25/04/22

Cartas desde a trincheira


Cartas desde a trincheira é o resultado dun proxecto colaborativo entre os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura castelá. 

O froito desta colaboración é a exposición de cartas realizadas polo alumnado de 4º ESO e que amosamos a partir desta semana na biblioteca do centro. 

A I Guerra Mundial desenvolveuse principalmente entre as trincheiras. O alumnado tivo que meterse na pel daqueles soldados, enfermeiras ou médicos que narran as súas vivenzas a través das cartas enviadas aos seus seres queridos desde as trincheiras. 

Nesta actividade de transformismo histórico, o alumnado emapapouse, para a súas creacións, de vídeos sobre a vida nas trincheiras, de fontes reais da época, ademaís da da exposición sobre a I Guerra Mundial realizada en 2018 polo departamento de Historia, cando se cumprían os cen anos dun acontecemento que mudou a historia de Europa. 

Amosamos aquí algunhas destas cartas:

Cartas ás súas familas, aos seus amadas e amados, que contan a vida nestes buratos donde transcurría a vida entre as ratas, buratos donde o medo e  a morte estaban moi presentes.

04/04/22

Negrísima: O xogo do escondite

 

 La gran mentira de Patricia Highsmith | Babelia | EL PAÍS

 Novo encontro do club de lectura de nais, pais e profesoras do Afonso X O Sabio. Hoxe comentamos a lectura deste mes, O xogo do escondite, unha obra de suspense psicolóxico dunha das escritoras máis significativas da novela negra, Patricia Highsmith.

Aínda que na obra desta autora non atopamos aos solitarios detectives ou inspectores de policía  que protagonizaban as novelas lidas neste curso en "Negrísima", como Leo Caldas, Wallander ou Erlendur.  Polas obras de Highsmith pululan personaxes amorais, estafadores ou asasinos que nunca son descubertos.

Peggy acábase de suicidar en Mallorca. O seu pai, Coleman, e o seu viúvo, Ray, teñen un encontro violento en Roma.  Coleman culpa ao seu senro da morte de Peggy. Comeza unha persecución e un xogo macabro entre eles no que os canles e as rúas de Venecia convértense nuha trampa. 

Na obra de Highsmith mestúranse a mentira, a culpa e as complexas relacións humanas. Así mesmo, Highsmith fai un retrato da opulenta sociedade americana fronte ao estrato social máis baixo, o dos pescadores venecianos  que viven practicamente na miseria.

Calles de Venecia HD fondos de pantalla descarga gratuita | Wallpaperbetter

Agobiante novela que amosa a pasividade e superficialidade dunha clase adiñeirada e hedonista que viaxa á Europa nos anos 50 e 60. 

Patricia Highsmith é autora de "Estranos nun tren", da serie de libros de Ripley e de obras como Carol, obras levadas con gran éxito ao cine.