27/10/21

"Negrísima": o itinerario do novo clube de lectura

 

 

Este curso 2021-2022 nace un novo clube de lectura no IES Afonso X O Sabio. Está dirixido a nais, pais e docentes e a temática elixida é a novela negra.  Un xénero que engancha!

Presentámosvos nesta entrada o itinerario lector que seguiremos mes a mes. 

Con Negrísima" propoñemos un itinerario policíaco e de misterio que abarca escenarios moi diferentes: desde os países escandinavos a Galicia, pasando polos escuros canais da noite veneciana e pola calma da campiña inglesa. Rematamos no sur de Europa, co sol e a gastronomía de Sicilia.

Temos unha reunión para comentalo e desgranalo o derradeiro martes de cada mes na biblioteca do noso IES. Seguro que podedes aportar moito! Animarvos a vir!


22/10/21

Un ano máis: Lugares para soñar


 

O alumnado de 2º ESO protagoniza esta exposición sobre lugares maravillosos que non nos quedan moi lonxe... 

As Illas Cíes, a lagoa de Valdoviño, a illa de Cortegada, os canóns do río Sil ou os lagos de Covadonga, entre outras maravillas naturais, forman parte desta exposición que realizamos desde a materia de Xeografía. 

"Lugares para soñar"  estará aberta ao público ao longo do mes de outubro. 


 

11/10/21

O Rei Sabio: 800 anos do seu nacemento

 


Este ano, 2021, conmemoramos o 800 aniversario do nacemento do rei Afonso X O Sabio. Como IES que leva o seu nome, o alumnado do curso pasado de  2º de ESO levaron a cabo unha reportaxe en vídeo sobre esta figura histórica. 

Os afonso- reporteiros  informan sobre a Plena Idade Media, a época na que viviu o Rei Sabio, así como a súa biografía e a súa obra. Esta foi moi prolífica, abarcando diversas ramas do saber e  destacando a súa obra poética-musical, as Cantigas de Santa María.

A reportaxe contempla un roteiro polos lugares cercanos a Cambre que están  ligados á figura do rei: a vila medieval de Pontedeume, o mosteiro de Caaveiro e de Monfero e o museo de As Mariñas en Betanzos. 

Os afonso reporteiros son: Heba, Adriana, Andrea, Noa, Hugo, Alejo, Paola, Nerea, Alejandra e Lautaro. Todos eles son alumnos e alumnas de 3º ESO neste curso que acaba de comezar.

Algúns dos momentos da gravación: 





04/10/21

Benvida ao novo alumnado!

 

Damos a benvida ao novo alumnado de 1º da ESO recén chegado ao IES Afonso X O Sabio. 

A través dun vídeo, os afonso-reporteiros realizan un percorrido presentando os diferentes espazos do centro.  Deixámonos guiar por Roque, Candela, Gael, Paula, Carlos, Natalia  e Pedro para descubrir todos os rincóns: desde o vestibulo aos patios de recreo, pasando pola biblioteca, as aulas e mesmo pola cafetería.

É Paula Ferreiro, de 4º da ESO, a encargada de  presentarmos a biblioteca, un lugar de estudo e tamén un espazo onde levaremos a cabo moitas actividades neste curso 2021-2022 que comeza xa. 

O noso obxectivo é converter a biblioteca nun espazo lúdico onde o traballo e a diversión van da man. 

Este ano 2021 é especial para o noso IES, xa que conmemoramos o 800 anos do nacemento do rei Afonso X. Por iso, a figura do Rei Sabio, é o fío condutor desta reportaxe de benvida. 

Os afonso- reporteiros explícannos quen foi Afonso X, a súa obra e relevancia  na Idade Media. 

Desfrutade!