22/12/21

Exposición "Afonso X e Galicia"

 


No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do nacemento de Afonso X (Toledo, 23 de novembro de 1221-Sevilla, 4 de abril de 1284), rei de Castela, León e Galicia (1252-1284).

Por todo iso, os departamentos de Xeografía e Historia, Música e Lingua Galega prepararon a exposición “Afonxo X e Galicia” no recibidor do centro educativo que se pode contemplar durante o mes de decembro. A Biblioteca facilitou o soporte documental así como bibliografía sobre Afonso X. Ademais o departamento de Informática colabou no deseño da mesma e no parcapáxinas conmemorativo



A relación do Rei Sabio coa nosa terra está longamente documentada, xa sexa desde a súa infancia, xa con respecto aos contenciosos que mantivo co cabido compostelán ou no relativo ás súas relacións literarias e persoais con trobadores galegos da súa época.

O monarca escolleu a lingua galega para a redacción das Cantigas de Santa María, un dos monumentos medievais máis importantes da lingua e da cultura galegas, así como da literatura e da música medievais europeas. A obra científica, xurídica, histórica e cultural afonsina foi clave para a estratexia internacional do seu proxecto político, o denominado fecho del Imperio, e para a súa relación co papado.




Os testemuños literarios do corpus mariano afonsino referidos a Galicia e á peregrinaxe compostelá son un documento inescusable para coñecer o pasado medieval galego, para a súa historia e para a súa cultura.

 Ademais alumnado do departamento de Música prepararon os seguintes vídeos:


08/12/21

10-D: Día dos Dereitos humanos

                                https://historiaycomic.files.wordpress.com/2014/09/libro-olympe-de-gouges.jpg

 

O vindeiro venres 10 de decembro conmemoramos o Día dos Dereitos Humanos. Tal día coma este, no ano 1948, a Asamblea Xeral da ONU proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.  Foi, tras os horrores vividos na II Guerra Mundial, cando viuse a necesidade de protexer os dereitos fundamentais das persoas no mundo enteiro. 

Este ano, no noso IES,  conmemoramos o Día dos Dereitos humanos a través da figura de Olimpia de Gouges.

Olimpia de Gouges tivo un papel sobresaínte durante a Revolución francesa. Redactou a Declaración dos Dereitos da Muller  e da Cidadá en 1791 seguindo o modelo da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán dese mesmo ano, pero incluíndo á muller. 

Olimpia de Gouges considérase a primeira feminista da historia xa que no seu texto busca a igualdade de homes e mulleres. 

Olympe de Gouges, femme engagée, esprit libre

Cando casou, negouse a levar o apelido do seu home, Así mesmo, foi unha gran defensora da abolición da escravitude e mostrouse contraria á pena de morte. As súas ideas a levaron á guillotina durante o goberno de Robespierre e os xacobinos. 

Seguro que vos resulta interesante ler a novela gráfica de Catel e Boquet que recrea a vida e a época de Olimpia de Gouges, unha muller adiantada á súa época.


30/11/21

Novela negra desde Islandia

 


Esta tarde tivo lugar a primeira sesión de "Negrísima" dedicada á novela negra nórdica. "La mujer de verde" de Arnaldur Indridasson foi o libro co que iniciamos o itinerario lector deste curso. 

Nais, pais e docentes do IES Afonso X O Sabio reunímonos na biblioteca do centro para analizar e desmenuzar a trama desta novela que se desenvolve polas rúas da Reiquiavic. A partir do descubrimento duns ósos no barrio do Milenario, o pasado e o presente entremézclanse no caso que debe resolver o detective Erlendur Sveinson xunto aos seus axudantes Elinborg e Sigurdur Oli.

Os membros do clube resaltaron a paisaxe xélida e hostil  sempre presente na obra así como o fenómeno das ventiscas... Sabedes que gran parte da poboación de Islandia ata hai uns anos tiña algún coñecido ou familiar que desapareceu nunha vestisca de neve?

A través do seguinte vídeo podemos imaxinarnos os diferentes escenarios onde transcorre a acción na que o maltrato, a violencia e os "asasinatos de almas" están moi presentes. Grazas ao poeta galego afincado en Islandia Elías Portela alias Elias Knorr, foron posibles estas imaxes:


E de Islandia á ría de Vigo. O seguinte título de "Negrísima" será "Ollos de auga" do autor galego Domingo Villar. 

Vémonos  o último martes de xaneiro a partir das 18.15 h na biblioteca do IES Afonso X O Sabio. 

Grazas pola vosa participación!

08/11/21

I concurso de fotografía Imaxes pola igualdade

 I CONCURSO  de  FOTOGRAFÍA

IMAXES POLA IGUALDADE

          Este ano para loitar contra a violencia machista e promover a igualdade organizamos desde a             Bilioteca un concurso de fotografía dirixido a todo o alumnado (Secundaria, FPB, Bacharelato e             ciclos).


          Para participar, teredes que facer unha fotografía que:

  • denuncie dalgún xeito a violencia contra as mulleres. 
  • mostre que existe igualdade entre xéneros.
         Animádevos a participar. Tedes ata o 25 de novembro para enviar as vosas fotografías ao correo        biblioteca@iesafonsoxcambre.com

         As fotografías serán expostas na biblioteca e un xurado composto por menros da biblioteca                decidirá os gañadores.        


   


        

27/10/21

"Negrísima": o itinerario do novo clube de lectura

 

 

Este curso 2021-2022 nace un novo clube de lectura no IES Afonso X O Sabio. Está dirixido a nais, pais e docentes e a temática elixida é a novela negra.  Un xénero que engancha!

Presentámosvos nesta entrada o itinerario lector que seguiremos mes a mes. 

Con Negrísima" propoñemos un itinerario policíaco e de misterio que abarca escenarios moi diferentes: desde os países escandinavos a Galicia, pasando polos escuros canais da noite veneciana e pola calma da campiña inglesa. Rematamos no sur de Europa, co sol e a gastronomía de Sicilia.

Temos unha reunión para comentalo e desgranalo o derradeiro martes de cada mes na biblioteca do noso IES. Seguro que podedes aportar moito! Animarvos a vir!


22/10/21

Un ano máis: Lugares para soñar


 

O alumnado de 2º ESO protagoniza esta exposición sobre lugares maravillosos que non nos quedan moi lonxe... 

As Illas Cíes, a lagoa de Valdoviño, a illa de Cortegada, os canóns do río Sil ou os lagos de Covadonga, entre outras maravillas naturais, forman parte desta exposición que realizamos desde a materia de Xeografía. 

"Lugares para soñar"  estará aberta ao público ao longo do mes de outubro. 


 

11/10/21

O Rei Sabio: 800 anos do seu nacemento

 


Este ano, 2021, conmemoramos o 800 aniversario do nacemento do rei Afonso X O Sabio. Como IES que leva o seu nome, o alumnado do curso pasado de  2º de ESO levaron a cabo unha reportaxe en vídeo sobre esta figura histórica. 

Os afonso- reporteiros  informan sobre a Plena Idade Media, a época na que viviu o Rei Sabio, así como a súa biografía e a súa obra. Esta foi moi prolífica, abarcando diversas ramas do saber e  destacando a súa obra poética-musical, as Cantigas de Santa María.

A reportaxe contempla un roteiro polos lugares cercanos a Cambre que están  ligados á figura do rei: a vila medieval de Pontedeume, o mosteiro de Caaveiro e de Monfero e o museo de As Mariñas en Betanzos. 

Os afonso reporteiros son: Heba, Adriana, Andrea, Noa, Hugo, Alejo, Paola, Nerea, Alejandra e Lautaro. Todos eles son alumnos e alumnas de 3º ESO neste curso que acaba de comezar.

Algúns dos momentos da gravación: 





04/10/21

Benvida ao novo alumnado!

 

Damos a benvida ao novo alumnado de 1º da ESO recén chegado ao IES Afonso X O Sabio. 

A través dun vídeo, os afonso-reporteiros realizan un percorrido presentando os diferentes espazos do centro.  Deixámonos guiar por Roque, Candela, Gael, Paula, Carlos, Natalia  e Pedro para descubrir todos os rincóns: desde o vestibulo aos patios de recreo, pasando pola biblioteca, as aulas e mesmo pola cafetería.

É Paula Ferreiro, de 4º da ESO, a encargada de  presentarmos a biblioteca, un lugar de estudo e tamén un espazo onde levaremos a cabo moitas actividades neste curso 2021-2022 que comeza xa. 

O noso obxectivo é converter a biblioteca nun espazo lúdico onde o traballo e a diversión van da man. 

Este ano 2021 é especial para o noso IES, xa que conmemoramos o 800 anos do nacemento do rei Afonso X. Por iso, a figura do Rei Sabio, é o fío condutor desta reportaxe de benvida. 

Os afonso- reporteiros explícannos quen foi Afonso X, a súa obra e relevancia  na Idade Media. 

Desfrutade!

30/09/21

VOLVEN OS CLUBES DE LECTURA

 VOLVEN OS CLUBES DE LECTURA

¿Atréveste a descubrir novos mundos? 

Apúntate a algún dos nosos clubes de lectura:






    • Clubes de literatura e cine: dirixidos ao alumnado de toda a Secundaria e 1º BACH e coordinado por Iria Collantes (profesora de lingua castelá e literatura).
    • Clubes de manga: dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por  Estefanía Fernández, Pablo Orgeira e Iria Collantes (profesores de lingua Historia e Lingua castelá).
    • Clube de literatura universal: dirixido ao alumnado da materia de Literatura Universal de 1º BACH coordinado por Rosa Maceiras (profesora de lingua castelá e literatura).
    • Clube de artes escénicas: dirixido ao alumnado da materia Artes escénicas e danza de 4º ESO e coordinado por Beatriz Alonso (profesora de Música).
    • Clubes O bosque animado: dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por Cristina Montes e Iria Collantes (profesoras de Lingua Castelá)
    • Clube LGT: dirixido ao alumnado de ESO e BACH e coordinado por Begoña Lourido (profesora de Francés)
    • Clube de adultos: dirixido aos pais do alumnado do centro e ao profesorado. Será coordinado por Isabel González (profesora de Historia)

    Seguro que entre tanta variedade hai algún que vos interesa. Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.

                    Tamén podedes mandar un correo a biblioteca@iesafonsoxcambre.com