
"Nas cinco millóns de páxinas de 2.000 computadores monitorizadas pola empresa Danba a petición dun grupo de pais, a clasificación das dez máis visitadas está encabezada por Tuenti e Facebook. Séguenas Google, Youtube, o correo de Yahoo e Gmail. A continuación aparece a primeira páxina de xogos, Minijuegos, á que seguen as páxinas do diario Marca, a canle de debuxos animados Cartoon Network e Megavideo.
Estes datos confirman que os mozos non utilizan internet con fins educativos nin para completar ou ampliar os seus estudos. O 70% do tempo gástano en redes sociais, o 9% en buscadoeres e o 13% en vídeos. A media diaria de navegación do 2009 entre os nenos e adolescentes de 8 a 16 anos era dunha hora e seis minutos, dos que 53 correspondían a redes sociais".
Texto procedente de T.E. , nº 317, XI-2010, páx. 6