docampo prestounos o seu EU TEÑO MEDO... para
poñernos en situación. Despois fixemos entrega dos premios á PORTA MÁIS
TERRORÍFICA, a clase afortunada foi 2ºA, parabéns!!!!! Esta elección vén dada
polo medo que daba a porta, pola incorporación de elementos tradicionais como o
urco e da fantástica posta en escena acorde coa porta.
Como os traballos eran
terrorificamente magníficos decidimos, por unanimidade, conceder un accésit a
2º B.
A
continuación desvelouse o primeiro premio do concurso de RELATOS DE MEDO de 3º
e 4º da ESO. A afortunada foi Lena Fachal Alonso de 4ºA. Parabéns!!!
Grazas pola
vosa participación, polo entusiasmo e polo esforzo. Vémonos no próximo
Samaín!!!!
06/11/19
Exposición: "50 anos do gran paso"
A Biblioteca en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia organiza, durante o
mes de novembro, a exposición “50 anos do gran paso” para conmemorar a chegada
da humanidade á Lúa.
A Exposición iníciase cun gran “photocall” seguida dunha
mostra de maquetas alusivas ao evento realizadas polo alumnado de 1º da ESO na
materia de Lingua e Literatura Galega. Posteriormente pódense contemplar dez
grandes paneis nos que se recolle información, tal como: os proxectos
americanos Geminis, Apolo; a nova da chegada á Lúa na prensa mundial; as
principais persoas protagonistas; a carreira espacial da URSS; a muller (e o
machismo) na carreira espacial ou mesmo os filmes nos que o espazo é
protagonista.
As visitas guiadas do alumnado van acompañadas dunha ficha
de actividades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)