22/12/22

Nadal na biblioteca

  O NADAL INVADÍU A BIBLIOTECA

       
        Na biblioteca despedimos o ano por todo o alto. Moitos foron os que se achegaron para poder disfrutar de todas as actividades que tíñamos preparadas para celebral o Nadal:

- A nosa árbore dos desexos

- Obradorios de papiroflexia para elaborar adornos de Nadal:

 -Tangrams de figuras de Nadal

- Concurso de árbores con libros 


          Ademais, recibimos a visita do apalpador grazas ao departamento de galego e ao equipo dinamización lingüística:  

     

15/12/22

15 decembro: día do otaku

 CELEBRA O DÍA DO OTAKU


        Se che gusta o manga, o anime e , en xeral, todo o relacionado coa cultura xaponesa o 15 de decembro está sinalado no teu calendario por ser o día do otaku

        Desde a biblioteca, organizamos o primerio concurso de cosplay para conmemorar esta data. Para participar só tedes que mandar unha foto cun cosplay do teu personaxe favorito ao correo da biblioteca, indicando nome, apelidos e curso. Esperamos as vosas fotos!



12/12/22

Celebra o nadal na biblioteca

 

VEN A CELEBRAR O NADAL CON NÓS

        O espíritu do Nadal invadiu a todo o equipo de biblioteca e puxémonos a argallar todo tipo de obradoiros e concursos para celebrar por todo o alto o último día de clase do 2022. Animádevos a participar!        



           Ademais, podedes pasar polo vestíbulo paar poñervos na pel do apalpador grazas ao equipo de dinamización lingüística e ao departamento de lingua galega:



01/12/22

Gañadores concurso recreos científicos

 GAÑADORES RECREOS CIENTÍFICOS

          Hoxe pasaron pola biblioteca, os alumnos que máis retos científicos conseguiron superar. Este ano a competición estivo moi axutada e tivemos un emapte dobre nas dúas categorías. Na primiera cateoría, gañaron Candela Blanco e Noela Vázquez mentres que na segunda gañaron Tomás Casal e Iker Abelairas. Parabéns!