30/06/23
22/06/23
Nós tamén entendemos
A LOITA TEN QUE CONTINUAR!
O 28 de xuño celébrase o día internacional do Orgullo LGTBIQ+. Desde a biblioteca queremos reinvidicar a importancia de visibilizar todas as realidades para que podamos crecer como sociedade e non retrocedamos nos dereitos que xa se conseguiron.
Ademais, tal e como di Ursula K. Leguin, consideramos que "lemos libros para descubrir quenes somos" e para comprender aos demais. Por iso, plantexamos as seguintes lecturas que se fixeron este ano no club de lectura LGTBIQ+, ademais doutras suxestións plantexadas polos seus membros.
20/06/23
O máis lector
SER O MÁIS LECTOR TEN RECOMPENSA
Hoxe no recreo fixemos entrega dun merecido agasallo ao lector máis fiel da nosa biblioteca: Joel Aroca de 4º ESO. Moitas gracias por vir tantas veces a visitarnos á biblioteca e levar tantos e tan bos empréstitos neste curso.
19/06/23
Lectura e familias: podcast e libros
FALANDO DE LIBROS NAS ONDAS
Como estamos chegando ao final do curso, queremos compartir con vós algúns dos podcast que fixemos nos clubes de lectura gracias a nosa participación no programa de Lectura e Familias. Neles poderedes atopar recomendacións lectoras para este verán e poderedes coñecer figuras tan importantes da literatura como Lorca:
- Santoamaro de Antonio M. Fraga
- Engurras de Paco Roca
- Los cuentos de la niebla de Laura Suárez
- Federico García Lorca, Salvador Dalí en La pluma y el pincel.
16/06/23
Concurso cálculo mental
CONCURSO DE CÁLCULO MENTAL
Outro ano máis celeboruse no día de hoxe na biblioteca o concurso de cálculo mental. O profesorado de Matemáticas puxo a proba a axilidade mental do noso alumnado de Secundaria. Encántanos ver as vosas mentes en funcionamento.
En breves, o departamento de Matemáticas dará a coñecer os gañadores. Estade moi atentos!
Prepara as lecturas do verán
DESFRUTA DO VERÁN LENDO
Non hai mellor forma de pasar o tempo de lecer deste verán que unha boa lectura. Por iso, prepara os teus empréstitos para estas vacacións. Por se non se che ocorre ningunha idea, dexámosche as nosas suxestións veraniegas tanto para ler como para escoitar e xogar en familia:
Esperamos que vos gusten e pasedes pola biblioteca a levaros moitas lecturas.
Revisa na casa
DEVOLVE OS LIBROS DA BIBLIOTECA!
Revisa na túa casa se tes algún libro da biblioteca e, se é saí, devólveo. Non formes parte do listado de morosos. É preciso que todos colaboremos para o correcto funcionamento de empréstitos da nosa biblioteca.
15/06/23
Valora a nosa biblioteca
A TÚA OPINIÓN IMPORTA
Este curso está chegando ao seu fin e queremos facer balance desde a biblioteca do funcionamento da mesma. Por iso, pedimos a vosa colaboración. Queremos saber a vosa opinión sobre a biblioteca e, para iso, pedimos que cubrades a seguinte enquisa.
Todo o equipo da biblioteca agradecemos a vosa axuda para seguir mellorando.
14/06/23
Lectura e familias: obradoiro con Xulia Pisón
EXPRÉSATE A TRAVÉS DA ILUSTRACIÓN
Moitísmas gracias a Xulia e a todos os que vos achegastedes a biblioteca para participar neste incrible obradoiro.
13/06/23
Fin de curso dos clubs de lectura
PECHE DOS CLUBS DE LECTURA POR VACACIÓNS!
No día de hoxe festexamos por todo o alto que o curso chega ao seu fin cunha gran festa na biblioteca con gran parte do alumnado que forma parte dos diferentes clubs de lectura. Non había mellor forma de facelo que pasando tempo xuntos. Por vós, rompemos as normas e comemos dentro da biblioteca en boa compañía. Este foi un bo momento para poder intercambiar entre nós suxestións lectoras para o verán. xa tomamos boa nota delas 😉
Por último, para poder agradecervos a vosa implicación tanto no desenvolvemento das sesións dos clubs como nas actividades que plantexamos desde a biblioteca, queríamos facervos un agasallo para que vos lembredes de nós sempre que tomadedes unha bebida quente mentres que ledes.
A vosa cara de felicidade é o que nos motiva para convertir a biblioteca de noso centro nun espazo vivo. Moitísimas gracias por todo. Desfrutade do verán e vémonos o próximo curso.
10/06/23
Lectura e familias: Roteiro sensitivo
DE PASEO CON ANTONIO M. FRAGA
No día de hoxe activamos todos os nosos sentidos para acompañar a Antonio M. Fraga polas ubicacións na que se desenvolve a súa obra Santoamaro, que lemos en varios dos clubs de lectura. Comezamos este roteiro na estatua de Portier no Campo da Leña. Alí propúxonos unha viaxe intensa que percorreu as sensación que os doce personaxes da sua obra acumularon ao longo do seu verán para interpretar colectivamente a súa historia.
A segunda parada foi no Barco de papel, lugar onde naceu este verán que describe na súa obra entre panos de papel, un termo de café e un calefactor de butano en pleno inverno. Alí comezamos co sentido do gusto para levar o verán a ese cuarto de inverno. Invitounos a sementes de xirasol pois sempre as asociou ao verán e á adolescencia. Entre o triscar das cáscaras, avanzamos ata a seguinte parada deste roteiro.
No Campo de Marte, tivemos que activar o sentido do olfato para poder asociar unha estación por cada caixa de olor que nos entregou. Continuamos a nosa andaina sensorial cara á praia de Santo Amaro ao longo da rúa da Torre ate o Paseo Marítimo. Alí paramos nun miradoiro improvisado desde o cal tíñase nunha perspectiva completa do escenario de Santoamaro. Ademais, entregounos fotografías que falan da historia desta paisaxe e de como a acción do ser humano cambiouna orremisiblemente. A quinta parada foi na curva do Club do Mar. Esa foi a ubicación escollida para falar do sentido do ouvido pois a música ten unha importante presenza nesta obra. Ademais, de escoitar a canción Tijeras que se menciona no libro, Antonio Manuel invitounos a engadir cancións a esa playlist que creou coa banda sonora da novela. A derradeira parada foi na praia de Santo Amaro, o único escenario da obra. Alí convidounos a esquecer o frío e descalzarnos para sentir o tacto da area nas plantas dos pés pois ese tacto é unha das sensacións que asociamos co verán. Ademais, vaciamos tres botellas con area de tres parias que para el foron importantes (Oza, Cabanas e Centroña) para completar o ritual mentres que lía un derradeiro texto co que pechamos a andaina. Foi unha experiencia marabillosa na que desfrutamos da compañía de Antonio M. Fraga e deste viaxe sensitivo. Moitas grazas a Antonio e a todos os membros dos clubs de lectura e familias que viñeron este sábado con nós.08/06/23
Xornadas de portas abertas
CON MOITAS GANAS DE QUE FORMEDES PARTE DO NOSO CENTRO!
Hoxe viñeron a visitarnos desde os CEIP Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez os nosos futuros alumnos. Para que coñezan o que será o seu novo centro organizáronse diversas actividades nas que participou toda a comunidade educativa.
Non hai mellor forma para saber desenvolverse nas nosas instalacións que facer unha xincana ambientada no mundo de Iggy e Mario Bros. Entre as diversas paradas que tiveron que facer para conseguir os obxectos máxicos que lles darían poderes para volver ao mundo real, estivo a nosa biblioteca.
Ademais, en xuño recibiremos a todas as familias e saí poder amosarlles o ben que estaredes no noso centro. Esperamos que levárades tan boa impresión coma nós.06/06/23
Lectura e familias: Encontro con Antonio M. Fraga
ENCONTRO CON ANTONIO M. FRAGA
No día de hoxe tivo lugar na biblioteca do noso centro outra sesión do programa Lectura e familias na que nos acompañou o escritor Antonio Manuel Fraga para falar da súa novela Santoamaro. A este encontro non só viñeron familias, senón que tamén aproveitaron esta oportunidade membros dos clubs de literatura comparada e adultos. Tivemos unha charla moi amena na que nos explicou cal foi o proceso creativo que tivo como resultado este híbrido entre narrativa e teatro. Ademais, pudemos facerlle miles de preguntas sobre os personaxes e a acción de Santoamaro.
Desde a biblioteca, queremos agradecer a Antonio que nos fixera pasar tan bo rato falando de literatura. Ademais, todo isto non sería posible se non se involucraran as familias e o alumnado. Moitas gracias a todos pola vosa asistencia. Lembrade que o próximo sábado en A Coruña terá lugar o roteiro sensitivo relacionado con esta lectura. Esperamos que vos apeteza vir con nós.
01/06/23
Encontro con Eva Mejuto
ENCONTRO CON EVA MEJUTO
No día de onte tivemos o pracer de poder conversar coa escritora Eva Mejuto sobre a súa obra A ladroa da biblioteca de Meirás, lectura que fixemos no club de literatura comparada de Secundaria e FPB. Puidemos plantexarlle todas as dúbidas que apareceron ao debatir sobre a súa obra e darlle a coñecer as nosas impresións sobre o seu estilo de escrita e a historia. Ademais, ela contounos multitude de datos curiosos sobre o pazo de Meirás e Emilia Pardo Bazán.
Moitísimas gracias a Eva Mejuto pola súa visita. Sempre é un pracer conversar contigo. Estamos desexando que volvas ao noso centro.