27/09/23

Parabéns Yolanda

 PREMIO NACIONAL DE POESÍA




            A poeta galega Yolanda Castaño foi galardoada co premio nacional de poesía que outorga o Ministerio de Cultura e Deportes pola súa obra Materia. O xurado valorou "a poderosa proposta poética na que cada estado da materia exrpésase cun tono propio cunha extraordinaria forza vocativa e sensorial". Este premio non fai máis que constatar que a lírica galega actual atópase nun momento excepcional pois é o segundo ano que un dos nosos poetas recibe tal honra.

          Esta obra que explora maternidad, familia e costumes estivo entre as nosas adquisións do ano pasado. Achégate á  biblioteca para poder disfrutar dela. Tamén podes desfrutar do premio nacional do ano pasado Ismael Ramos. 

25/09/23

Campaña voluntarios

            BÚSCANSE VOLUNTARI@S 

       Outro ano máis queremos dar a oportunidade a todo o alumnado do centro a traballar como voluntari@s e así facer da biblioteca algo máis próximo a todos vós. 



          Seguro que coa vosa colaboración todo funcionará aínda mellor! Pasade en calquera dos recreos pola biblioteca e anotádevos. A biblioteca necesítavos!

18/09/23

Volven os clubes de lectura

 Estamos de volta!



      Un ano máis os clubes de lectura queren forma parte da túa vida. Entre a variedade de clubes que propoñemos este curso desde a Biblioteca, seguro que atopas algún do que queras formar parte: 

o    Clubes de literatura e cinedirixidos ao alumnado de toda a Secundaria e Bacharelato e coordinado por Iria Collantes (profesora de lingua castelá e literatura).

o    Club Apología de un matemático: dirixido ao alumnado de Matemáticas Académicas de 4º ESO e 1ª BACH e coordinado por Eduardo Dorrego (profesor de Matemáticas).

o    Clubes de mangadirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por  María Jesús Domínguez e Estefanía Fernández (profesores de Música e Historia).

o    Club de literatura universaldirixido ao alumnado de 1º BACH coordinado por Rosa Maceiras (profesora de lingua castelá e literatura).

o    Club de artes escénicas: dirixido ao alumnado da materia Artes escénicas e danza de 4º ESO e coordinado por Beatriz Alonso (profesora de Música).

o   Clubes ecléticos O bosque animadodirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Historia) e Iria Collantes (profesora de Lingua Castelá)

o    Clube LGTBIQ+dirixido ao alumnado de ESO e BACH e coordinado por Graciela Fiaño Cacheda (Departamento de Orientación)

o    Clube de adultosdirixido ás nais e pais do alumnado do centro e ao profesorado. Será coordinado por Susana Vicente (profesora de Latín)

o    Clube de literatura universal: dirixido ao alumnado da materia de Literatura Universal de 1º BACH coordinado por Rosa Maceiras (profesora de lingua castelá e literatura).

o  Club de poesía: dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por Iria Collantes (profesora de Lingua castelá)

        Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.

         Tamén podedes mandar un correo da biblioteca indicando nome, apelidos, curso e clube no que estás interesado en participar.

 

15/09/23

Xa estamos abertos

 VOLVEMOS CON MOITAS GANAS

          Despois dun merecido descanso, as portas da nosa biblioteca xa están abertas e comenzamos o curso con moitas ganas. Estamos encantados de que a reapertura tivera tan boa acollida entre o alumnado. Moitísmas gracias por vir durante todos os recreos e facer da biblioteca un espazo vivo:


          Ademais, o equipo da biblioteca estamos preparando moitas actividades de diversa índole para este curso. Estade moi atentos 😉

30/06/23

PECHADO POR VACACIÓNS


        Pechamos as portas da nosa biblioteca ata o próximo curso. Queremos dar as grazas a todo o alumnado, a toda a comunidade educativa e ás familias pola vosa participación e implicación que conseguiron converter a nosa biblioteca nun lugar seguro e vivo no que non só se está, senón que tamén se fala, comparte e aprende sobre libros e sobre a vida en xeral. 
        Queremos facer unha mención especial a todo o alumnado que participou no programa de voluntariado na biblioteca pois, gracias ao voso traballo e dedicación, podemos sentir que a biblio é de todos. En setembro, poderedes recoller o voso diploma de acción voluntaria na biblioteca escolar.
        Vémonos en setembro. Desfrutade de lecturas refrescantes este verán 😉

22/06/23

Nós tamén entendemos

       A LOITA TEN QUE CONTINUAR!

       O 28 de xuño celébrase o día internacional do Orgullo LGTBIQ+. Desde a biblioteca queremos reinvidicar a importancia de visibilizar todas as realidades para que podamos crecer como sociedade e non retrocedamos nos dereitos que xa se conseguiron. 

        Ademais, tal e como di Ursula K. Leguin, consideramos que "lemos libros para descubrir quenes somos" e para comprender aos demais. Por iso, plantexamos as seguintes lecturas que se fixeron este ano no club de lectura LGTBIQ+, ademais doutras suxestións plantexadas polos seus membros. 


        Tamén, sumámonos a iniciativa das Bibliotecas Municipais de A Coruña "As municipais entenden". Pasade pola páxina web e dade a vosa opinión:

 


20/06/23

O máis lector

 SER O MÁIS LECTOR TEN RECOMPENSA

        Hoxe no recreo fixemos entrega dun merecido agasallo ao lector máis fiel da nosa biblioteca: Joel Aroca de 4º ESO. Moitas gracias por vir tantas veces a visitarnos á biblioteca e levar tantos e tan bos empréstitos neste curso. 


19/06/23

Lectura e familias: podcast e libros

FALANDO DE LIBROS NAS ONDAS

      Como estamos chegando ao final do curso, queremos compartir con vós algúns dos podcast que fixemos nos clubes de lectura gracias a nosa participación no programa de Lectura e Familias. Neles poderedes atopar recomendacións lectoras para este verán e poderedes coñecer figuras tan importantes da literatura como Lorca:

      Esperamos que desfrutedes da escoita tanto como nós desfrutamos da grabación. Ademais, se vos chama a atención isto da radio estade atentos o próximo ano porque estamos a preparar sorpresas moi interesantes que necesitarán da vosa colaboración.



16/06/23

Concurso cálculo mental

 CONCURSO DE CÁLCULO MENTAL

        Outro ano máis celeboruse no día de hoxe na biblioteca o concurso de cálculo mental. O profesorado de Matemáticas puxo a proba a axilidade mental do noso alumnado de Secundaria. Encántanos ver as vosas mentes en funcionamento.


        En breves, o departamento de Matemáticas dará a coñecer os gañadores. Estade moi atentos!

Prepara as lecturas do verán

 DESFRUTA DO VERÁN LENDO

      Non hai mellor forma de pasar o tempo de lecer deste verán que unha boa lectura. Por iso, prepara os teus empréstitos para estas vacacións. Por se non se che ocorre ningunha idea, dexámosche as nosas suxestións veraniegas tanto para ler como para escoitar e xogar en familia:



       Esperamos que vos gusten e pasedes pola biblioteca a levaros moitas lecturas. 


Revisa na casa

 DEVOLVE OS LIBROS DA BIBLIOTECA!

        Revisa na túa casa se tes algún libro da biblioteca e, se é saí, devólveo. Non formes parte do listado de morosos. É preciso que todos colaboremos para o correcto funcionamento de empréstitos da nosa biblioteca.  

15/06/23

Valora a nosa biblioteca

 A TÚA OPINIÓN IMPORTA

     Este curso está chegando ao seu fin e queremos facer balance desde a biblioteca do funcionamento da mesma. Por iso, pedimos a vosa colaboración. Queremos saber a vosa opinión sobre a biblioteca e, para iso, pedimos que cubrades a seguinte enquisa

        Todo o equipo da biblioteca agradecemos a vosa axuda para seguir mellorando.

14/06/23

Lectura e familias: obradoiro con Xulia Pisón

   EXPRÉSATE A TRAVÉS DA ILUSTRACIÓN

        Onte tivo lugar a última sesión do programa Lectura e familias. Non houbo mellor maneira de pechar este curso que coa presenza de Xulia Pisón, que desenvolveu con gran maestría o obradoiro de ilustración. Neste tempo que se nos fixo moi curto, ensinounos a expresarnos a través da ilustración. Tanto os membros dos clubs de lectura como as familias que se achegaron a este obradoiro aprendemos moitos trucos grazas a Xulia e comprendemos que o debuxo é un bo canle para poder expresar todo aquilo que non somos capaces de manifestar doutro xeito.


         Moitísmas gracias a Xulia e a todos os que vos achegastedes a biblioteca para participar neste incrible obradoiro.    

13/06/23

Fin de curso dos clubs de lectura

PECHE DOS CLUBS DE LECTURA POR VACACIÓNS!

        No día de hoxe festexamos por todo o alto que o curso chega ao seu fin cunha gran festa na biblioteca con gran parte do alumnado que forma parte dos diferentes clubs de lectura. Non había mellor forma de facelo que pasando tempo xuntos. Por vós, rompemos as normas e comemos dentro da biblioteca en boa compañía. Este foi un bo momento para poder intercambiar entre nós suxestións lectoras para o verán. xa tomamos boa nota delas 😉

        Ademais, como sabemos que non podedes estar sen facer nada, preparamos un obradoiro para facer a vosa propia varita máxica e outro de lettering para poder mellorar a presentacións dos vosos cadernos de lectura.


         Tamén, pasamos moi bos momentos probando todos os novos xogos que forman parte da ludoteca da biblioteca. Non hai mellor forma de saber se foron boa selección.



         Por último, para poder agradecervos a vosa implicación tanto no desenvolvemento das sesións dos clubs como nas actividades que plantexamos desde a biblioteca, queríamos facervos un agasallo para que vos lembredes de nós sempre que tomadedes unha bebida quente mentres que ledes.



        A vosa cara de felicidade é o que nos motiva para convertir a biblioteca de noso centro nun espazo vivo. Moitísimas gracias por todo. Desfrutade do verán e vémonos o próximo curso.

10/06/23

Lectura e familias: Roteiro sensitivo

DE PASEO CON ANTONIO M. FRAGA

        No día de hoxe activamos todos os nosos sentidos para acompañar a Antonio M. Fraga polas ubicacións na que se desenvolve a súa obra Santoamaro, que lemos en varios dos clubs de lectura. Comezamos este roteiro na estatua de Portier no Campo da Leña. Alí propúxonos unha viaxe intensa que percorreu as sensación que os doce personaxes da sua obra acumularon ao longo do seu verán para interpretar colectivamente a súa historia.



       A segunda parada foi no Barco de papel, lugar onde naceu este verán que describe na súa obra entre panos de papel, un termo de café e un calefactor de butano en pleno inverno. Alí comezamos co sentido do gusto para levar o verán a ese cuarto de inverno. Invitounos a sementes de xirasol pois sempre as asociou ao verán e á adolescencia. Entre o triscar das cáscaras, avanzamos ata a seguinte parada deste roteiro.

        No Campo de Marte, tivemos que activar o sentido do olfato para poder asociar unha estación por cada caixa de olor que nos entregou. 

         Continuamos a nosa andaina sensorial cara á praia de Santo Amaro ao longo da rúa da Torre ate o Paseo Marítimo. Alí paramos nun miradoiro improvisado desde o cal tíñase nunha perspectiva completa do escenario de Santoamaro. Ademais, entregounos fotografías que falan da historia desta paisaxe e de como a acción do ser humano cambiouna orremisiblemente. 

        A quinta parada foi na curva do Club do Mar. Esa foi a ubicación escollida para falar do sentido do ouvido pois a música ten unha importante presenza nesta obra. Ademais, de escoitar a canción Tijeras que se menciona no libro, Antonio Manuel invitounos a engadir cancións a esa playlist que creou coa banda sonora da novela. 

       A derradeira parada foi na praia de Santo Amaro, o único escenario da obra. Alí convidounos a esquecer o frío e descalzarnos para sentir o tacto da area nas plantas dos pés pois ese tacto é unha das sensacións que asociamos co verán. Ademais, vaciamos tres botellas con area de tres parias que para el foron importantes (Oza, Cabanas e Centroña) para completar o ritual mentres que lía un derradeiro texto co que pechamos a andaina.

        Foi unha experiencia marabillosa na que desfrutamos da compañía de Antonio M. Fraga e deste viaxe sensitivo. Moitas grazas a Antonio e a todos os membros dos clubs de lectura e familias que viñeron este sábado con nós.         


08/06/23

Xornadas de portas abertas

CON MOITAS GANAS DE QUE FORMEDES PARTE DO NOSO CENTRO!

     Hoxe viñeron a visitarnos desde os CEIP Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez os nosos futuros alumnos. Para que coñezan o que será o seu novo centro organizáronse diversas actividades nas que participou toda a comunidade educativa. 

    Non hai mellor forma para saber desenvolverse nas nosas instalacións que facer unha xincana ambientada no mundo de Iggy e Mario Bros. Entre as diversas paradas que tiveron que facer para conseguir os obxectos máxicos que lles darían poderes para volver ao mundo real, estivo a nosa biblioteca.

        Ademais, en xuño recibiremos a todas as familias e saí poder amosarlles o ben que estaredes no noso centro. Esperamos que levárades tan boa impresión coma nós. 

06/06/23

Lectura e familias: Encontro con Antonio M. Fraga

 ENCONTRO CON ANTONIO M. FRAGA

        


        No día de hoxe tivo lugar na biblioteca do noso centro outra sesión do programa Lectura e familias na que nos acompañou o escritor Antonio Manuel Fraga para falar da súa novela Santoamaro. A este encontro non só viñeron familias, senón que tamén aproveitaron esta oportunidade membros dos clubs de literatura comparada e adultos. Tivemos unha charla moi amena na que nos explicou cal foi o proceso creativo que tivo como resultado este híbrido entre narrativa e teatro. Ademais, pudemos facerlle miles de preguntas sobre os personaxes e a acción de Santoamaro.

        

        Desde a biblioteca, queremos agradecer a Antonio que nos fixera pasar tan bo rato falando de literatura. Ademais, todo isto non sería posible se non se involucraran as familias e o alumnado. Moitas gracias a todos pola vosa asistencia. Lembrade que o próximo sábado en A Coruña terá lugar o roteiro sensitivo relacionado con esta lectura. Esperamos que vos apeteza vir con nós.

01/06/23

Encontro con Eva Mejuto

 ENCONTRO CON EVA MEJUTO

        No día de onte tivemos o pracer de poder conversar coa escritora Eva Mejuto sobre a súa obra A ladroa da biblioteca de Meirás, lectura que fixemos no club de literatura comparada de Secundaria e FPB. Puidemos plantexarlle todas as dúbidas que apareceron ao debatir sobre a súa obra e darlle a coñecer as nosas impresións sobre o seu estilo de escrita e a historia. Ademais, ela contounos multitude de datos curiosos sobre o pazo de Meirás e Emilia Pardo Bazán. 

        Moitísimas gracias a Eva Mejuto pola súa visita. Sempre é un pracer conversar contigo. Estamos desexando que volvas ao noso centro.      

29/05/23

Os clubs de lectura na ExpOtaku 2023

 ASALTAMOS A EXPOTAKU!


        Este fin de semana parte dos integrantes dos clubs de manga acudimos á ExpOtaku que se celebrou no recinto feiral Expocoruña. Pasámolo incrible! Puidemos desfrutar de obradoiros de cosplay, amuletos e bolas de pokemon, de concursos sobre mangas como One Piece e coñecer as novidades en realidade virtual e videoxogos. Estamos desexando volver o próximo ano.



26/05/23

Gañadores escape room das letras galegas

 GAÑADORES ESCAPE ROOM 

        No día de hoxe, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do escape room que se celebrou na biblioteca para conmemorar o día das letras galegas. O primeiro premio foi para o equipo formado por Diego Casal, Daniela Canabal e Rita García, mentres que o segundo premio foi para Martina Cribeiro e Rossai Negra. 



        Os nosos parabéns para os gañadores. Esperamos que desfrutedes dos vosos premios. Ademais, moitas gracias a todos os participantes por convertir á biblioteca nun espazo tan cheo de vida.

24/05/23

Lectura e familias (xuño)

 VEN A COÑECER A ANTONIO M. FRAGA e XULIA PISÓN

        Dentro do programa Lectura e familias, no mes de xuño teremos a honra de poder compartir co escritor Antonio M. Fraga dúas sesións e unha sesión con Xulia Pisón; todas elas moi interesantes: 

  • O 6 de xuño na biblioteca intercambiaremos impresións co autor sobre a súa obra Santoamaro nunha mesa redonda, onde ademais falaremos de mocidade, de creación e de literatura familar.
  • O 10 de xuño realizaremos na súa compañía un roteiro sensitivo cara Santoamaro desde o Campo da Leña ata a praia de Santo Amaro. O autor propóñenos unah viaxe intensa que percorrerá as sensación que os doce personaxes da súa obra acumularon ao longo do seu verán.
  • O 13 de xuño levarase a cabo un obradoiro de ilustración dirixido por Xulia Pisón para aprender a debuxar en familia e poder expresar a través de viñetas os nosos sentimentos
      

      Desde a biblioteca, esperamos que esteades interesados e vos inscribades no seguinte formulario.

Lectura e familias: biblioteca colaboradora

BIBLIOTECA E FAMILIAS UNIDAS

        No día de onte tivemos outra sesión máis do programa Lectura e familias: A biblioteca como colaboradora das familias. Cristina Ameijenta (directora da biblioteca municipal do Ágora de A Coruña) explicounos detidamente como a biblioteca pode converterse en punto de encontro para toda a familia gracias ás múltiples actividades que ofrece. Ademais, estivemos a reflexionar todos sobre os motivos que nos levaron a achegarnos á lectura e aos libros e como podemos atopar o libro perfecto para cada lector, independentemente de que teña o hábito adquirido ou non. 



        Para poder poñer en práctica todo sobre o que estivemos a falar e que existe un libro para cada un de nós, Cristina tróuxonos una selección de lecturas de toda índole que tedes á vosa disposición na nosa biblioteca. 






Cancelada a charla A lectura é tamén para xente de ciencias

 URXENTE!


          Por motivos alleos á biblioteca, vémonos obrigados a cancelar a charla A lectura é tamén para xente de ciencias que ía ter lugar hoxe na biblioteca ás 16:30. Desculpade as molesticas causadas.

22/05/23

Certame literario Xoán Diaz

 NORABOA!

       Hoxe queremos felicitar a Natalia Naya (alumna de 4º eso do noso centro) porque resultou gañadora na categoría B (de 15 a 18 anos) do certame literario Xoán Díaz que convoca o concello de Cambre. Estamos moi orgullosos dos teus logros 

        Ademais, a continuación podedes ler unha das composicións poéticas titulada Nosotros que lle fixeron valedora deste premio:

Palabras

Palabras, falando saen.

Ninguén oe.

-Como foi a semana?

-Ben.

Discusións, discursos, risas.

Palabras, falando non se nota.

-Que tal estás?

-Ben.

Manteño a compostura, falo.

Falo con todos, rio con todos.

-Es ti quen fala?

-Non.

Choro soa.

Semana das letras

 SEMANA DAS LETRAS

        Con motivo do día das letras galegas, no centro celebramos a nosa cultura durante toda a semana por todo o alto, realizando multitude de actividades desde diferentes departamentos. 

        O alumnado de 1º ESO saíu co departamento de Bioloxía para coñecer a vexetación da ribeira e poder levar a cabo un proxecto para San Xoán.

       O alumnado de 2º ESO, gracias ao departamento de Educación Física, coñeceu e practicou xogos populares: a corda, os birlos, a chave ou o tiro de corda entre outros.

        No vestíbulo do centro, atopámonos coa exposición As palabras de don Paco, onde todo o alumnado de Secundaria presenta os seus traballos sobre a figura de Francisco Fernández de Riego.

        Tivemos o privilexio de asistir a un concerto do grupo QFB no noso salón de actos. Así a rapazada descubriu que existen bandas que mesturan sons da música tradicional galega con bases de rock, rap e hip-hop. Pasámolo xenial!


        Antes do gran fin de festa, tivemos dous concursos na biblioteca: "cada ovella coa súa parella" e o escape room das letras.

        O broche de ouro a semana das letras foi a celebración da III edición do Festival das letras que organizou o alumado de 4º ESO coordinados polo Departamento de Lingua Galega e literatura. 

         Este ano houbo moitos participantes, pero os gañadores foron:

    • Martín cun texto de elaboración propia sobre Fernández de Riego.
    • Lúa e Mateo cun recital poético acompanado de saxofón.
    • O agrupamento de 2ºESO C e D cunha versión de Antón Leivas.
    • Martín cunha interpreción a violín.
        Parabéns aos gañadores. Celebrade a nosa lingua todo o ano! Viva o galego!

17/05/23

17 de maio: día das letras galegas

 CELEBRA A NOSA CULTURA!



        Hoxe 17 de maio é un día de celebración para tod@s @s galeg@s. Temos que estar moi orgullosos tanto da nosa lingua como da nosa cultura. Por iso, desde a biblioteca, queremos animarvos a que descubrades a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (autor ao que se lle adica este ano o día das letras gallegas) pois é un dos grandes da nosa cultura que, a través de todos os xéneros, intentou dar visibilidade á nosa terra, á noso idioma e, en definitiva, á nosa cultura.


      Conta cunha amplísima producción literaria, pero tamén foi importante o seu labor como editor, prologuista, tradutor, columnista... Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra dos seus escritos que podedes atopar na nosa biblioteca.